O Fondo Galego coas vítimas do tsunami |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Dende o inicio mesmo da traxedia en Asia, o Fondo Galego adiantou a súa convicción de que, non existindo capacidade para responder en situación de emerxencia, o compromiso da solidariedade galega en xeral e do municipalismo en particular, debía orientarse a garantir a actuación posterior, cando as vítimas deixaran paso nos informativos a outras realidades e cando o esquecemento rodee a súa traxedia. Numerosos concellos e deputacións de Galicia, numerosos traballadores da función pública local, cidadáns a titulo individual e colectivos veciñais e sociais, comprenderon e apoiaron esta opción, entendemos que a mais realista, e fixeron contribucións que aínda hoxe mesmo están a medrar, para que a nosa solidariedade servise, na medida do posible, a un dobre obxectivo: reconstrución da zona e prevención de futuros cataclismos como o vivido. O Fondo Galego está a traballar neste momento na primeira dirección, unindo o seu esforzo ao doutros Fondos existentes en España e outros colectivos. O PNUD, Programa de Nacións Unidas para o Desenvolvemento, en New York e en Sri Lanka están dispostos a liderar as xestións necesarias para promover un proxecto de desenvolvemento local en materia de prevención da vulnerabilidade, ambiental e social. Estase a formular unha misión de identificación na que participarán representantes do PNUD e dos Fondos de cooperación e outros socios e aliados, tanto locais como europeos. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Síntomas de maior identificación coa cooperación |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Numerosos concellos asociados adiantaron xa o pago das súas achegas correspondentes ao exercicio de 2005. A día de hoxe, podemos confirmar os abonos de Caldas de Reis, Carballo, Rianxo, Rodeiro, Pontecesures, Poio, Soutomaior, Cabanas, Betanzos, Lousame e Arteixo. Constatase igualmente unha progresiva normalización das cotas en atraso que causaron en 2004 un déficit do noso balance do exercicio. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Xornadas do Bloque sobre cooperación descentralizada |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
O pasado sábado día 5 de marzo, o Bloque Nacionalista Galego organizou unhas xornadas de reflexión sobre a cooperación e de presentación do Fondo Galego. Nelas participaron, entre outros, Emilio Martínez, da coordinadora de ONGDs e Xulio Ríos, director do Fondo. Anxela Bugallo, secretaria de política municipal do BNG, salientou o compromiso de apostar pola sensibilización da base militante e dos cargos nacionalistas para que a solidariedade comece a figurar na axenda política local. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
O Partido Popular prepara as súas xornadas sobre cooperación |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Tamén o Partido Popular está a programas as súas xornadas sobre este particular, cumprindo así o compromiso que todas as forzas políticas asumiron nas Xornadas Anuais de Cooperación que celebramos o pasado novembro en Vigo. Beatriz González Loroño, deputada, coordina esta actuación, en estreito contacto coa dirección técnica do Fondo Galego. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Primeiras reunións da Rede en 2005 |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
As reunións da rede que coordina e define as actividades e o calendario de sensibilización do Fondo Galego inícianse en Vigo o 11 de marzo, e seguirán o seu periplo por toda a nosa Comunidade nas próximas semanas. A fluidez do contacto e do coñecemento entre a Secretaría do Fondo e os concellos asociados aconsellan a participación nestas xuntanzas para reforzar os actuais vínculos. Participar no Fondo non debe significar simplemente unha transferencia económica, senón a asunción da cooperación como unha liña de traballo especifica no eido local que ten como contrapartida esencial, dar a coñecer á cidadanía esa implicación, os seus obxectivos e resultados, e para iso é fundamental desenvolver actividades para as que resulta imprescindible a identificación por parte do propio concello dos seus intereses primeiros. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Misión en Cabo Verde |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
A recente visita a Cabo Verde permitiu comprobar in situ a execución dos proxectos financiados nos últimos anos, intercambiar impresións cos Alcaldes dos municipios onde actuamos e definir, en colaboración coa Asociación Nacional de Municipios de Cabo Verde, as liñas básicas dun programa de actuación que pretendemos implementar nos próximos anos. A resultas da misión e dos proxectos identificados, o Fondo Galego e a Xunta de Galicia reforzarán as súas actuacións no arquipélago. Igualmente, procurase a implicación da AECI nesta estratexia e os primeiros pasos xa se deron nunha xuntanza celebrada en Madrid o pasado día 3 de marzo. Nesta nova liña de actuación tamén estudan implicarse algunhas Cámaras do veciño Portugal, con quen o Fondo estableceu contactos. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Novas Publicacións |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Xa está dispoñible a edición da Declaración Programática e os Estatutos do Fondo Galego. Igualmente, a Memoria correspondente ás actividades desenvolvidas en 2004, e a declaración do Parlamento Galego en apoio ós obxectivos do Milenio. Outras publicacións sumaranse en breve ó catálogo informativo do Fondo Galego para que todos os asociados dispoñan do material básico para poder dar conta á cidadanía do sentido, orientación e intereses que xestiona esta entidade. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Representación da FEGAMP e do Fondo Galego na Comisión Interterritorial |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Finalmente, serán a Deputación de Pontevedra e os concellos de Arteixo, Allariz e Lugo, todos eles integrantes da Comisión executiva do Fondo, os que representarán á Fegamp na Comisión Interterritorial de Cooperación que reúne as diferentes administracións que en Galicia xestionan políticas de cooperación internacional. Ademais, o Fondo estará representado polo seu Presidente e o Secretario. Este organismo vaise constituír proximamente, con toda probabilidade neste mes de marzo. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
O Fondo Galego na web da FEGAMP |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Os contidos que en materia de cooperación e solidariedade internacional incorpore a nova web da FEGAMP, www.fegamp.es, serán facilitados polo Fondo Galego, reforzando así a vinculación existente entre ambas entidades que xa acordaron tamén actualizar as súas relacións a través dun novo convenio. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Mapa de socios do Fondo Galego |

ÚLTIMA REVISIÓN: 21/03/2005 |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||