| Tempo Exterior nº 2 segunda época - xaneiro/xuño 2001 Resume - Resumen - Abstract |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| As ONGDs e a cooperación ao desenvolvemento | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Emilio M. Martínez Rivas |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Cada día, ao ler un xornal ou escoitar un programa na radio, é raro que non atopemos, non escoitemos, nas seccións de internacional ou sociedade, algunha referencia a tal ou cal Organización non Gobernamental para o Desenvolvemento (ONGD), ben sexa para falarnos da situación nun país concreto, ben para denunciar a inxustiza do sistema económico internacional: a venda de armas, a débeda externa..., ben para solicitar axuda financeira para diminuír unha catástrofe, para financiar un proxecto... En resumo, as ONGDs están presentes na nosa vida cotiá, nos medios de comunicación, como nunca o estiveran, e tamén na acción social dun colectivo que se fai notar na acción política reclamando maiores partidas presupostarias para os programas de cooperación internacional, e tamén tentando influír na toma de decisións de maior calado, que afectan á defensa dos Dereitos Humanos noutros países ou a súa posibilidade de crecemento económico. Aínda que as ONGDs non son un fenómeno recente, pois algunhas foron creadas xa na década dos 50, como Mans Unidas ou Intermón, ou antes, no campo da acción humanitaria, como Cruz Vermella, o seu número multiplicouse en Europa dende a década dos 70, e no Estado español a partir de mediados dos 80, unha vez consolidado o réxime democrático. Se algo caracteriza as ONGDs é a diversidade e a pluralidade, que procede tanto da súa orixe, como da súa filosofía de traballo, das súas áreas xeográficas de atención ou da forma de realizar a cooperación:
Respectando esta pluralidade, o Código de Conducta das ONGs de Desenvolvemento da Coordinadora de ONGD-España pretende fixar as características esenciais dunha ONGD:
A finais de 1999 o número de colectivos que poderían entrar dentro da categoría de ONGD, cunha interpretación flexible do Código de Conducta, era superior a 500, das que un cento están agrupadas na Coordinadora de ONGDs-España, na que tamén se integra un número importante de Coordinadoras Autonómicas. Ese cento de organizacións estímase que reúnen entre o 80 e o 90 por cento dos recursos totais manexados polo sector, ao integrar a todas as grandes ONGDs, medidas polos seus recursos técnicos, humanos ou financeiros, agás de Intervida, á que se lle estima un presuposto anual de arredor de 7.500 millóns de pesetas. É sobre este cento de organizacións sobre as que existen os datos máis reais (en canto a fondos totais, orixe dos fondos, persoal contratado, número de proxectos, voluntarios, socios...) gracias á publicación anual do Directorio de ONGDs, publicación que nos vai permitir debuxar a situación das ONGDs en España, como paso previo a falar da situación en Galicia. A edición correspondente a 1999 do Directorio apunta o dato de 1.689.000 socios e doadores das ONGDs, e este dato non debe ocultar a importante concentración do apoio social nun número reducido de organizacións, de tal xeito que as oito máis importantes, con salientables diferencias entre si, concentran ao 84 por cento do número total de socios e doadores.
Podemos observar o importantísimo peso de Cruz Vermella, que declara un número de socios que supón por si só o 44% do total do sector. Neste caso, debemos facer notar algo que é coñecido por todos, se ben os programas de axuda humanitaria e desenvolvemento están medrando nesta organización, as súas actividades, e polo tanto a súa percepción social, están aínda centradas no referente á sanidade, asistencia a “cuarto mundo”, asistencia social, tempo libre... Este importante número de socios contrasta co número de voluntarios estables que recoñecen as organizacións: 9.906, en 1999. Refírese a voluntarios cun alto grao de implicación na vida da organización, polo que se exclúen as colaboracións puntuais en actividades ou campañas concretas. Esta diferencia abismal entre o número de socios e o número de voluntarios, e entre estes e a presencia nos medios de comunicación, indícanos que en xeral son organizacións que están prestando escasa atención a crear un tecido social asociativo de apoio, que vaia máis alá do pago de cotas e a aportación de doazóns. Esta tendencia está en contradicción co discurso máis progresista que se está impoñendo, cando menos sobre o papel e nos relatorios, o cal incide na necesidade de transformar as estructuras do Norte como paso necesario para promover o desenvolvemento do Sur. Transformación de estructuras que dificilmente pode ter lugar só con aportacións mensuais, anuncios en prensa ou galas benéficas televisadas. As ONGDs españolas manexan en xeral presupostos reducidos, a penas 15 do cento recollido no Directorio tiñan un presuposto superior a 1.000 millóns de pesetas.
