Enredados coa Solidariedade |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Baiona acolleu a primeira reunión da Rede Municipalista Solidaria da Área Metropolitana de Vigo, integrada por unha ducia de concellos que desenvolven políticas de cooperación ó desenvolvemento nos países do Sur e son asociados do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Ao acto de constitución desta Rede asistiu a responsable de Sensibilización e Formación do Fondo Galego, Aurora Carbajal. Despois de Baiona, os concellos de Pontevedra, A Pobra do Caramiñal, Culleredo, Fene, Lugo e Ourense, son as citas territoriais nas que os funcionarios designados de cada unha das entidades asociadas ao Fondo Galego se informaron dos pormenores de funcionamento e obxectivos que pretende acadar a Rede Municipal Solidaria. Igualmente, no decurso destas xuntanzas se informou da oferta que o Fondo pon a disposición de todos os concellos para planificar e desenvolver actividades locais de sensibilización. Ademais da oferta xenérica, se insistiu na importancia de que a sensibilización teña en conta as singularidades de cada situación e por iso interesa especialmente que a Rede sexa un instrumento real que facilite a comunicación entre os asociados e a Secretaría do Fondo, sobre quen recae a responsabilidade de deseñar alternativas a esas situacións e que deben contribuír a que a cidadanía tome conciencia e coñecemento do que se está a facer neste eido, un capítulo cada vez máis presente na acción municipal, tamén en Galicia. Ao longo dos últimos anos, o Fondo Galego elaborou diversa documentación e dispón de varios medios que poden ser utilizados polos diferentes Concellos para impulsar actividades de sensibilización. Este colectivo de persoas porán en común as súas experiencias, propoñendo, en función da súa propia realidade social, aquelas actuacións que poidan resultar de maior interese en función das súas circunstancias concretas (irmanamentos, inmigración, traxectoria solidaria, presencia de ONGDs locais, etc). Todo o programa conta co apoio da Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior da Xunta de Galicia. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Fegamp e Fondo Galego, por un impulso da cooperación |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade apostaron recentemente por un renovado impulso da cooperación municipalista. Nun encontro mantido entre os responsables da Fegamp, José Crespo, e do Fondo Galego, Alfredo Novoa, ambos coincidiron en sinalar a importancia de dar un novo impulso ás actuais políticas de cooperación municipal en Galicia cos países do Sur. José Crespo, comprometeu o firme apoio da Fegamp a ese proceso e mesmo un maior respaldo para afirmar este eixe da actuación pública cada vez máis importante. Segundo Alfredo Novoa, o encontro serviu para aproximar posicións nesta nova etapa, buscando unha converxencia necesaria de actitudes para que o considerable avance da cooperación municipalista, arredor do Fondo Galego, dos últimos anos, poida consolidarse e medrar con parámetros de maior calidade. A coincidencia da recente aprobación da lei galega de cooperación e o inicio dunha nova etapa na Fegamp, aseguran ambos os dous, son factores que poden favorecer un avance cualitativo neste eido. Ao encontro asistiron tamén, por parte da Fegamp, o seu vicepresidente, Manuel Lagares, e por parte do Fondo Galego, Aurora Carbajal, concelleira de Nigrán, e Xulio Ríos, secretario da entidade. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deputación de A Coruña e Concello de Vigo: máis Fondo |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
A deputada Margarida Vázquez Veras asegurou a unha representación do Fondo a súa aspiración a afortalar a cooperación da Deputación de A Coruña co Fondo Galego e prestar todo o seu apoio para fomentar a adhesión dos concellos da provincia. No Pazo de Mariñán se celebrarán no mes de abril unhas xornadas de sensibilización, semellantes ás que se promoverán en Pontevedra un mes antes. Por outra banda, Corina Porro, alcaldesa de Vigo, nunha entrevista mantida co secretario do Fondo, Xulio Ríos, amosou a súa total disposición para perseverar e reforzar a colaboración da cidade olívica co Fondo Galego. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Plan Director de Cooperación ao Desenvolvemento |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
En breve será presentado aos actores da cooperación este documento, peza clave no deseño da estratexia a seguir por Galicia. A iniciativa redactora corresponde á Xunta de Galicia e debe ser obxecto de aprobación no Parlamento. O Plan Director pode permitir o establecemento de liñas de traballo compartidas por parte de todos os actores e sentar as bases non soamente para mellorar a calidade da nosa cooperación senón tamén ese impulso que precisa. A elaboración do Plan Director é unha das primeiras consecuencias positivas da aprobación da Lei galega de cooperación ao desenvolvemento. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Visita de Mónica Baltodano e Unicef-Galicia |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
A presidenta da fundación nicaraguense Popol Na, foi recibida polo presidente do Fondo Galego, Alfredo Novoa, e a responable de proxectos, Marta Iglesias. Ademais de presentar a situación xeral de Nicaragua e das iniciativas que promove a súa Fundación, unha das institucións non gobernamentais municipalistas mais importantes do país centroamericano, se estudiaron mecanismos posibles de cooperación futura. Mónica Baltodano, ex ministra de asuntos municipais de Nicaragua, participou en Fene nunha conferencia pública que foi seguida con enorme interese polo numeroso público asistente. Foi presentada por Xosé María Permui. Por outra banda, unha delegación de Unicef-Galicia, presidida polo seu coordinador autonómico de programas, Mikel Urquiola, visitou a Secretaría do Fondo Galego para dar conta das súas iniciativas e analizar as posibilidades de presentar propostas de proxectos a financiar polo Fondo Galego. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Máis adhesións |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Cambre, Abegondo, Carballo, Ribadavia, Mos, Ribadeo, Monforte, Viveiro, figuran entre os concellos que estudian adherirse ao Fondo nas próximas semanas, decisións das que iremos dando conta neste Boletín informativo. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Mapa de socios do Fondo Galego |

ÚLTIMA REVISIÓN: 09/02/2004 |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||