Infórmate a Fondo


Volver a Fondo GalegoNúmero 60 - 8 de marzo de 2004

Sumario


  Núm anteriores
    A cooperación galega disporá dun Plan Director    
nº 059 - 09/02/2004
nº 058 - 15/01/2004
nº 057 - 09/12/2003
nº 056 - 28/11/2003
nº 055 - 11/11/2003
nº 054 - 13/10/2003
nº 053 - 15/09/2003
nº 052 - 14/07/2003
nº 051 - 22/06/2003
nº 050 - 26/05/2003
nº 049 - 12/04/2003
...
Adhesións
Xornadas de cooperación
Concurso de redacción
O eterno feminino
Actividades de sensibilización
Solidariedade con Marrocos
Mapa de socios do Fondo Galego

Volver ó sumario
A cooperación galega disporá dun Plan Director

Nun encontro mantido en Santiago a instancias da Xunta de Galicia, foi presentado un avance do Plan Director da Cooperación Internacional ao Desenvolvemento, un documento substancial que resume nun diagnóstico a situación da cooperación en Galicia, e define os eixes estratéxicos básicos para dotar de coherencia as actuacións a desenvolver nos próximos anos. Na xuntanza, na que participaron polo Fondo Galego, Alfredo Novoa e Xulio Ríos, se intercambiaron ideas diversas que evidenciaron tanto o desexo de enriquecer a proposta inicial como a actitude claramente receptiva da Administración galega para integrar as opinións dos actores básicos da cooperación. Despois de ser sometido a análise por parte dos diferentes estamentos da Administración autónoma e previa consulta cos actores, será remitido ao Parlamento de Galicia para o seu debate e aprobación.

 
Volver ó sumario
Adhesións

Guitiriz, Cambre e Carballo, pasaron a engrosar a listaxe de novos asociados do Fondo Galego. Outros tantos poderán facelo nas próximas semanas. Na actualidade, o Fondo, cos seus máis de sesenta asociados, representa ao 58 por cento da poboación galega.

 
Volver ó sumario
Xornadas de cooperación

Para divulgar e dar a coñecer a naturaleza e actividades do Fondo Galego, se programaron para o primeiro semestre de 2004 dúas Xornadas Provinciais de Cooperación que se desenvolverán en Pontevedra (1 de abril) e en A Coruña (30 de abril). En ambos os dous casos, os obxectivos son:

• Informar das posibilidades de establecer liñas de cooperación e solidariedade dende os Concellos, calquera que sexa o seu tamaño ou capacidade económica.

• Intercambiar impresións sobre as experiencias desenvolvidas en Galicia e noutras Administracións, procurando extraer aquelas conclusións máis acaídas para incrementar a sensibilidade solidaria.

• Presentar ós asistentes o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Entre os destinatarios cabe destacar: alcaldes, concelleiros de Benestar Social e ou Cooperación, asistentes sociais, técnicos municipais con responsabilidade nesta área, concelleiros de todos os grupos políticos presentes nas Corporacións locais.

As Xornadas, que contan co apoio financeiro e organizativo das respectivas Deputacións provincias, deben marcar un novo impulso para o reforzamento da base asociativa do Fondo nas respectivas demarcacións provinciais, especialmente entre os Concellos medianos que aínda están por integrarse no Fondo Galego.

 
Volver ó sumario
Concurso de redacción

É outra actividade que xa está en marcha. A todos os centros de ensino secundario de Galicia, públicos e privados, debeu chegar un cartel e unha folla informativa, animando aos estudiantes a participar nesta iniciativa que pretende sensibilizar aos mozos e mozas sobre a importancia da solidariedade internacional e sentar as primeiras bases dun traballo sostido coa comunidade educativa que no inmediato futuro podería concretarse noutras actuacións.

 
Volver ó sumario
O eterno feminino

Coas magníficas fotografías de Xosé Abad, esta exposición iniciou o seu percorrido polos Concellos asociados, acompañada dun cartel informativo e unha octavilla que incorpora as impresións de Margarita Ledo Andión, María Xosé Queizán e Teresa Barro. Trátase dunha concreción máis da oferta solidaria e sensibilizadora do Fondo que debe xestionarse desde a Rede Municipal Solidaria que conseguimos reunir nas últimas semanas.