Da táboa anterior podemos tirar as seguintes conclusións:
Para rematar este breve panorama das ONGDs en España queremos apuntar que o 60 por cento dos proxectos que se desenvolven teñen o seu marco de actuación en América Central, do Sur e o Caribe. En parte debido á facilidade que supón o idioma e os lazos históricos e culturais, e tamén á priorización desta área xeográfica nas diversas convocatorias públicas, pero tamén, e cada vez en maior medida, polos intereses comerciais. Na actualidade, as ONGDs no Estado español enfróntanse a unha serie de desafíos, algúns dos cales son:
A finais de 2000 estaban rexistradas en Galicia máis de 80 ONGDs. Trátase dun número que pode semellar alto pero que nos di pouco da verdadeira situación do movemento de solidariedade internacional nesta comunidade. Sen afán de que o que a continuación se expón se teña por unha verdade sustentada en estudios académicos, que non existen, o que de por si é un síntoma da escasa entidade do movemento, o coñecemento destas organizacións lévanos a dicir, sen medo a andar moi errados, que se caracterizan por:
Nesta situación podemos, de todos os xeitos, detectar algúns puntos positivos:
Estes claros e escuros axúdannos a formular unha serie de desafíos, a maneira de tarefas pendentes, e en certa medida urxentes, que poden modificar en poucos anos a faciana da cooperación que se fai desde Galicia:
Esta proposta non significa outra cousa que a reformulación dunha situación hoxe existente, a prol de buscar un medio máis eficaz para que os recursos, sempre escasos, acaden os seus obxectivos. Non é unha proposta, entendemos, que cuestione o papel das ONGDs estatais, senón que vai dirixida a quen observa a cooperación desde o eido galego, coas súas propias prioridades, sectoriais, xeográficas, coa súa propia forma de entender a solidariedade e apoiada na nosa experiencia social. Estes desafíos, que cremos propios dunha comunidade na que o tecido asociativo é feble e inmaduro, deben ser completados con aqueloutros que son comúns ao movemento internacional:
En boa medida, a situación desta federación de organizacións é un reflexo da situación das ONGDs en Galicia. Creada hai xa 10 anos, agrupa na actualidade (comezos de 2001) a 26 organizacións de pleno dereito e seis convidadas. A súa presencia social ten sido moi limitada, mantendo unha actividade pública e institucional escasa, sen a penas recursos. Nestes momentos atópase, aparentemente, nunha fase de consolidación, coa apertura dun local estable, a mellora da comunicación entre as organizacións pertencentes á mesma e unha maior difusión de información de interese. A nivel político a finais do 2000 lanzou a campaña “Galicia máis solidaria” co obxecto de sensibilizar á opinión pública sobre o escaso interese institucional no apoio ás iniciativas de cooperación para o desenvolemento e á vez presionar as mesmas institucións. A nivel de sensibilización colabora cunha serie de entidades locais e educativas en actos e programas de actividades de sensibilización e organizou a exposición “Galicia Solidaria”, que recolle información de distintos proxectos de ONGDs con implantación en Galicia. No campo da formación organizou conferencias e seminarios e está prevista a edición en galego do Código de Conducta das ONGs de Desenvolvemento para o primeiro trimestre de 2001. A nivel institucional tense posicionado como interlocutora ante a Xunta de Galicia, á vez que como colaboradora, tendo como asignatura pendente a consolidación das relacións co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A maior debilidade desta federación é a escasa implicación das organizacións membros no seu traballo, por unha parte reflexo da debilidade organizativa das propias ONGDs na nosa comunidade e por outra a xa citada falta de tradición de traballo conxunto. A situación da Coordinadora Galega é similar á doutras federacións análogas noutras comunidades, a excepción daquelas con maior tradición como son Madrid, Catalunya ou o País Vasco. O programa de traballo, a súa filosofia e os desafíos que debe encarar a Coordinadora Galega de ONGDs poden equipararse ás propostas emanadas do grupo de traballo “As Coordinadoras como simples órganos de coordinación ou como entidades con proxectos propios” do II Encontro Federal de Coordinadoras Autonómicas de ONGDs, realizado en Sevilla a principios do mes de febreiro de 2001:
