Presencia-OpiniónVolver ó índice / Europa
Ucraína: un ir e vir incombustible
Por Alexis B. Romanov (Canal Mundo, 17/12/2002)
 
 

A pesar do illamento exterior ou, como mínimo, da manifesta reserva con que o tratan os partenaires occidentais a raíz do escándalo das grabacións feitas polo seu gardacostas hai dous anos e as acusacións de Washington de haber vendido presuntamente complexos antiradar a Iraq, o Presidente ucraíno Kuchma semella ter avanzado últimamente na consolidación das súas posicións de poder.

Trala formación dun goberno chamado de coalición encabezado por Yanukóvych, un representante do poderoso clan de Donetsk (na súa época contribuiu á demisión do viceprimeiro ministro da actual líder da oposición, Yúlia Tymoshenko, quen quiso por orde no sector enerxético, clave do poder dese clan), o Presidente patrocinou a sinatura dun acordo (por certo, non previsto pola Constitución) entre a maioría parlamentaria e o Gabinete de Ministros en virtude do cal asumen conxuntamente a responsabilidade do desenvolvemento do país. Se tratou dunha declaración máis en apoio ao réxime do Presidente baseada en intereses que pouco ou nada teñen que ver con ideoloxías ou orientacións políticas. O bloque propresidencial "Por unha Ucraína unida" obtivo nas últimas eleccións parlamentarias soamente 85 dos 450 escanos, pero axiña formou un grupo parlamentario de 185 deputados, que tamén rápidamente se disolveu en seis grupos. Esta evolución non impediu a creación dunha maioría parlamentaria (representantes da oposición declaraban que había intentos de sobornalos para que se pasaran a esa maioría) que serviu de base para a formación do goberno de Yanukóvych.

En cambio, as posicións da oposición aparecen máis estables, aínda que tamén aquí se rexistraron baixas. O grupo parlamentario do bloque “A nosa Ucraína”, que recolleu máis votos de electores que calquer outra formación (23,45%) perdeu 16 membros reducindose dos 119 iniciais. Recentemente o abandonou o número dous da lista do bloque, o presidente da Federación de Sindicatos, A. Stoyán. Chegado de Donetsk nos primeiros anos da independencia para incorporarse ao organismo sindical coma o seu presidente, anunciou a súa deserción inmediatamente despois dunha entrevista con Yanukóvych argumentando a súa intención e obriga, como dirixente da central sindical, de colaborar co goberno. Poucos días antes recibira un duro golpe do primeiro vicepresidente da central Pozhidáyev, quen ten unha longa traxectoria sindical e reprocha a Stoyán non cumprir nas súas actuacións políticas coas indicacións dos órganos directivos da central. Pozhidáyev gañou máis votos dos delegados do IV Congreso dos Sindicatos pero ningún dos candidatos obtivo o estatutario 50% máis un voto. Tres semanas máis tarde Stoyán, nunha segunda votación, eliminou ao seu rival con 378 votos contra 239.

Non obstante o carácter amorfo do campo pro presidencial, o resultado é a perda pola oposición da mínima influencia nos procesos estatais. O Presidente pudo nomear Xefe da Administración Fiscal do Estado ao antigo Ministro do Interior Yury Krávchenko, destituido por presión da oposición debido á súa presunta implicación no asasinato do periodista Gongadze. Pero a semana pasada o Presidente Kuchma, que na súa política de persoal se guía por criterios personais, fracasou outra vez coa substitución do actual Presidente do Banco Nacional, Stélmakh, cun profesionalismo recoñecido por parte de organismos internacionais. Se comenta que o banqueiro se opón a unha nova emisión de diñeiro que pode minar a estabilidade da divisa nacional. En protesta contra a terceira presentación de Kuchma, aínda que a súa anterior presentación contra Stélmakh foi rexeitada hai pouco por decisión do parlamento, a oposición bloqueou a sesión da Verkhovna Rada o xoves pasado.

Despois da escandalosa participación de Kuchma no cumio da OTAN en Praga (Kuchma chegouse ata alí a pesar das declaracións oficiais de que a súa presencia non era desexada e a Alianza por primeira vez na súa historia utilizou a súa segunda lengua oficial, o francés, para que o presidente ucraíno non estíbese sentado a carón dos dirixentes británico e norteamericano quedando ao final da lista) continuou estreitando lazos co seu partenaire "máis estratéxico", Rusia (por certo, o novo primeiro ministro, Yanukóvych, contradicindo tallantemente as declaracións oficiais sobre a opción europea declarou a orientación rusa como prioritaria para o seu goberno).

Con motivo da clausura do ano de Ucraína en Rusia, Kuchma realizou unha nova visita a Moscova. O próximo será o ano de Rusia en Ucraína aínda que moitos comentaristas sinalan que será o segundo ano de Rusia en Ucraína. Debido ás malas relacións con Occidente, Ucraína realizou numerosas concesións a Rusia para gañar o seu apoio, en primeiro termo, no estratéxico sector enerxético. Durante o ano Ucraína foi invadida por estacións de gasóleo das compañías xigantes de Rusia, LUKOil e TNK. Se firmou un acordo sobre a creación con Rusia dun consorcio de transporte de gas que de feito entrega a Rusia o control sobre o sistema ucraíno de transporte deste recurso.

A formalización dese acordo xurdiu como a verdadeira razón da viaxe a Moscova.

 
 

Alexis B. Romanov é colaborador do IGADI.

Volver ó índice

Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 18/12/2002