Converxencia de criterios Xunta de Galicia - Fondo Galego |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Na xuntanza que mantivo unha representación da Comisión Executiva do Fondo Galego coa Secretaría Xeral de Relacións coa UE e Cooperación Exterior da Xunta de Galicia, constatouse unha similitude de criterios á hora de diagnosticar o momento da cooperación en Galicia e de definir as principais liñas de actuación inmediatas. Jesús Gamallo, titular da Secretaría, expresou a súa satisfacción pola liña de cooperación existente co Fondo Galego, que este ano ascenderá a unha aportación diversificada por valor de 275.000 euros e que, sectorialmente, tenderá a incidir no fortalecemento das capacidades institucionais nos países do Sur no eido local, no que o Fondo pode aportar a súa experiencia. Alfredo Novoa, presidente do Fondo, destacou a coincidencia de criterios, expresada na identificación cos vectores básicos da proposta de Plan Director da Cooperación Galega, que ven a resumir cinco anos de traballo conxunto entre as administracións locais e autonómicas, valorando, no noso caso, a comprensión que dende o primeiro momento, a Xunta de Galicia, expresou pola necesidade de fortalecer a rede de municipios como resposta á necesidade de buscar unha maior eficiencia para a nosa cooperación. Ambas partes, ademais, sinalaron a coincidencia plena para establecer un mecanismo coordinador das emerxencias, que reúna, ante situacións de crise, aos principais actores e de forma automática, para enviar unha única mensaxe á nosa sociedade e robustecer así, no plano institucional, a unanimidade que se manifesta no ámbito social. Na xuntanza participaron Jesús Gamallo e Pilar Romero, en representación da Xunta de Galicia. Por parte do Fondo, asistiron Alfredo Novoa, Xosé María Permui, Aurora Carbajal, Ramón Bouzas e Xulio Ríos. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Constitución dos órganos de consulta e participación |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
A Comisión Executiva do Fondo Galego acordou designar como representantes do Fondo na Comisión Interterritorial a Alfredo Novoa e Xulio Ríos, presidente e secretario, respectivamente. Para o Consello Galego de Cooperación ó Desenvolvemento, o designado foi Xulio Ríos. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocatoria de Proxectos 2005 |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Ata o 30 de abril poderán presentarse os proxectos para esta convocatoria. As Bases foron aprobadas previa convocatoria do Consello Municipalista da Cooperación e poden consultarse na páxina web do Igadi (www.igadi.org/fondo). |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Plan de actuación con Cabo Verde |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Unha delegación do Fondo Galego entrevistarase coa Asociación Nacional de Municipios de Cabo Verde, a fin de establecer as pautas e mecanismos para desenvolver unha cooperación conxunta e a medio prazo que responda de mellor forma ás principais necesidades dos municipios do arquipélago, que teña a conveniencia de concentrar as actuacións e formulalas de xeito integral. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Xornadas do BNG |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
O BNG convocou para o 5 de marzo unhas xornadas sobre cooperación municipal internacional dirixidas aos seus cargos electos no ámbito local para reforzar o compromiso coa cooperación internacional ó desenvolvemento. A iniciativa conta co apoio e a participación do Fondo Galego. O Partido Popular, como xa fixo o Partido Socialista, tamén está a programar unha actividade similar. Estas propostas resultan das conclusións das Xornadas Anuais de Cooperación celebradas en Vigo o novembro de 2004. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Dez anos da Confederación de Fondos |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
O 19 de setembro, todos os Fondos reuniranse para festexar os dez anos da creación da Confederación de Fondos. Reunida en Menorca no pasado día 3 de febreiro, este foi un dos seus acordos. Nesa xuntanza tamén se abordou, entre outros asuntos, a participación na Comisión Interterritorial do Estado, as relacións coa AECI, a comparecencia na Comisión de Desenvolvemento e Cooperación da Unión Europea, as relacións internacionais (V Foro Internacional da Alianza Mundial de Cidades contra a Pobreza, Solidariedade con Palestina, Foro de Autoridades Locais de Porto Alegre, Foro Social Mediterráneo), o seguimento do proceso de xestación de novos Fondos (Asturias, Castela e León), a política de publicacións e a necesidade de mellorar a comunicación e a visibilidade xeral dos Fondos. Así mesmo, aprobouse a Memoria do 2004, o balance económico e o plan de traballo e orzamento para 2005. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Fegamp - Fondo |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Nunha entrevista mantida co vicepresidente da Fegamp e alcalde de A Pontenova (Lugo), Enrique Fernández González, acordouse acelerar o proceso de actualización do convenio que o Fondo ten coa Fegamp dende o ano 1998, na liña de reforzar a súa condición como axencia municipal da cooperación. Igualmente, se intercambiaron impresións sobre as designacións para os representantes locais na Comisión Interterritorial galega, e a necesidade de perfeccionar a comunicación entre o Fondo e a Fegamp, especialmente ante situacións de crise como a acontecida en Asia recentemente. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Contribucións económicas de 2005 |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Xa foron cursados os recibos das cuotas mínimas obrigatorias para 2005. Na liña do expresado na Asemblea do 21 de xaneiro, encarécese de todos os asociados unha análise a conciencia do seu compromiso coa cooperación e sobre a necesidade de apostar en maior medida polo Fondo Galego. A espontaneidade con que moitas entidades locais decidiron contribuír economicamente a paliar os efectos do desastre en Asia, evidencian as posibilidades dunha maior implicación que sen dúbida poderá ser máis eficiente se somos quen de canalizala de forma cooperativa a través do Fondo, reforzando, en paralelo, o eido local como especialmente idóneo para a sensibilización. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Programa Vacacións en Paz |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Unha proposta de catro puntos foi cursada a todos os asociados para aproximar posturas en relación á continuidade ou non deste programa, garantindo en todo caso a permanencia da solidariedade de Galicia co pobo saharauí. A proposta é consecuencia da reunión mantida coa Delegación Saharauí en Galicia no pasado 29 de decembro de 2004 na sede da Fegamp, co criterio de abrir o programa ao conxunto da sociedade galega. Trátase de procurar garantir a participación de familias novas e de que os nenos acollidos sexan da máis curta idade e acollidos por primeira vez, coa excepción daqueles que presenten un expediente médico que requira de atención continuada. Na xuntanza citada, a representante saharauí comprometeuse a visitar os campamentos para garantir a renovación do programa e asegurar tamén que a solidariedade se exprese co conxunto do pobo saharauí e non con familias concretas de forma reiterada. | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Mapa de socios do Fondo Galego |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 15/02/2005 |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||