Se por algo se pode caracterizar o nivel de apoio das institucións galegas á cooperación para o desenvolvemento é polo escaso interese que este tema ten despertado, cando menos a nivel presupostario. Aínda que nos últimos anos o panorama presenta algúns síntomas esperanzadores, ata o momento, e aínda sabendo que calquera comparación é odiosa, a inmensa maioría das comunidades autónomas teñen amosado e demostrado unha maior implicación cá galega, aínda aquelas que, se nos referimos aos indicadores económicos do conxunto da Unión Europea, están nunha situación máis desfavorecida cá nosa: Andalucía, Extremadura... as diferencias con comunidades como o País Vasco ou Catalunya tórnanse abismais.
A táboa 3 é ben ilustrativa do escaso esforzo presupostario do goberno autonómico coa cooperación ao desenvolvemento. Esta táboa indica as axudas destinadas a ONGDs, para proxectos de cooperación, mediante convocatoria pública dende 1994 a 2000. Só no último ano (2000) 100 millóns de pesetas. Se ben as cifras non esgotan as axudas a cooperación, no último dos anos reseñados, sumando as axudas de distintas consellerías, como Sanidade, non se chega ao 0,03% dos presupostos. Para o 2001 as cifras elévanse a 0,06%, un aumento significativo sobre os anos anteriores pero que aínda nos relega a unha posición moi retrasada sobre o conxunto das comunidades autónomas (un 0,23%).
Outros organismos da Xunta de Galicia destinan fondos para a cooperación internacional: a Consellería de Sanidade, a Secretaría Xeral de Relacións coa UE e Acción Exterior... e a propia Dirección Xeral de Relacións Parlamentarias (antes de Relacións Institucionais) que xestiona a convocatoria para proxectos de ONGDs e tamén unha serie de convenios particulares, entre os que cabe destacar a acción emprendida para financiar un conxunto de proxectos coordinados en Bolivia, presentados á convocatoria da DX VIII da Unión Europea (nos últimos anos adicáronse máis de 25 millóns para a redacción dos proxectos e prevese adicar un importe próximo aos 50 millóns de pesetas para cofinanciamento dos mesmos durante o ano 2001). A Xunta de Galicia adica igualmente fondos extraordinarios para paliar catástrofes naturais: máis de 100 millóns a través de tres ONGDs no caso do Mitch, 25 millóns logo do terremoto de El Salvador. Pódese destacar que a Orde da Xunta de Galicia que recolle os mecanismos da convocatoria pública de axudas. conta cun alto grao de consenso coas ONGDs, representada pola Coordinadora Galega de ONGDs. Esta convocatoria prioriza as accións a realizar en países cun índice de desenvolvemento humano máis baixo, especialmente en América Latina, as emprendidas por consorcios de ONGDs, aquelas que conten con apoio financeiro de orixe privada... Entre os requisitos que deben cumprir destacamos a necesidade da participación dos beneficiarios dos proxectos nas distintas fases do mesmo, a identificación dunha contraparte ou socio local, que se contemplen mecanismos de viabilidade... A propia Coordinadora Galega de ONGDs participa na valoración dos proxectos presentados por medio da Comisión Técnica de Actividades de Desenvolvemento, órgano asesor no que propón a cinco vocais e que emite informes non vinculantes. Analizando as resolucións desde 1994 a 2000, nas que se inclúen tanto axudas a proxectos de desenvolvemento como axudas de carácter humanitario, as conclusións son as seguintes: Os case 450 millóns repartíronse entre 45 organizacións, aínda que as sete con maior número de proxectos (e de maior contía) concentran máis da metade do total.
