Presencia-OpiniónVolver ó índice / Asia
Irán; pobres..., pero reformistas
Por Lino Pellitero (Canal Mundo, 12/06/2001)
 
Co 77% dos 35 millóns de sufraxios emitidos, Mohamed Jatamí aos seus 57 anos volveu situar no máis alto o listón do apoio popular ao reformismo.Un pleno: catro de catro, levan os reformistas iranianos. Catro victorias en catro anos, Presidencias, lexislativas, municipais e de novo presidenciais.. Os mozos e mulleres aos que a Revolución iraniana inoculou o virus da información, sacándoos do analfabetismo, e metendoos, a boa parte deles, na universidade, queren abrir a revolución para acceder a novas ideas e formas de vida menos enfaixadas polas estrictas normas morais da República Islámica.

Tal é o desexo de cambio e liberdade, entre a mocidade e as mulleres, que cando depositan a papeleta na urna, non teñen en conta a corrupción do Goberno de Jatamí, nin a deteriorada situación económica do país.

Desde os 15 anos xa poden votar. Os mozos son a gran forza da Revolución, os menores de 30 anos supoñen máis dos dous tercios do censo. No mellor dos casos só tiñan no 9 anos cando a Revolución rematou co réxime do Chá en 1979.

A ola do vento do cambio esta a recargarse de presión, mais non parece probable que estoupe a curto prazo. Exercen o seu voto conscientes de que nada, ou moi pouco, vai mudar logo do esmagador triunfo do día 8 de xuño. De pouco sirve que os reformistas dominen os parlamento, as cidades e a presidencia. O sistema participativo iraniano non se apoia só nas tres patas montesquinianas, existen outros poderes que emanan da mesma divinidade que entumecen vitalidade das institucións avaladas pola urnas. O sector conservador, que encarna o Aiatolá Alí Jamenei, domina resortes de poder que non teñen que dar conta ao electorado e que posúen omnipotencia. 17 periódicos teñen sido obrigados a pechar, moitos aperturistas rematan cos osos no cárcere polo excesivo celo dos gardiáns da revolución.

Nengén dubida que o futuro está nas mans da xente moza, agora son 8 millóns mais que hai catro anos nas anteriores presidenciais do 1977 e na súa masiva participación está a razón do incremento do apoio popular en 10 puntos a Jatamí, do 68% ao 78%.

Saben que non poden impacientarse e demandar un cambio repentino, quizais tampouco o apoio masivo aos reformistas serva siquera para avanzar cara a maiores cotas de liberdade, mais alomenos terá servido que que non haxa nin un só paso atrás.

Jatamí ten demostrado dotes de intelixencia, diplomacia, serenidade e transixencia, mesmo cando remataron no cárcere moitos dos que navegan no barco do reformismo.

Nunca caeu na provocacións dos conservadores, nunca forzou, nin tensou a corda ata poñela en perigo de rachar, mesmo soportou acusacións de excesiva submisión.

Dende hai catro días sábese que os iranianos van gañar a partida da reforma. Mais aínda non se lle pode por data.
 

Lino Pellitero é membro do IGADI.

 
Volver ó índice

Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 16/06/2001