 
Volver ó sumario
Actividades de sensibilización

Entre os proxectos inmediatos figura a elaboración dunha nova exposición, de viñetas de autores de diferentes países, comprometidos na loita contra a pobreza, o racismo e coa defensa dos dereitos humanos. Ademais, estase a preparar a Memoria de Actividades de 2002-2003, un novo Caderno de preguntas e respostas relativo aos proxectos que o Fondo ven financiando (como, por qué, para qué, con quen, en que ámbitos, en que países, etc). Por outra banda, preparouse unha nova edición actualizada do tríptico informativo do Fondo Galego, que pode contribuír a facilitar o coñecemento sobre a nosa entidade. A xustificación deste impulso sensibilizador radica nos seguintes elementos:

1) En primeiro lugar, a solidariedade e a cooperación están cada día máis presentes na conducta social e na acción dos poderes públicos. A cidadanía participa de xeito activo neste fenómeno, comprometéndose coa procura de sociedades máis dignas e xustas.

2) En segundo lugar, as administracións locais e provinciais non poden nin deben obviar esta tendencia, e mesmo cómpre unha aposta por compartir e liderar uns impulsos aínda excepcionais e que, pola contra, deben formar parte dunha normalidade sostida e permanente que contribúa á configuración dunha sociedade máis solidaria.

3) En terceiro lugar, non son desexables respostas individuais e individualizadas senón cooperativas. Os poderes públicos deben dar exemplo, fomentando a cooperación interadministrativa e asentando aqueles instrumentos que permiten o desenvolvemento dunha acción máis eficaz.

Por último, a cooperación e a solidariedade constitúen un lugar de encontro posible para todas as sensibilidades políticas e partidarias. Así quedou demostrado recentemente coa aprobación unánime da Lei galega de cooperación internacional ao desenvolvemento e máis aínda a través do propio exemplo do Fondo Galego que dende 1997 promove a solidariedade municipalista nun marco de respecto e de entendemento admirable. Esas son as ideas que queremos sementar e transmitir para que a cooperación municipalista en Galicia gañe amplitude, calidade e transcendencia alá onde se necesita.

 
Volver ó sumario
Solidariedade con Marrocos

“Ante a catástrofe provocada polo terremoto que sacudiu o norte de Marrocos, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, como entidade asociativa do municipalismo galego, pon os seus medios a disposición de todos os Concellos e Deputacións para canalizar a axuda directa ós damnificados, a través da conta de emerxencias (Galicia Fene: 2091.0209.10.3040019000)”.

Así rezaba o comunicado emitido polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade dirixido ao conxunto das Corporacións locais e provinciais de Galicia, para impulsar a coordinación humanitaria local na nosa Comunidade Autónoma coas víctimas da traxedia que está a asolar este país norteafricano.

O Fondo alentou ás Corporacións locais e provinciais para que canalicen as axudas propias, dos seus corporativos, dos seus funcionarios e dos seus traballadores, a traveso desta conta. Deste xeito evitamos a improvisación e a dispersión de recursos, facilitaremos a entrega directa e máis rápida, melloraremos a súa xestión e reforzaremos o Fondo como instrumento de referencia na vida municipal para impulsar as accións de solidariedade.

 
Volver ó sumario
Mapa de socios do Fondo Galego
A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
Deputación Lugo Deputación Deputación
A Coruña Mondoñedo Allariz A Cañiza
A Pobra do Caramiñal Samos Ferrol A Estrada
Ames Sarria O Barco A Guarda
Arteixo   O Irixo Baiona
As Pontes   Ourense Bueu
Bergondo   Vilar de Santos Cangas
Betanzos     Cuntis
Boiro     Gondomar
Brión     Moaña
Cabanas     Nigrán
Carral     O Porriño
Cedeira     O Rosal
Cerceda     Poio
Culleredo     Pontecesures
Fene     Pontevedra
Ferrol - - Redondela
Lousame - - Rodeiro
Mugardos     Soutomaior
Narón - - Vigo
Neda - - Vilagarcía de Arousa
Noia

Mapa de Socios do Fondo Galego-

Oleiros
Outes
Pontedeume
Porto do Son
Rianxo
Sada
Santiago
 
 
 

Números anteriores: ... 048 / 047 / 046 / 045 / 044 / 043 / 042 / 041 / 040 / 039 / 038 / 037 / 036 / 035 / 034 / 033 / 032 / 031 / 030 / 029 / 028 / 027 / 026 / 025 / 024 / 023 / 022 / 021 / 020 / 019 / 018 / 017 / 016 / 015 / 014 / 013 / 012 / 011 / 010 / 009 / 008 / 007 / 006 / 005 / 004 / 003 / 002 / 001
 
Volver a Fondo Galego

Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 08/03/2004
Fernando Pol