Podemos facer algúns comentarios sobre esta distribución entre ONGDs. Entre as sete aparece só unha xurdida en Galicia, a Fundación Meniños, cunha, aínda, curta vida e centrada fundamentalmente no mundo da infancia. Das sete ONGDs, cinco contan cunha longa historia, salvo a Fundación Meniños e Acción contra a Fame, creada en 1995 en España e cunha presencia reducida na comunidade galega. Das 15 ONGDs máis importantes en España varias a penas teñen presencia en Galicia, agás nos medios de comunicación (MPDL, ANESVAD, Paz e Terceiro Mundo, CODESPA, ACSUR-Las Segovias), ou é moi recente (Solidariedade Internacional) ou, como no caso de Cáritas, a súa adicación na nosa comunidade a cuestións relacionadas co Terceiro Mundo é recente. A distribución xeográfica da axuda está asemade moi concentrada en América Latina; non existe un patrón diferente ao seguido polo Estado español, en parte debido aos mesmos lazos culturais e históricos e en parte debido á dependencia, xa sinalada, das delegacións galegas das ONGDs estatais.
Como podemos ver, os sete países que reciben unha maior cantidade de fondos procedentes das convocatorias públicas da Xunta de Galicia suman máis de 290 millóns de pesetas, máis de dous tercios do total das axudas concedidas. Esta situación contrasta coa axuda recibida por países africanos (Liberia, Mauritania, Sudán, Zaire, Angola, Sahara…) que non suma 40 millóns de pesetas, nin sequera o 9 por cento dos fondos totais. Con respecto á contía da partida destinada a axuda á cooperación ao desenvolvemento por parte da Xunta de Galicia cremos que calquera comentario sobra á vista das cifras tan baixas. E no campo dos proxectos de desenvolvemento a calidade garda certa relación coa cantidade. Tan baixos presupostos non permiten que a Dirección Xeral de Relacións Parlamentarias se poida dotar do persoal técnico especializado necesario para a xestión dos proxectos de cooperación ao desenvolvemento, nin para a súa avaliación nin para o seu seguemento. Facelo sería unha decisión pouco “económica”. A mesma escaseza de fondos fai, ao meu entender, innecesaria unha Lei de Cooperación en Galicia, xa que ¿que cousa iamos lexislar?. Sería máis ben unha especie de brinde ao sol que soamente levaría a distraer as escasas forzas das ONGDs con implantación en Galicia do que debe ser o seu obxectivo principal: o necesario incremento de fondos. Outra cousa é a creación dun Consello Galego de Cooperación, petición formulada pola Coordinadora Galega de ONGDs á Consellería de Presidencia e Administración Pública, e respondida favorablemente, e que servirá para iniciar un debate entre as distintas institucións e axentes sociais sobre o papel que Galicia pode desenvolver nesta área.
A finais de 1997 creouse o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que en 2000 agrupaba a máis de medio cento de concellos, principalmente das provincias de A Coruña e Pontevedra e as deputacións de Pontevedra e Ourense. A finalidade do Fondo recóllese nos seus estatutos, e podemos resumilas en:
A creación do Fondo Galego debe valorarse como un importante avance na madureza da partipación das entidades locais na cooperación para o desenvolvemento, sendo ademáis unha estructura idónea para unha comunidade como a galega na que abondan os concellos de pequeno tamaño e que atopan no Fondo un medio para canalizar o capital, por definición escaso, que poderían destinar á cooperación internacional. A bolsa común do Fondo permitiría unha xestión máis racional dos recursos, desde o punto de vista do necesario impacto das accións financiadas, que na maioría dos casos deben contar cun financiamento mínimo. Nos seus tres anos de vida, o Fondo realizou tres convocatorias de axudas, cunhas bases previamente coñecidas e pactadas coas ONGDs, o que demostra un interese por afortalar os lazos e a colaboración con estas entidades. Son estas tres convocatorias as que evidencian o punto fraco do Fondo: a escaseza dos recursos aportados polas entidades locais. En xeral as aportacións de cada entidade queda na cota mínima fixada pola Asemblea. Para facernos unha idea destas cotas, un concello de 100.000 habitantes obrigaríase, pola súa pertenza ao Fondo, a aportar a penas 350.000 pesetas.
