| Presencia-Opinión |
| Ucraína na OTAN: unha longa distancia a percorrer Por Alexis B. Romanov (Canal Mundo, 16/07/2002) |
|
A integración euroatlántica de Ucraína non é ningunha novedade. Durante anos, o goberno de Kuchma incluiu esta aposta na denostada orientación multivectoral da política exterior do país: EE.UU. - Europa - Rusia/Comunidade de Estados (postsoviéticos) Independentes. Sen embargo, a resolución adoptada o 23 de maio nunha xuntanza do Consello da Seguridade e Defensa Nacional presidida polo Presidente Kuchma e logo ratificada por un decreto seu, pretende marcar unha viraxe fixando como a meta da súa política exterior o acceso á UE e á Alianza Atlántica. Esa evolución suscitou moitas discusións dentro do país arredor da neutralidade declarada na Constitución pero non chamou moita atención no exterior. Unha situación similar se deu coa recente visita a Kíev do Secretario Xeral da Alianza, Robertson, do 8 ao 10 de xullo: a prensa Ucrania a interpretou como a apertura dunha nova etapa no acercamento a Occidente, mentres que para a OTAN se trataba de celebrar o quinto aniversario da firma do documento que pavimentou o camiño para afondar na cooperación política, militar e civil entre a OTAN e Ucraína, "La Carta de Asociación Distintiva" (The Charter on a Distinctive Partnership). O Sr Robertson e os representantes permanentes dos países membros celebraron unha sesión especial da Comisión OTAN-Ucraína co ministro de asuntos exteriores de Ucraína, A. Zlenko, e se entrevistaron co Presidente Kuchma, membros da Verkhovna Rada (Parlamento) e co Presidente do Consello de Seguridade e Defensa Nacional, Y. Marchuk. Asi mesmo, todos participaron nunha conferencia iinternacional sobre os logros e as expectativas das relacións bilaterais. Aínda recoñecendo "moitos avances en varias áreas", Robertson se expresou con reserva sobre a posibilidade de fixar prazos para o acceso de Ucraína á OTAN, xa que se trata dun proceso a longo prazo. "Moito dependerá da resolución de Ucraína de levar adiante as reformas precisas. Pero nós estamos dispostos a ir tan lonxe como Ucraína poida", sinalou. De forma moi elusiva falou do acceso de Ucraína á Unión, Javier Solana, prácticamente evitando tocar o tema: "Considero que Ucraína xa é membro da familia europea, é parte do continente europeo. O Presidente Kuchma ten unha estratexia. Enfoca o asunto con pragmatismo. E veremos como se desenvolven os feitos". A BBC cita neste contexto ao politólogo americano Michael Macfaul: "Se ista declaración [do 23 de maio] se fixera en 1995 ou 1997 sería un acontecimento enorme na política internacional. Despois da firma do acordo Rusia-OTAN, despois dos feitos do 11 de setembro, certos persoeiros na administración de EE.UU. e incluso quen avogaban por unha expansión da OTAN, agora non saudaron a declaración de Ucraína porque antes de producirse xa todo fora arranxado. Se gañaron aos rusos. Moscova prometeu non estropear os plans de ninguén no cumio de Praga. O politólogo tamén recoñece o aspecto positivo deste desenvolvemento porque atrae a atención de políticos cara Ucraína e invita a repensar "se todo se fai correctamente nas relacións con Rusia". En resumidas contas, Ucraína, a pesar do seu considerable potencial, non conseguiu transformalo nun activo e segue quedando á zaga dos seus vecinos, tanto grandes como pequenos. Ucraína foi a primeira na CEI en acceder á Asociación para a Paz en 1994, pero, como en moitas outras áreas, se viu incapaz de manter o liderato habida conta que dentro da CEI o interlocutor prioritario sigue sendo Rusia. Durante a campaña electoral ao Parlamento o bloque propresidencial esgrimía o lema "Cara Europa xunto con Rusia". Despois dos acordos Rusia-OTAN quedou obsoleto. A realidade que agora se perfila para Ucraína é a de "Cara Europa, despois de Rusia". |
|
Alexis B. Romanov é colaborador do IGADI. |
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 15/07/2002
|