Tempo Exterior nº 11 - Inverno/1999-2000
1ª Conferencia Anual Plácido Castro
![]() |
||
| Xulio Ríos, director do Igadi, e Fernando Pérez-Barreiro Nolla, ponente da 1ª Conferencia Anual Plácido Castro. | ||
|
|
||
Deste xeito, o Igadi non soamente reivindica a obra e o pensamento de Plácido Castro (1902-1967), senón que pretende contribuír ó incremento da sensibilización social arredor da necesidade de proxectar a Galicia no mundo con identidade propia, de afondar nos conflictos e tendencias da sociedade contemporánea.
Ninguén mellor que Fernando Pérez-Barreiro Nolla para inaugurar esta nova andaina e honrar a memoria de Plácido Castro.
Ante un público entregado que encheu a Aula de Cultura de Vilagarcía de Arousa, Fernando Pérez-Barreiro pronunciou unha lección maxistral sobre os paralelismos do problema irlandés en tempos de Plácido e os actuais, diseccionando con soltura os aspectos máis salientables do actual proceso, dende os protagonistas ata a nova arquitectura institucional que debe facer irreversible o proceso de paz.
Ata o lugar achegáronse numerosos representantes da vida política e cultural local e galega. Estiveron presentes, entre outros, Xosé Luis Franco Grande, Gonzalo Bouza Brey, o libreiro Xosé Castro Ratón e a concelleira Ramona Castaño.
Un extracto reprodúcese no presente número de Tempo Exterior. O texto íntegro da conferencia publicarase en breve, se ben pode consultarse xa a versión en liña na nosa web (www.iaga.com/igadi).
O Concello de Vilagarcía apoiou en todo momento a proposta e contribuíu de maneira moi digna e eficaz á súa realización. Tanto o alcalde, Javier Gago, como o concelleiro de Cultura, Roberto Araújo, ou o técnico cultural, Xavier Camba, comprometéronse a fondo con esta actividade que terá continuidade en próximos exercicios. Para completar a conferencia, realizouse unha exposición das acuarelas de Plácido Castro, no mesmo Centro Cultural, que foi inaugurada o mesmo día. Os medios de comunicación fixéronse eco extensivamente deste programa.
O Igadi quere agradecerlles a todos a magnífica sensibilidade amosada que garante a continuidade de tan
merecido e xustísimo tributo á figura de Plácido Ramón Castro del Río.
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
ÚLTIMA REVISIÓN: 18/02/2000