Debemos sinalar que dous dos proxectos financiados corresponden a organizacións do Sur, INCIDE, de Guatemala e Fundación Augusto César Sandino, de Nicaragua. Os 15 proxectos restantes foron presentados por 10 ONGDs diferentes. Podemos indicar igualmente que, ademais do financiamento de proxectos de ONGDs, as entidades locais poden ser un importante e interesante axente de cooperación técnica en determinados eidos relacionados coa vida municipal: por exemplo, quen mellor que os técnicos dun concello para deseñar un servicio contraincendios ou para colaborar na formación doutros técnicos municipais... Como no caso dos fondos adicados a cooperación internacional, os montantes económicos xestionados polo Fondo non permiten unha xestión dos mesmos baseada no persoal técnico con adicación completa, sustentándose máis no traballo, e case podemos dicir, paixón, dun reducido número de persoas, verdadeiro motor desta agrupación de entidades locais. A nivel local e á marxe do Fondo, algúns concellos galegos teñen, dende hai anos, convocatorias propias de axudas para proxectos e accións de sensibilización, entre eles Vigo, Lugo, Arteixo ou Oleiros. As máis das veces con presupostos reducidos, aínda que nalgúns casos achégase ao 0,7 do presuposto municipal. Esta falta de medios para o financiamento de proxectos dificulta o que sería a necesaria avaliación previa das propostas, o seguimento da execución e a avaliación dos resultados. E difícil facer unha valoración obxectiva destes proxectos se temos que fiarnos só dos informes finais das propias ONGDs, a fin de contas case ninguén tira pedras sobre o seu propio tellado e sabemos que hai poucas cousas que nun papel non se poidan soster. A nivel xenérico, e contemplando o escaso financiamento que pode obter un proxecto podemos sospeitar a imposibilidade de financiar proxectos integrais, que comprendan múltiples áreas e comunidades numerosas; como moito abordaremos proxectos que van ter unha incidencia a penas local e moi limitada, ou en todo caso cofinanciar accións máis amplas que conten con aportes distintos aos das institucións galegas.
As ínfimas partidas adicadas a cooperación polas institucións galegas (tanto Xunta de Galicia como entidades locais), lévanos a concluír que os partidos políticos con implantación en Galicia prestan escasa atención a este tema, coas consabidas excepcións de carácter case persoal. Esta escasa atención, que non debería estrañar ao falar dunha dereita política que nunca tivo demasiada querencia polos movementos sociais, sobre todo se cuestionan todo ou parte do sistema económico vixente, é máis estraña no caso da esquerda e sobre todo da esquerda nacionalista, que se ten posicionado dun xeito bastante escéptico perante as ONGDs, cando menos ata o momento. É cando menos estraño, que nunha comunidade como a galega onde a esquerda nacionalista ten promovido organizacións propias no mundo sindical (obreiro e labrego), ecoloxista, estudiantil, ás veces cun éxito importante, non se teña lanzado ningunha iniciativa organizativa no campo da cooperación internacional, agás accións de persoas individuais ou grupos concretos, as máis das veces locais ou sectoriais, pero sen a penas relación entre eles ou con afán de crear unha organización de implantación galega. No lado da esquerda non nacionalista, as ONGDs na órbita de Esquerda Unida só teñen presencia en Galicia e é bastante recente a actividade das relacionadas co PSOE, ¿outra mostra máis do escaso interese que despertan estes temas na clase política galega, independentemente da súa ideoloxía?
