| Presencia-Opinión |
| Volátil terrorismo transnacional Por Lino Pellitero (Canal Mundo, 18/09/2001) |
|
Un novo monstro, enxendrado nas entrañas da política exterior norteamericana, fiel ao principio: “os inimigos dos meus inimigos..., os meus amigos son”, ven de abraiar ao mundo coa súa diabólica capacidade destructiva. Osama Ben Laden, durante á década dos 80 foi un dos maiores activistas e logrou recrutar 35.000 combatentes para a causa dos muiadíns, contra o réxime prosoviético de Kabul, contando sempre coa aberta alianza de Paquistán e Arabia Saudita e a cobertura financeira, estratéxica, militar e dos servicios de intelixencia norteamericanos, cun custe estimado de 2.300 millóns de dólares. Só o poder estratéxico-militar-financierio acumulado por Laden nas últimas dúas décadas, pode explicar una acción tan complexa e letal como a vivida o 11 de setembro. O terrorismo planetario deu o gran salto, pero na recámara garda novas formas de aniquilación: terrorismo químico, bacteriolóxico ou mesmo nuclear. Mentres todos obxectivos sinalan nunha mesma dirección cara a Afganistán, poucos confían na posibilidade de concreción nun poliforme inimigo volátil. Menos son os que se interrogan sobre si, este conflicto, tamén existen causas políticas latentes. A hipótese da implicación dos servicios de intelixencia de varios países é demasiado simple para explicar a complexidade do “terrorismo global”, de nova xeración e falicitaría aos EEUU atopar un inimigo tanxíbel. Pero estamos ante outro tipo de contendente máis etéreo. O monstro alimentado nas entrañas dos EEUU ten votado sementes xa prendidas en fondas e robustas raíces, difíciles de extirpar. Dende 1986, a CIA, xa apoiou abertamente o reclutamento de persoas con ideoloxías radicais islámicas, para debilitar o goberno prosoviético de Kabul. Pero os primeiros contactos de Osama coa CIA, remóntanse ao ano 1979, cando Istambul converteuse nun incipiente centro de alistamento de voluntarios para as guerrillas contra do novo poder soviético afgán. Nese ano e con só 22 anos Osama Ben Laden, só era notable por pentencer a unha adiñeirada familia saudita que comezara modestamente nos negocios da construcción, alá polo ano 40, e que agora posuía xa unha fortuna respectable, gracias as obras de enxeñería civil feitas coa manchea de dólares provenientes do petróleo. Dende esa data, o perfil de Landen e a súa dimensión mundial ten mudado completamente. Este enxeñeiro civil, cunha sólida formación universitaria, xa non mantén lazos formais cos gobernos establecidos en Oriente, agás no caso afgán. O seu último nexo con Arabia Saudita rachou hai tres semanas coa caída do xefe dos servicios secretos, o seu amigo o príncipe Turki Ben Faisal. Algúns analistas consideran que o feito de estar libre de vencellos cos gobernos da zona, faino aínda máis autónomo e, por tanto, máis perigoso. Hoxe Laden dirixe un auténtico “Osama Hólding”, cun entramado de empresas, finanzas, ONGs de acción solidaria, institucións de formación, etc, con base en máis de cincuenta países. Coa súa inmensa fortuna e o alcume de “Banqueiro da djihab”, non só pode manter un exército volátil de 10.000 homes adestrados nos campos de entrenamento afgáns e que están esparexidos polo mundo, senón que exerce de líder espiritual dos moitos movementos radicais islámicos que florecen en Asia. A liña política exterior de occidente nos conflictos con Palestina, Siria, Libia, Iraq... foi alimentando no mundo árabe un sentimento de autoafirmación na súa propia cultura y unha maior hostilidade cara aos EEUU. O grao de simpatía que xeran estes movementos radicais islámicos tense agrandado de xeito significativo dende a crise asiática do 1997 e coas crecentes desigualdades deste mundo globalizado. Exércitos de novos parados son a canteira dos novos alistamentos para a causa do integrismo violento. Por tanto, as presas por apuntar, só e exclusivamente, cara a Osama Ben Laden, non son máis que a expresión desa sociedade americana que aprema na percura de vinganza ou no mellor dos casos xustiza. Neste horrendo terrorismo global, o inimigo non está focalizado, é volátil, ten ramificacións financeiras, está incrustado na economía global, ten respectables sedes empresariais en Occidente, goza de simpatías e adeptos en moitos círculos de intelectuais e da universidade, posúe militantes nunha chea de países... O fundamental, como case sempre acontece, é que detrás desta inmunda barbarie hai un conflicto político, no que Occidente, e especialmente os EEUU, non acertaron a recolocarse durante o século XX, nin tampoouco nas súas relacións co mundo árabe. A historia está chea de tolos, que defenderon causas aparentemente nobres. ¿Alguén reparará nisto? |
|
Lino Pellitero é membro do IGADI. |
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 19/09/2001
|