Solidariedade coas víctimas do maremoto |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
A Asemblea de socios que celebramos o 21 de xaneiro na sede da FEGAMP en Santiago expresou unanimemente a solidariedade coas víctimas do maremoto acontecido en Asia e definiu os fundamentos esenciais da política de emerxencias do Fondo Galego. Nesa perspectiva: • Constatáronse as dificultades existentes para demostrar unha mínima capacidade de resposta e coordinada para afrontar as accións de emerxencia cun mínimo de eficacia. • O Fondo ratifícase na súa vontade de actuar nas zonas de catástrofe a través do financiamento de proxectos de prevención ou reconstrución, unha vez pasou o primeiro momento onde a rapidez na resposta é requisito básico para a súa efectividade. O Fondo aínda hoxe financia proxectos na área do Mitch, cando xa ninguén se lembra dos damnificados mentres os problemas, hoxe ignorados polos medios de comunicación, subsisten a moreas. • O Fondo Galego ofrece a todos os concellos e deputacións de Galicia a súa conta para emerxencias a fin de canalizar as contribucións do poder local. A existencia desa conta impide a descoordinación e a actuación individualizada e garante en maior medida o posterior control dos recursos acadados. • O Fondo invita aos concellos e deputacións de Galicia a facer contribucións extraordinarias que non minguen as febles achegas que ordinariamente se destinan ás políticas de cooperación internacional. • Todos debemos ter en conta que as accións que agora desenvolvamos non estarán impregnadas dunha vontade específica de permanecer en Asia, rexión do mundo que non é prioritaria para a cooperación galega, en función do recollido no Plan Director a piques de aprobarse, nin tampouco para a cooperación española. • O Fondo Galego expresa o seu apoio ás ONGs galegas que tradicionalmente veñen actuando nesa parte do planeta. • A fin de garantir accións mais coordinadas, suxirese a creación dun mecanismo de resposta ás emerxencias onde poidan participar a Xunta Galicia, a Coordinadora Galega de ONGDs e o Fondo Galego, ofrecendo ó conxunto da sociedade unha única referencia que aglutine os esforzos de todos, evite dispersións, propicie un efecto multiplicador e posibilite unha posterior coordinación con outros actores estatais (AECI, Confederación de Fondos) ou internacionais (gobernos dos países afectados, Nacións Unidas, instancias multilaterais). |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ratificadas as novas adhesións ao Fondo Galego |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Os concellos de Caldas de Reis, Monforte, Carballo, Guitiriz, Cambre, Mos e Ribadavia foron ratificados como membros do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que supera xa a barreira dos setenta asociados e representa a máis do sesenta por cento da poboación galega. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Maior ambición |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Con esas dúas palabras podemos resumir o pouso esencial desta Asamblea ordinaria do 21 de xaneiro. Esa maior ambición ven determinada polo previsible auxe doutros actores públicos, Administración do Estado e Administración autonómica, e pola probable implicación neste mesmo exercicio da Administración comunitaria. Esa circunstancia obriga a un exercicio de reflexión en cada entidade asociada sobre o seu compromiso co Fondo e coa cooperación de xeito que sexamos capaces de incrementar os vínculos, tanto no eido asociativo como no económico. Sabido é que a Administración galega está situada no 0,07% dos orzamentos da Comunidade, pero os concellos están moi por detrás desa cifra, e se ben non se considera agora o momento de alentar un incremento das cotas, si o pode ser de incrementar as achegas a través de mecanismos alternativos, convenios, etc. Nesa mesma liña é substancial aumentar a implicación nas actividades de sensibilización a desenvolver durante 2005. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Sensibilización no local, cooperación no global |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Aspiramos a que esa delimitación de espazos se poida consolidar neste ano. A cooperación, para ser eficaz e eficiente, debe priorizar a concentración de recursos, xestionados democraticamente a través de mecanismos que garantan a participación de todos. Así enriqueceremos a calidade da nosa cooperación e aseguraremos un maior control do destino e emprego dos recursos públicos. A sensibilización, pola contra, ten como ámbito preferente de realización o eido local, e a oferta que se poida formular dende o Fondo debe imaxinar dende o seu inicio esa orientación clave. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Xornadas do PSdeG-PSOE sobre cooperación municipal |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Representantes do Fondo Galego e da Coordinadora de ONGDs participaron nas Xornadas sobre cooperación municipal e desenvolvemento que o PSdeG-PSOE celebrou o 15 de xaneiro en Santiago para alentar unha maior implicación dos municipios gobernados por esta forza política nas políticas de cooperación e no Fondo. Representantes de varios concellos destacaron a importancia do Fondo. Emilio Pérez Touriño, candidato desta formación á Presidencia da Xunta de Galicia, comprometeuse a multiplicar por catro os recursos destinados a cooperación na próxima lexislatura. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Jesús Gamallo co Fondo Galego |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
O secretario xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior da Xunta de Galicia, Jesús Gamallo, reunirase no próximo mes de febreiro coa Comisión Executiva do Fondo Galego a fin de intercambiar impresións sobre o momento da cooperación en Galicia e reforzar a colaboración existente entre as dúas Administracións. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Plan de Sensibilización 2005 |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Información, formación e difusión serán os tres eixes arredor dos que xirará o Plan de Sensibilización 2005, conveniado coa Xunta de Galicia, e que inclúe numerosas iniciativas con propostas de actividades, publicacións e seminarios de formación. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Aportacións de 2005 |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
A partir de febreiro iniciarase o envío aos asociados da información relativa ás achegas deste 2005, rogando a máxima colaboración no seu abono para non dificultar o funcionamento do Fondo nin retrasar os pagos ás ONGs e contrapartes que están a executar proxectos financiados pola cooperación local galega. Mes a mes, nesta folla informativa, darase conta da evolución nesta materia. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Mapa de socios do Fondo Galego |

ÚLTIMA REVISIÓN: 24/01/2005 |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||