Non existen datos completos do número de socios de ONGDs en Galicia. Os poucos existentes apuntan a un número algo inferior á media do Estado español, pero con incrementos superiores nos últimos anos e unha resposta a emerxencias (caso do Mitch), superior á media estatal. No mundo empresarial a iniciativa máis importante de apoio a programas de cooperación internacional é a convocatoria de axudas da Obra Social de Caixa Galicia, que en 2000 financiou 12 proxectos doutras tantas ONGDs por importe de 55 millóns de pesetas, unha iniciativa comezada o ano anterior.
Quizais as páxinas que preceden parezan xustificar o pesimismo. Nada máis lonxe da miña intención. É certo que o movemento de solidariedade internacional e de cooperación presenta en Galicia moitas carencias. Tal vez as máis evidentes sexan a febleza do tecido asociativo e a falta de compromiso institucional. Pero o recoñecemento das carencias, a reflexión e a crítica constitúen o paso indispensable para superalas. Estamos ante un movemento delicado e inmaduro, pero o certo é que na man dos que actualmente teñen responsabilidades nas ONGDs está o modificar semellante estado de cousas. Ao seu favor teñen un apoio social difuso que cómpre concretar. Desperdiciar este tempo precioso no que vivimos sería unha mágoa; moitas das necesidades do Sur non esperan. E sería tamén unha mágoa para a nosa propia sociedade, tan falta de tecido asociativo independente, activo e crítico co sistema económico, cos efectos que produce no Sur e tamén cos efectos que produce no Norte.
Emilio M. Martínez Rivas é Presidente da Coordenadora Galega de ONGs para o Desenvolvemento. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| BIBLIOGRAFÍA ALONSO, J.A e MOSLEY, P., La eficacia de la cooperación internacional al desarrollo: evaluación de la ayuda, Civitas, Madrid, 1999. COORDINADORA DE ONGDs-ESPAÑA, Directorio de ONGD 1999, Coordinadora de ONG para el Desarrollo España, Madrid, 2000. COORDINADORA DE ONGDs-ESPAÑA, Código de Conducta de las ONG de Desarrollo, Coordinadora de ONGDs-España, sin fecha. MARTÍNEZ GONZÁLEZ-TABLAS, Ángel (coord.), Visión global de la cooperación para el desarrollo, Icaria, Barcelona, 1996. MARTÍNEZ RIVAS, Emilio M., “Mais cartos para a solidariedade”, A Nosa Terra, 959, 2 de novembro de 2000, pax. 6. RÍOS, Xulio, O Fondo Galego: preguntas e respostas, Cadernos do Fondo Galego, Vigo, verán 2000. SOGGE, David (ed.), Compasión y cálculo, Icaria, Barcelona, 1998. VVAA, Conferencia Norte-Sur: juntos para la erradicación de la pobreza, Intermón, Barcelona, 1997. VVAA, La realidad de la ayuda 1997, Intermón, Barcelona, 1997. XUNTA DE GALICIA, Resumen de ayudas concedidas a ONGDs por la Xunta de Galicia, Dirección Xeral de Relacións Parlamentarias, mimeoagrafiado, 2000. Orde do 15 de decembro de 2000 pola que se regulan os programas de axuda á cooperación ó desenvolvemento que se realizarán en 2001 pola Xunta de Galicia en colaboración coas Organizaciós non Gobernamentais de Desenvolvemento, Diario Oficial de Galicia, 250, 28 de decembro de 2000, pax 16.952 a 16.962. Resolución de 4 de agosto de 2000 polo que se fan púbicas as axudas concedidas a organizacións non gubernamentais para o desenvolvemento (ONGDs) para proxectos de cooperación descentralizada e sensibilización para o desenvolvemento, convocadas no ano 2000, Diario Oficial de Galicia, 170, 1 de setembro de 2000. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 14/04/2001
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||