Bases da Convocatoria de Proxectos para 2004 |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Na xuntanza que a Comisión Executiva celebrou o 9 de xaneiro, foron aprobadas as Bases da Convocatoria de Proxectos para 2004. Previamente, nunha xuntanza coas ONGDs, no marco do Consello Municipalista da Cooperación, foron debatidas e analizadas as diferentes propostas de modificación. Poucas son as novidades. As principais afectan á necesidade de recoller mellor o empeño nas accións contra a discriminación por razón de xénero, e a que esixe como requisito das entidades beneficiarias que conten cunha presencia real en Galicia. Todas as propostas das ONGDs foron recollidas no documento final. Ábrese agora un prazo ata o 31 de marzo para que se poidan presentar os correspondentes proxectos na Secretaría do Fondo. Interesa que a nivel local se lle dea o máximo de difusión a esta convocatoria. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
O Fondo, coa Confederación, en Córdoba e Barcelona |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Nidia Álvarez, vicepresidenta do Fondo, encabezou a representación galega na xuntanza que a Confederación de Fondos celebrou en Córdoba no pasado mes de decembro. No marco dese encontro se presentou a rede europea de municipios solidarios con Palestina e pola Paz en Oriente Medio, coa participación de Delphine Crevolá, responsable da área mediterránea de Cites Unies, de Francia. Igualmente se informou do proceso de renovación das directivas de todos os Fondos, nove na actualidade; dos avances rexistrados para obter un maior recoñecemento por parte da Unión Europea da realidade da cooperación descentralizada, e da posta en marcha do Observatorio da Cooperación Descentralizada. O pasado día 12, en Barcelona, os equipos técnicos dos Fondos se reuniron para avanzar nos detalles dos acordos adoptados en Córdoba e preparar a Asemblea xeral da Confederación que se reunirá en Bilbao no próximo mes de febreiro. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Observatorio da Cooperación Descentralizada |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Trátase de impulsar a creación dun espacio en Internet que dea conta da rica e plural realidade da cooperación municipalista. Estructurarase arredor de tres eixes: normativa, documentación e datos. Dende hai semanas se está introducindo numerosa información, especialmente no primeiro ámbito, onde podemos atopar lexislación tanto española como comunitaria. Tamén o espacio de documentación recolle as aportacións analíticas que se suxiren dende os Fondos. O espacio de datos é esencial para dar conta do volume cuantitativo do compromiso local coa cooperación. Dada a dispersión de entidades resulta especialmente laborioso recoller esta información e por iso se precisa a colaboración de todos e todas. Dende a Secretaría do Fondo se está enviando ás entidades asociadas un pequeno formulario para obter os sinais básicos que logo serán tratados e incorporados á web. Agradécese toda a colaboración que se poida prestar. A Secretaría aclarará todas as dúbidas que poidan xurdir. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
A Fegamp revalida o seu compromiso coa cooperación |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Na Asemblea xeral que a Fegamp celebrou en Santiago o 4 de decembro, revalidouse o compromiso coa cooperación e a solidariedade internacional, explicitando o seu apoio expreso a fórmulas como a representada polo Fondo Galego como mecanismo idóneo para vertebrala e impulsala na nosa Comunidade. Nas próximas semanas, os presidentes da Fegamp e do Fondo Galego atoparanse para evidenciar ese marco de entendemento que tantos froitos positivos está a dar. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
O Parlamento europeo coa cooperación municipal |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
O pasado 18 de decembro, o Parlamento europeo aprobou unha resolución lexislativa sobre a proposta do Regulamento da cooperación descentralizada que incorpora como actor da cooperación aos Fondos, facendo posible e indiscutible que se poidan beneficiar das axudas financeiras da Unión Europea. Unha vez que a Comisión Europea dea o seu visto e prace e se publique no Diario Oficial, entrará en vigor. Esta aprobación é froito do proxecto de incidencia na UE, que a Confederación de Fondos puxo en marcha hai un ano a fin de obter unha maior visibilidade da cooperación local e acadar un recoñecemento adecuado a todos os niveis. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Novas altas no Fondo |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Ames e Sada xa adoptaron o preceptivo acordo. Tamén Abegondo, Mos e Cambre estudian a posibilidade de adherirse ao Fondo nestes días. E numerosos concellos, en todas as provincias, abordarán nas próximas semanas esta proposta. O obxectivo é intentar que en 2004 se experimente un salto significativo no incremento da base asociativa e demográfica do Fondo Galego, achegando a máis entidades ao esforzo de cooperación e solidariedade internacional. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Mónica Baltodano, de Nicaragua, reúnese co Fondo Galego |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
A presidenta da entidade municipalista POPOLNA visita Galicia en xaneiro para manter unha serie de encontros con diferentes actores da cooperación, habida conta que boa parte do compromiso solidario da nosa Comunidade ten como destinatario principal este país centroamericano. No decurso da súa estancia en Galicia, Mónica Baltodano reunirase con representantes do Fondo Galego para analizar as perspectivas de incrementar a colaboración no futuro inmediato. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Os primeiros pasos da Rede Municipal Solidaria |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
O 22 de xaneiro, en Baiona, iniciaranse as reunións da Rede Municipal Solidaria. Estructurada territorialmente en sete áreas, acollerá aos representantes de diferentes concellos adheridos ao Fondo co obxecto de programar actividades de sensibilización que permitan á cidadanía coñecer máis de preto que se está a facer neste eido da actuación pública. Con este programa, financiado pola Xunta, o Fondo pretende deseñar unha política de sensibilización que teña en conta as demandas máis sentidas dos concellos en base á súa propia problemática e achegar todos os materiais editados e preparados para facelos chegar aos colectivos obxectivamente máis interesados na súa dinamización. Despois de Baiona, serán Pontevedra, Lugo, Ourense, Santiago, Ferrol e A Coruña os puntos de referencia de máis encontros, que non terán sede fixa pero si aspiran a establecer un compromiso duradeiro das entidades locais coa solidariedade. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Mapa de socios do Fondo Galego |

ÚLTIMA REVISIÓN: 13/01/2004 |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||