Tempo Exterior nº 8 - Primavera/99
Internet, publicacións e revistas
Internet
“Guía de Recursos de Educación para el Desarrollo en Internet”
CIP
É unha ferramenta dirixida ó ámbito educativo, para facilitar a busca de direccións en Internet relacionadas coa educación para o desenvolvemento.
Ofrece un conxunto de direccións de organizacións e institucións moi diversas que contan con informes, artigos, mapas, imaxes e recursos en xeral, que poden ser utilizados didacticamente no ensino formal e non formal. Está editada polo CIP (Centro de Investigación para la Paz).
Novo enderezo
IGADI
Recentemente modificouse a nosa dirección de Internet. Actualizade, por favor, os marcadores. O sitio do IGADI pasa a ser o seguinte: www.iaga.com/igadi.
Publicacións / Revistas
“Directorio de Centros de Estudios Internacionales y de Seguridad”
CIP - INCIPE
Editado polo CIP (Centro de Investigación para la Paz, Fundación Hogar del Empleado) e o INCIPE (Instituto de Cuestiones Internacionales y Política Exterior), este Directorio, toda unha novidade, pretende ser un instrumento de información para centros de análise e investigadores, así como para educadores, informadores e usuarios interesados nestas cuestións.
Nesta primeira edición, ó coidado de Julián C. Carranza e Vicente Garrido Rebolledo, inclúese a información relativa a centros de investigación (públicos ou privados) e algunhas bibliotecas e centros de documentación especializados, que poden ser de gran utilidade para o investigador.
2ª edición da “Guía de Recursos de Acción Exteriror”
IGADI
Revisada e ampliada, logo estará en circulación a segunda edición da Guía de Recursos de Acción Exterior de Galicia, un manual excelentemente acollido na súa primeira edición. Esta complétase con novas seccións, algunhas variacións no índice e unha información moi contrastada de todos os datos que incorpora. Será toda unha guía para andar polo mundo...
Ademais, en breve estará a punto tamén a Guía do Arco Atlántico con información precisa de todas as rexións desta Comisión que actualmente preside Galicia.
Survival “Spring 1999”
IISS
O último número desta publicación trimestral editada polo IISS (International Institute for Strategic Studies) incorpora varios estudios monográficos sobre Corea, Europa, guerra e democracia e o islamismo radical. Survival é unha revista esencial para analistas, investigadores e persoas interesadas no coñecemento dos problemas internacionais de maior actualidade.
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
ÚLTIMA REVISIÓN: 19/3/99