| Presencia-Opinión |
| Ucraína sen Kuchma Por Alexis B. Romanov (Canal Mundo, 13/02/2001) |
| Nos últimos anos os kievitas acostumaronse a que o centro da súa cidade esté permanentemente
en obras. Últimamente, unha valla moi alta, a xeito dun cercado, apareceu no seu lugar de encontros máis
preferido, a Praza da Independencia, onde antes figuraba unha enorme estatua de Lenin e agora debería erguerse
un monumento á independencia de Ucraína. Sen embargo, o cercado de 3 metros de altura se sitúa
non soamente no montículo donde circulan as máquinas de construcción senón tamén
no lado oposto da rúa central de Khreschatyk. Hai un detalle máis que permite dudar das preocupacións
arquitectónicas e de seguridade dos instaladores da valla: na Praza hai máis policías que
operarios; están por todas partes, en cada esquina do cercado, nos portais das casas veciñas (neste
caso, vestidos de paisano). Todos estes “preparativos” debíanse á data do 6 de febreiro, o día en que remataba a tregua na campaña de protesta do Movemento Ucraína sen Kuchma. Como hai case 10 anos, a finais de 2000 instalaron tendas de campaña para manifestar a súa protesta contra o corrupto presidente. Hai unha década as tendas da Praza conseguiron a dimisión do entón primeiro ministro. ¿Teñen forza para tanto nesta ocasión? Aínda que a moitos tal actuacion semella, a estas alturas do desenvolvemento democrático en Ucraína, fóra de lugar, obviamente o poder non se sinte con bastante forza como para non temer esta manifestación. O curso dos acontecementos parece demostrar a falta de forza no poder executivo. O mesmo día 6, un grupo de "descoñecidos disfrazados" agrediu aos acampados rociando as tendas con “paquetes de leite con sustancias químicas". As forzas da orde amosaronse torpes, ao non lograr impedir esa agresión. Máis tarde, cando se formaron columnas de manifestantes (uns 4 mil, segundo a prensa) para ir cara a sede da Administración presidencial, esas forzas da orde non dubidaron en facer todos os méritos posibles para impedir incidentes. O mítin que se celebrou na Praza central despois da marcha de protesta foi como unha proba de fogo para moitos medios de comunicación, pois resulta moi difícil comentar impasiblemente a plasmación dunha alianza entre a esquerda e a dereita. É un fenómeno extraño e por iso moitos medios optaron por poñer o acento na importancia da estabilidade social, expresando a súa convicción de que o "garante da Constitución" está facendo todo o posible para preservar esa estabilidade. Outros, sen embargo, optaron por criticar as incongruencias dos argumentos da oposición ou a exaltar as denuncias recollidas por un diario letón que asegura que a viceprimeira ministra, Tymoshenko, destituída do seu posto hai pouco, branqueou mil millóns de dólares a través de bancos daquel país… Eses medios falaban do que querían, pero os lectores non atopaban o que desexaban ler sobre o seu país. Dada a grave situación, a Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa non pudo evitar pronunciar as súas reservas ao respecto do clima existente na Ucraína e emitiu unha resolución na que exhorta ás autoridades do país a mellorar as condicións de traballo dos periodistas e a emprender unha análise independente das conversas relacionadas co caso de desaparición do xornalista Gongadze e grabadas, presumiblemente, no despacho do propio Presidente (algúns deputados xa confirmaron a súa participación nalgunhas conversas, é dicir, recoñeceron a autenticidade das cintas). Un chamamento similar foi emitido pola Unión Europea facendo fincapé na necesidade de garantir que os periodistas poidan traballar en condicións de seguridade e libres de intimidación. Tamén expresou as súas dúbidas sobre a claridade e dilixencia da investigación da desaparición de Gongadze. Aínda que se percibe o intento dalgunhas forzas por cohesionarse arredor do poder, éste pouco a pouco vai cedendo posicións. Un dos líderes da oposición, o ex ministro de Xustiza, S. Holovaty, dixo que o Presidente lle admitiu a posibilidade de que se houberan grabado algunhas das súas conversas no despacho. O Fiscal Xeral, quen realizou non poucos esforzos para demostrar a imposilidade de efectuar gravacións no despacho do Presidente, inesperadamente tomouse dúas semanas de vacacións en medio de rumores sobre a súa inminente destitución. O luns anunciouse a destitución do xefe do Servicio de Seguridade do país. Pero todo isto para a oposición non é ningunha victoria: o xeneral Derkach mereciao, como pouco polo feito de permitir que un dos seus oficiais realice gravacións no despacho do seu patrón. A "cidade das tendas" anunciou que loitará ata que faga realidade o seu eslogan: Ucraína sen Kuchma. |
|
Alexis B. Romanov é colaborador do IGADI. |
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 13/02/2001
|