| Presencia-Opinión |
| América Latina, “crecemento cero” Por Lino Pellitero (Canal Mundo, 02/04/2002) |
|
Tanto o BID (Banco Interamericano de Desarrollo” como a CEPAL ( Comisión Econòmica para América Latina e o Caribe) coinciden; o 2002 tampouco será un ano de crecemento ecónomico para a zona. Se para o 2001 estaba previsto un 4,5% que finalmente quedou nun insuficiente 0,5%, para este 2002 as espectativas non son mellores, sitúanse entre o 0% e o 0,5%. Nas últimas tres décadas a brecha que separa as nacións desenvolvidas das subdesenvoldas ensanchouse en, non menos de, 30 puntos. O 2002 leva camiño de manter ou agrandar estas diferencias. Moitas son as causas que tratan de explicar estes datos negativos que se alonxan dos recollidos no 2000, ano no que a América de cultura latina, medrara nun 4,1%: a caída dos prezos das materias primas, os tráxicos acontecementos do 11-S, a inesperada fin do ciclo económico alcista nos EEUU, o recorte nos fluxos finaceiros e os investimentos extranxeiros, a magnitude da crise arxentina, a permanente corrupción, a falta de credibilidade dos gobernantes... Precisamente será este país austral o que ten os peores prognósticos e todas as estimacións coñecidas, prevéndose caídas no seu PIB que se situan entre o 7 e o 10% que deberá ser sumada ao -3,8% do 2001. En parecidos termos está a situación na República Oriental do Uruguai que o ano pasado veu decrecer o seu PIB nun 2,5% e que este ano pasará en branco cun 0%. Na proxección presentada por José Antonio Ocampo, secretario executivo da CEPAL, baixo o título “Panorama de la Inserción Internacional en el paríodo 2000-01”, os mellores prognósticos son para Perú e a República Dominicana que estarán ao redor do 3,5% e para Chile que se manterá no 3,2%. No seguinte posto da clasificación está o Ecuador que recorta a metade o seu crecemento do ano anterior para acomodarse ao 2,5% nun paquete de países que comparten díxito con Guatemala e Honduras. Brasil poderá repuntar 1,7% puntos ata situarse no 2,2%, dúas décimas por riba de Nicaragua que permanece inmobil ou de Colombia. Bolivia e Costa Rica figuran a continuación co 1,5%. Mexico, que ven dunha lixeira contración do 0,1%, compartirá un discreto 1% con Venezuela. Para Panamá se repite a cifra do 0,5% que xa colleitou o ano pasado. Se para que a riqueza comece ser percibida por todos os sectores das sociedades ao sur do Rio Grande, e non se acumule nunha poucas mans de privilexiados cidadáns, compren crecementos superiores ao 4%, podemos deducir que no actual ano capicúa continuarán aumentando as desigualdades sociais e seguirá aumentando a pobreza no continente. Agardemos que o 2003 sexa ese gran ano polo que sempre se agarda e que, lamentablemente, case nunca chega. Se non acontece así, haberá a comezar a preguntarse se.... os que fallan non son os países latinoamericanos... ¿Quen falla entón? ¿Será o modelo econòmico de globalización asimétrica? |
|
Lino Pellitero é membro do IGADI. |
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 04/04/2002
|