Fortalecemento municipal en Centroamérica |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Na segunda semana de setembro celebrouse en Antigua (Guatemala) un taller rexional no que participaron os presidentes e directores executivos das asociacións de Panamá, El Salvador, Honduras, Guatemala, Costa Rica, Nicaragua e República Dominicana. Tamén participaron os directores de proxecto da AECI (Axencia Española de Cooperación Internacional) presentes na rexión, representantes de FUNDEMUCA (Fundación para o Desenvolvemento Local e o Fortalecemento Municipal e Institucional de Centroamérica e o Caribe), e da UIM (Unión Iberoamericana de Municipalistas), ademais da Confederación de Fondos, representada polo secretario do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, Xulio Ríos. O obxectivo do encontro consistía en desenvolver un taller participativo que, seguindo a metodoloxía do Marco Lóxico, permitise identificar os principias problemas do municipalismo na rexión, as súas causas e efectos, e deducir as liñas de actuación a seguir nos vindeiros anos para fortalecer o poder local e as políticas descentralizadoras. Aínda que o taller cubriu sobradamente as súas expectativas, as asociacións comprometéronse a profundizar no estudio dos temas abordados e na información recopilada para estudiar tamén as repercusións e proxeccións a nivel nacional. Pola súa banda, a AECI comprometeuse a elaborar unha serie de documentos básicos coa idea de que a nova estratexia poida ser aplicada o próximo ano. A disposición a ter en conta a opinión da Confederación de Fondos e doutros actores do mundo local é palpable e absoluta. Prevese a posibilidade de que os fondos de cooperación poidan participar –e influír– nos contidos do programa final. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
A Rede Municipalista cumpre o seu primeiro ano |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
A finais de ano, a Rede Municipalista Solidaria cumprirá o seu primeiro aniversario. A Rede forma parte xa da realidade do municipalismo en Galicia. A complicidade acadada ata o momento permitiunos estar presentes na axenda solidaria de máis de 20 concellos socios do Fondo. A Guarda, Allariz, Arteixo, Baiona, Bueu, Cerceda, Fene, Guitiriz, Mondoñedo, Mos, Nigrán, O Barco de Valdeorras, O Porriño, O Rosal, Outes, Poio, Porto do Son, Redondela, Santiago de Compostela, son algúns dos concellos que contaron co Fondo Galego para organizar exposicións, charlas e actividades que contribúen a asentar a idea da cooperación no ámbito local. Os grandes obxectivos que nos marcamos vanse acadando e as liñas de traballo enunciadas cumprindo, correspondendo agora un novo impulso que nos axude a seguir medrando e adaptar a nosa oferta formativa e informativa aos novos desafíos, que en materia de solidariedade, teñen que afrontar os concellos do noso país. É por iso que a partir de outubro reiniciamos as reunións da Rede para valorar conxuntamente e debater o camiño iniciado e como afrontar o futuro. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Os Obxectivos do Milenio |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
1. Erradicar a pobreza extrema e a fame, que afecta hoxe a máis
de 1.000 millóns de persoas. Os concellos de Nigrán, Culleredo, Guitiriz e Allariz acollen estes días a exposición: “Os Obxectivos do Milenio”. Estes concellos decidiron facer coincidir a inauguración da exposición co día Internacional da Paz, poñendo de manifesto a relación directa entre a inseguridade alimentaria e as guerras. Dificilmente os países ricos poden cumprir o primeiro obxectivo do Milenio, erradicar a pobreza extrema e a fame, nun contexto de guerra. Na actualidade asistimos a un desfase evidente entre os compromisos asumidos polos países donantes e os esforzos encamiñados ao cumprimento dos Obxectivos do Milenio. Kofi Annan, secretario Xeneral das Nacións Unidas, alertaba hai pouco tempo do temor de que as palabras da Declaración soamente serviran “como horribles recordatorios das necesidades desatendidas e de promesas incumpridas”. É importante achegar á cidadanía a Declaración do Milenio, organizar mesas redondas e xornadas no que convidemos a algún responsable da ONU para que, de primeira man, explique como se vive na Organización esta problemática. Esta exposición, que vai percorrer nos próximos meses moitos municipios das catro provincias galegas, foi realizada pola Asociación para As Nacións Unidas e o IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional) coa colaboración da Secretaría Xeral de Relacións coa UE e Cooperación Exterior da Xunta de Galicia. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
“A Paz Cuestión de Fondo” e “O Eterno Feminino” |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
As exposicións “A Paz Cuestión de Fondo” e “O Eterno Feminino” continúan o seu andar polos concellos galegos. “A Paz Cuestión de Fondo” chegou a Cerceda cargada de actividades para rapaces e adultos. O 21 de setembro, Bicis Pola Paz presentaba, neste concello, o seu programa de Contos Solidarios co obxectivo de sensibilizar e concienciar as/os alumnas/os sobre a necesidade dun compromiso solidario coa xustiza e a liberdade, empregando como ferramenta lúdico-pedagóxica o conto, a poesía, o humor, a mímica. “O Eterno Feminino”, en Nigrán, tamén axudou a reflexionar aos rapaces que se achegaron en grupos á exposición. Os pequenos contemplaron as fotografías, plasmaron a súas impresións e elaboraron un obxecto relacionado coa paz e a solidariedade. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Encontro de cooperación local Portugal-Galicia |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
O encontro “Portugal e Galiza: cooperar na cooperaçao”, é unha xornada de traballo que ten por obxectivo a posta en común das experiencias portuguesa e galega no ámbito da cooperación internacional, a traveso de: a) A aproximación á realidade da cooperación internacional no ámbito local a ambas beiras do Miño, compartindo experiencias a partir dun primeiro e mellor coñecemento das súas actuacións e identidades. b) A exploración das oportunidades para compartir estratexias e proxectos definindo ámbitos xeográficos e sectoriais de actuación. c) A análise das posibilidades de cofinanciamento de proxectos por parte de instancias comunitarias. Pola súa banda, os contidos veñen maracados pola definición da cooperación local, as formas de organización, evolución, formas de xestación, importancia da sensibilización, relacións interadministrativas, relacións entre municipios e ONGDs, ámbitos de actuación sectoriais e xeográficos... Esta xornada está dirixida a responsables políticos e/ou técnicos das cámaras municipais en materia de cooperación procurando garantir a participación de aqueles municipios con tradición ou sensibilidade nesta materia. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Mapa de socios do Fondo Galego |

ÚLTIMA REVISIÓN: 30/09/2004 |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||