Tempo Exterior nº7 - Inverno/98-99
Libros, Internet e actividades
Libros
“Cuba: independencia e revolución”
Laudelino Pellitero, Carlos Méixome e Xulio Ríos (Textos Internacionais - Edicións
do Cumio)
Orfa dende a desaparición do “mundo socialista”, Cuba vive as vésperas dun cambio inevitable. As reformas que deron vida á política de resistencia dos últimos anos evidenciaron tanto as súas posibilidades como as limitacións. O balance é contradictorio e escasamente ilusionante. Por difícil que resulte, os dirixentes cubanos deben imaxinar o perfil dun novo modelo capaz de garantir as conquistas sociais da Revolución, a independencia nacional e introducir maiores niveis de democracia política. O estancamento conduciría o proceso político cubano a un agravamento crítico de consecuencias imprevisibles.
Este traballo repasa as condicionantes físicas, xeográficas, da illa caribeña; o seu devalar pola Historia e a dependencia colonial, as transformacións económicas e sociais emanadas da Revolución e as súas consecuencias para América Latina; e procura respostas ao dilema dun futuro estable e xusto para Cuba.
Internet
“En Foco”, nova sección na Rede
Dende a nosa páxina web Igadi na Rede (www.arrakis.es/~igadi),
este novo epígrafe pretende facilitar o acceso directo a diversos links que abordan unha problemática
de actualidade, dun xeito plural. Kosovo, Euro e Iraq son os primeiros apartados desta nova sección. Igualmente
contamos xa coa posibilidade dunha “lista de correo” de xeito que todas as persoas que o soliciten automaticamente
recibirán información puntual das novidades que se vaian incorporando ás diferentes seccións
da nosa páxina e dos cambios que se operen na estructura interna do IGADI e/ou no seu funcionamento (nova
clasificación da hemeroteca a partir do 1 de xaneiro de 1999).
Actividades
Representacións do IGADI participaron na reunión de Institutos de Estudios Estratéxicos
e Internacionais celebrada en Porto no marco da VIII Cimeira Iberoamericana (setembro de 1998). Igualmente, no
Seminario Internacional sobre Inmigraçao (Povoa de Varzim, 4 a 6 de decembro de 1998) e na V Reunión
de Centros de Documentación e Bibliotecas Especializados en Relacións Internacionais (Madrid, 17
de decembro de 1998).
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
ÚLTIMA REVISIÓN: 15/1/99