Tempo Exterior nº 10 - Outono/99Volver ó sumario


Libros e publicacións


Te


Anuario CIP 1999 - Guerras en el sistema mundialAnuario CIP

Presenta estudios da maior parte dos conflictos armados actuais, análise das tendencias sobre guerra e paz nas relacións internacionais e avaliación das respostas humanitarias. Dende Kosovo a Kurdistán, pasando por Indonesia, África subsahariana, América Latina, Rusia, China ou Oriente Medio, este Anuario, que se publica dende hai 13 anos, ofrece información e claves informativas sobre as situacións máis graves do sistema internacional.



Anuario Internacional CIDOB 1998 - Edición 1999Anuario CIDOB

O Anuario Internacional CIDOB 1998, na súa edición de 1999, intenta recoller a riqueza e complexidade dos procesos internacionais para lle ofrecer ó lector interesado algunhas claves respecto á evolución das nosas sociedades e da actuación exterior española. Os Anexos elaborados pola Fundación CIDOB (centro de estudios internacionais e de estudios para o desenvolvemento) axudan a completar e tratar máis a fondo os diversos temas que os artigos abordan ou, pola contra, non poden abranguer. Un manual imprescindible.



Roberto Montoya - O caso Pinochet e a impunidade en América LatinaTexturas

No número 2 deste monográfico editado polo IGADI, Roberto Montoya, xornalista arxentino afincado en París, reflexiona sobre a detención en Londres do ex dictador chileno Augusto Pinochet, achegándose a outros países da zona que padeceron dictaduras militares e nos que tamén se abriron as primeiras fendas no muro da impunidade.



Guía de Recursos - Acción Exterior de Galicia - 2ª ediciónGuía de Recursos

Revisada e aumentada, esta segunda edición incorpora novos axentes e escenarios, afonda na información facilitada, e brinda máis e mellores oportunidades para desenvolver estratexias de acción exterior e de internacionalización das actividades económicas e sociais que teñen a súa orixe na nosa terra. A actualización dos seus datos será permanente a través da versión dixital instalada na nosa web, en http://www.iaga.com/igadi.
Volver ó sumario


Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional

ÚLTIMA REVISIÓN: 17/10/99