O Fondo Galego adapta os Estatutos á nova normativa legal |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Será ese o cometido principal da Asemblea extraordinaria que celebrará o Fondo Galego o próximo 14 de maio. Trátase de que antes do 26 de maio, data límite, os novos Estatutos, que deben recoller as previsións contempladas na Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, se inscriban no correspondente rexistro. A adaptación implica a modificación dalgúns artigos referidos esencialmente a aspectos como: a definición das actividades a través das cales o Fondo pretende acadar os seus obxectivos (art 3) ; a actualización do domicilio social, dado que nos estatutos aínda vixentes figura a anterior sede da Fegamp; a flexibilización da validez das Asembleas de xeito que se garanta a adopción de decisións fortalecendo a participación pero sen que as deficiencias desta impidan o funcionamento normal (art 13); unha referencia ao proceso de elección da Comisión Executiva (art 18) contemplando a posibilidade natural de que concorran varias listas; a previsión de reunións mensuais da Comisión Executiva (art 20); a posibilidade de realizar operacións de tesourería (art 26) previo acordo da Comisión Executiva; unha maior precisión do réxime económico e da documentación social (art 34 a 40); e unha mellor definición das causas de disolución (art 41). Ademais, o Capítulo III foi obxecto dunha reordenación, de xeito que poida entenderse mellor o réxime dos socios titulares, colaboradores e protectores. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Resolución da convocatoria de Proxectos de 2004 |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Previamente á Asemblea extraordinaria, os asociados están convocados a unha Asemblea ordinaria na que deberán pronunciarse sobre a proposta de resolución da convocatoria de proxectos de 2004. O documento foi analizado pola Comisión Executiva na xuntanza celebrada o 7 de maio e ven a respaldar a proposta formulada pola Ponencia Técnica que avaliou todos os proxectos presentados, un total de 49. Na Ponencia participaron representantes da Deputación de Pontevedra e dos concellos de Culleredo, Arteixo, Vigo, Baiona, e da propia Secretaría do Fondo. Toda a documentación dos proxectos, seleccionados e non seleccionados, e dos baremos aplicados a cada un deles, está a disposición na Secretaría. Nos criterios barallados pola Ponencia destácase a contía, estimando a súa accesibilidade en función dos recursos orzamentarios de que dispoñemos, e en canto ao contido dos proxectos, priorizáronse tres áreas: en primeiro lugar, os que incidan na transformación das condicións materiais de existencia das comunidades para favorecer o seu maior benestar; as cuestións de xénero, en segundo lugar; e por último, a formación. En canto aos promotores dos proxectos, se prestou especial atención á necesidade de afortalar o tecido asociativo existente en Galicia. A proposta inicial e que será sometida á Asemblea ronda os 146.000 euros, cantidade á que deberán sumarse outras previsións relativas aos compromisos de cooperación directa, ben sexa continuadores de anteriores actuacións ou que deberán iniciarse no presente exercicio. Resolvendo en Asemblea esta convocatoria, todos os asociados teñen a posibilidade de participar directamente nunha das decisións fundamentais do Fondo e que da sentido a todo o proxecto: a asignación de recursos públicos a accións transformadoras da realidade existente nas comunidades do Sur. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
A sensibilización vai collendo cada vez máis pulo |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
A celebración de Xornadas provinciais –a última a de A Coruña– e a posta en marcha de novas exposicións, como a denominada “A paz, cuestión de Fondo”, están a remover as sensibilidades do mundo local coa cooperación ao desenvolvemento. Numerosos concellos están a amosar un interese crecente por presentar estas iniciativas, dinamizadas pola Rede Municipalista Solidaria que iniciará a segunda ronda de contactos o próximo día 12 de maio en Redondela. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Mos no Fondo Galego |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
O Concello de Mos, na provincia de Pontevedra, ven de decidir a súa incorporación ao Fondo Galego, por unanimidade de todos os membros que compoñen a Corporación Municipal. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Reunión da Confederación de Fondos |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Será en Bilbao o próximo 17 de maio e nela será relevado Joan Aguado, actual presidente, completando así todo o proceso de renovación das estructuras dos Fondos a resultas das eleccións municipais. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Seminario Galicia-Portugal |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
O encontro entre municipios galegos e portugueses para analizar as políticas públicas de cooperación ao desenvolvemento e concretar mecanismos de colaboración, con vistas a formular proxectos conxuntos na África de expresión portuguesa que poidan acadar financiamento comunitario, será o obxecto do encontro de traballo que se vai celebrar o próximo 21 de maio en Baiona. Dado que existe un gran descoñecemento mutuo neste sentido, agárdase un alto nivel de participación. Representantes da Cámara Municipal de Porto adiantaron a súa intención de presentar o seu Plan Estratéxico de Cooperación Internacional, recentemente elaborado. Esta iniciativa conta co apoio da Deputación Provincial de Pontevedra. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Desenvolvemento da Lei galega de cooperación |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
A Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior remitiunos o borrador de Decreto polo que se regulan os órganos de coordinación e asesoramento en materia de cooperación para o desenvolvemento e créase o Rexistro galego de axentes de cooperación para o desenvolvemento. A Comisión Executiva do Fondo Galego, reunida o 7 de maio de 2004, valorou en conxunto moi positivamente o texto remitido pola Xunta de Galicia. Non obstante, acordou trasladar algunhas suxestións concretas que aspiran a mellorar as súas previsións, insistindo na necesidade de alargar a representatividade dalgúns dos actores recoñecidos e outras matizacións de índole menor. O Fondo Galego ten garantida, por lei, a presencia na Comisión Interterritorial, que reúne a representantes da Administración autonómica e local, e no Consello Galego de Cooperación ao Desenvolvemento, sendo o único actor, ademais da propia Xunta de Galicia, que participa en ambos órganos, fundamentais para a xestión da cooperación na nosa Comunidade. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Mapa de socios do Fondo Galego |

ÚLTIMA REVISIÓN: 09/05/2004 |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||