Máis concellos no Fondo en Pontevedra |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
As Xornadas de Cooperación que organizamos en Pontevedra o pasado 1 de abril co apoio e patrocinio da Deputación Provincial permitiron clarificar un pouco máis a importancia e a necesidade de incorporar a cooperación internacional ao desenvolvemento como unha política pública no ámbito municipalista. Como sinalou o presidente da entidade, Rafael Louzán, no momento da inauguración, a cooperación debe ser cousa de todos e nela podemos atoparnos todas as sensibilidades e proxeccións. O apoio do ente provincial ten sido tradicionalmente moi destacado no impulso do compromiso coa cooperación. En boa medida, a optimista realidade do Fondo Galego en Pontevedra é consecuencia do positivo efecto da Xornada celebrada hai catro anos neste mesmo lugar. Pontevedra é a provincia con máis socios no Fondo Galego, representando o 32,25 % do total de concellos, e o 66,99% da poboación, cunha franxa especialmente relevante entre os concellos medianos, que ascende ao 41,66% do total. Nesta edición participaron un total de vinte concellos, dos que dez non estaban asociados (As Neves, Caldas de Reis, Cambados, Cercedo, Lalín, Marín, Mos, Portas, Sanxenxo e Vilaboa). É previsible que nas próximas semanas, tal como moitos representantes políticos manifestaron durante o encontro, se formalicen algúns acordos de adhesión. Foi igualmente importante a participación de membros xa asociados, porque o intercambio de experiencias e a valoración individualizada da propia traxectoria e participación no Fondo permitiu a todos calibrar en maior medida a transcendencia desta iniciativa que aspira a consolidarse como un referente esencial da cooperación en Galicia. A xornada contou coa participación e a presencia de Jesús Gamallo Aller, secretario xeral de relacións coa UE e Cooperación Exterior, quen debuxou as grandes liñas da cooperación que desenvolve a Xunta de Galicia e expresou a súa ledicia polo nivel de acompañamento e colaboración que se opera dende o Fondo Galego, para que o conxunto das administracións públicas traballen nunha mesma dirección. Alfredo Novoa, presidente do Fondo, ratificou esa liña de entendemento, que reforza as potencialidades da cooperación galega, nun momento de crecemento especialmente importante. Das enquisas recollidas se deduce que os participantes valoraron de forma moi positiva esta actividade, considerando útil e suficiente o material entregado, así como moi satisfactorias o conxunto de opinións expresadas polos relatores. En breve, será A Coruña quen acolla unha edición das Xornadas Provincias de Cooperación. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Sensibilización: Concurso de Redacción |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Finalmente, se inscribiron no concurso de redacción un total de doce institutos de A Rúa, Burela, Santiago, Lousame, Ferrol, Vigo, A Coruña, Pobra do Caramiñal, Ourense, Cangas e Poio. Destes doce institutos, dez radican en concellos que son socios do Fondo Galego. Unha vez recibidos os textos, designarase un xurado e, conforme ás previsións establecidas nas bases, emitirase un dictame que será divulgado a todos os centros inscritos e á sociedade en xeral. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Sensibilización: A ruta de “O eterno feminino” |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
A exposición, que inclúe fotografías de Xosé Abad, foi inaugurada en Poio, e agora segue o seu camiño por Porto do Son e Lousame, á espera de novas solicitudes e confirmacións. En Poio, a acollida foi excelente, segundo indicou María do Carme Iglesias, concelleira do área de Servicios Sociais, que salientou a excelente calidade das fotografías presentadas, que estiveron acompañadas do propio autor, Xosé Abad. A exposición, “A paz, cuestión de fondo”, estará en breve a disposición de todos os asociados. Confeccionada en lona, recolle varias ducias de viñetas de outros tantos autores de diferentes países que reflexionan en común sobre o racismo, a violencia e a paz. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Proxectos 2004 |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
A convocatoria de proxectos rematou o 31 de marzo. Neste momento están a ser analizados na Secretaría do Fondo, a fin de precisar unha radiografía da súa orixe, contidos e demais pormenores. A Ponencia Técnica que os analizará vaise reunir o próximo 22 de abril en Baiona e a Asemblea para resolver a convocatoria celebrarase en Santiago o próximo 14 de maio. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Adaptación estatutaria |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Será o 14 de maio tamén cando realicemos a Asemblea extraordinaria para a adaptación dos estatutos do Fondo á nova Lei orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
O abono das cotas |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
A medida que se aproxima a resolución da convocatoria de proxectos, maior importancia adquire a disponibilidade económica para afrontar o seu financiamento. Se ben algúns concellos e entidades asociadas xa fixeron os seus oportunos ingresos deste exercicio económico, interesa a todos os demais saber que os retrasos complican enormemente a xestión e dificultan a realización dos obxectivos que nos son propios, restando unha considerable eficacia e danando a imaxe de seriedade e rigor do Fondo e do municipalismo galego. Queremos por iso facer unha chamada de atención xeral para que se aborde esta cuestión coa máxima dilixencia posible. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Encontro sobre a cooperación en Galicia e en Portugal |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
O 21 de maio reunirémonos concellos galegos e cámaras municipais de Portugal para analizar as singularidades respectivas da cooperación internacional ao desenvolvemento. Ese coñecemento será o primeiro paso para avanzar na formulación de proxectos conxuntos, ben sexa con fondos propios, ou a través das canles establecidas no ámbito comunitario. A cooperación galega ven manifestando un crecente interese pola cooperación nos países africanos de expresión portuguesa e os veciños de alén Miño poden ser os socios ideais para concretar e ampliar as posibilidades que o propio Fondo xa ven promovendo dende hai anos, executando directamente proxectos en Cabo Verde ou a través de ONGs, en Angola ou Mozambique. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Mapa de socios do Fondo Galego |

ÚLTIMA REVISIÓN: 04/04/2004 |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||