Gladys Cáceres: “En Nicaragua valoramos o apoio dos concellos de Galicia” |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Gladys Cáceres, directora do Instituto de Promoción Humana, visitou Galicia no ano 2002, ocasión na que mantivo contactos coa directiva do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, a que lle presentou diversos proxectos de cooperación. A entidade que esta muller dirixe está comprometida na construcción dunha sociedade máis xusta, equitativa, solidaria e harmónica, facilitando procesos de desenvolvemento integral de longo prazo, e situando ó ser humano coma protagonista da súa propia formación. Trátase dun organismo non gobernamental de desenvolvemento que promove a igualdade de oportunidades, a participación cidadá e o exercicio dos dereitos fundamentais do ser humano, das súas organizacións e da sociedade nicaraguana, facilitando, promovendo e executando programas e proxectos alternativos de carácter educativo, de investigación, social e productivos.
Na convocatoria para o financiamento de proxectos de cooperación ó desenvolvemento e solidariedade, correspondente ó ano 2003, aprobáronse 3 proxectos do Instituto de Promoción Humana: 1. Autoconstrucción de anexo de sistema de auga no sector de Las Palmitas e sector 4 do Municipio de Las Sabanas-Departamento de Madriz. Este proxecto tiña por finalidade abastecer de auga no seu domicilio a 25 familias, axudando a mellorar as condicións hixiénicas, de saúde e de desprazamento, e tamén do traballo infantil e feminino. A proposta partía dos membros da comunidade que estaban dispostos a traballar na colocación de tuberías, cavado de zanxas... Pretendíase que a Alcaldía fora a executora directa. 2. Captación de auga para o Municipio de Las Sabanas. Este proxecto pretendía mellorar os sistemas de captación de auga tanto para uso doméstico como para uso agrícola, ademais de formar as persoas nun uso axeitado da auga, formando técnicos no seu manexo. 3. As mulleres deseñando o futuro. O obxectivo deste proxecto era o de fortalecer a capacidade das mulleres, promocionar o aumento das rendas da muller campesiña, potenciar novos cultivos, fomentar o empoderamento das mulleres das comunidades de El Castillo e El Castillito. Queríanse comercializar os productos obtidos polas mulleres e fortalecer as relacións intrafamiliares. Durante a súa visita dos días 1 e 2 de xullo, Gladys Cáceres, directora do Instituto de Promoción Humana, mantivo entrevistas con membros da executiva do Fondo, da Deputación Provincial de Pontevedra, con alcaldes, concelleiros e concelleiras de Poio e O Porriño. Tivo tamén entrevistas cos medios de comunicación. A señora Gladys Cáceres visitou Galicia co propósito de render contas e informar sobre a evolución dos proxectos subvencionados polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Ademais das explicacións orais, Gladys Cáceres, facilitou informes económicos e de seguimento dos 3 proxectos. Esta visita serviu non só para estreitar lazos e achegar experiencias entre o Instituto de Promoción Humana e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, senón tamén para que os socios do Fondo, e en xeral, a cidadanía galega poida coñecer máis de cerca a realidade do labor do Fondo no área de Centroamérica, máis concretamente, nun dos países máis pobres da zona, Nicaragua. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
O abono das cotas |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
O 50 % dos proxectos aprobados na convocatoria de 2004 xa están en marcha. Iso obriga ao Fondo Galego a contar con dispoñibilidade económica para poder afrontar o financiamento. Se ben algúns concellos e entidades asociadas xa fixeron os seus oportunos ingresos deste exercicio, algo máis do 50% dos socios, interesa a todos os demais saber que os retrasos complican enormemente a xestión e dificultan a realización dos obxectivos que nos son propios, restando unha considerable eficacia e danando a imaxe de seriedade e rigor do Fondo e do municipalismo galego. Queremos por iso facer unha chamada de atención xeral para que se aborde esta cuestión coa máxima dilixencia posible. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
10 premisas básicas para lograr unha cooperación de calidade |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Na reunión do pasado 2 de xullo, en Barcelona, a Confederación de Fondos, onde participa o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, estableceu as súas prioridades en canto ó desenvolvemento do Sur. Dez premisas básicas que debe ter en conta Europa para lograr unha cooperación de calidade: 1. Fomento da xustiza social e a inclusión social. Debe ser o fundamento da nosa cooperación. 2. Participación. Entendida como a participación da sociedade civil nos procesos de definición de políticas. 3. Empoderamento dos actores locais e a descentralización de políticas. O importante é apoiar políticas e procesos no Sur. 4. Promoción da condonación da débeda externa. Preténdese eliminar barreiras ó desenvolvemento, coma é a débeda. 5. Desvincular a axuda oficial ao desenvolvemento. Para poder aumentar as capacidades dos actores locais. 6. Reforzar a coordinación e complementariedade das políticas dos estados membros coa política europea. O consenso é fundamental para poder chegar a posicións rectoras comúns no ámbito da cooperación. 7. Fomento dunha axuda humanitaria comprometida cos cambios. Que sexa comprometida, reactivadora, global e subsidiaria. 8. Estructurar unha cooperación dos procesos en lugar dunha cooperación de proxectos. Búscase traballar dende unha incidencia global. 9. Promover unha política de prevención de conflictos e cultura da paz-diálogo. Necesidade dun programa específico para o acompañamento internacional dos procesos de paz. 10. Declarar o recoñecemento das redes de municipios como axentes activos das políticas, programas e proxectos de cooperación ó desenvolvemento da Unión Europea. Significa recoñecer os municipios coma verdadeiros axentes de cooperación que reforzan o desenvolvemento local. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Mapa de socios do Fondo Galego |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 11/07/2004 |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||