O momento da sensibilización |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
No Plan Estratéxico que a Comisión Executiva aprobou a seguir da Asemblea de renovación de cargos en que foi elixida, salientouse a sensibilización como a clave máis innovadora que debe marcar a xestión dos próximos catro anos. Isto foi en novembro. Agora, na xuntanza que a Comisión Executiva celebrou o pasado día 3 de decembro, deuse un paso máis adiante para concretar os eixes operativos do que debe ser unha estratexia de comunicación e sensibilización.
Hai unha prioridade evidente, que son os socios, naturalmente. Entre eles, propóñense accións dirixentes aos corporativos e aos empregados públicos locais, así como ás respectivas sociedades, de xeito que se reforce a implicación social no apoio ás políticas de cooperación internacional. Nesa perspectiva, se concede unha especial importancia aos Consellos Municipais de Cooperación. Alí onde existan deben ser consolidados e dinamizados e o Fondo vaise implicar nese proceso. Os dinamizadores fundamentais neste sentido deben ser os funcionarios da rede que viñemos creando ao longo do último trimestre. Estructuramos o país en sete grupos nos que se integrarán os diferentes concellos e deputacións. A partir da segunda quincena de xaneiro comezarán as reunións e nelas atenderase a dous elementos: formación e programación. No ámbito da formación preparamos un programa elemental para adquirir as nocións mínimas nesta materia ao longo de catro sesións, expedíndose un diploma acreditativo. Para reforzala publicaremos dous novos cadernos: sobre a rede e o seu funcionamento; e sobre a cooperación practicada polo Fondo. A programación debe servir para poñer en funcionamento os recursos do Fondo: vídeo, carteis, exposicións, conferencias, seminarios, etc; e para planificar tendo en conta as demandas e necesidades de cada un dos concellos asociados, pero procurando sempre a implicación de colectivos sociais de certa significación, coma o educativo, para quen está pensado un concurso de redacción.
Dende a secretaría se reforzará o contacto cos gabinetes ou responsables de comunicación das entidades asociadas a fin de que os acordos e actividades se inclúan entre as informacións a facilitar aos medios, de forma que exista unha traducción local das noticias xeradas a nivel galego e mesmo que instrumentos de divulgación como este mesmo “Infórmate a Fondo” se traduza en noticia no ámbito local respecto daquelas informacións susceptibles de interese municipal.
Será un espacio de encontro para o debate promovido polo Fondo. Nel reuniranse todos os actores, facilitando a participación activa para analizar o momento da cooperación en Galicia e propor medidas e iniciativas para reforzala.
Un mecanismo pensado para analizar as estratexias de país, implicando as colectividades do Sur, as municipalidades, as asociacións de inmigrantes, as ONGDs, todos aqueles que conten con experiencia na cooperación desenvolvida nun país determinado, a fin de mellorar a nosa eficacia e o noso traballo, aproveitando as sinerxías e aprendendo todos de todos.
En conxunto, a estratexia de sensibilización que se propón é un proceso de ida e volta. A cooperación dos municipios non se pode limitar a transferir recursos para facer proxectos. Debemos amosar á cidadanía que proxectos executamos, cal é a súa utilidade, que pensan os beneficiarios, etc, para dotar dun soporte social activo estas políticas. Soamente así avanzaremos na creación dunha conciencia máis solidaria, máis militante na reclamación dun mundo mais xusto e humano. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Apoio renovado da FEGAMP |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
A Asemblea Xeral da FEGAMP reunida en Santiago de Compostela o 4 de decembro de 2003 renova o seu apoio ao Fondo Galego.
1. O incremento da conciencia social arredor da necesidade de desenvolver políticas públicas activas de cooperación internacional, callou nun maior compromiso das institucións locais e provinciais que non parou de medrar nos últimos anos. 2. A creación do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade marcou un antes e un despois na implementación destas políticas e definiu un cambio de tendencia que asenta nun discurso compartido por todas as forzas políticas presentes no municipalismo galego. 3. A recente aprobación da Lei galega de cooperación para o desenvolvemento define un marco global de actuación no que a solidariedade municipalista se acredita como un actor recoñecido e solvente. 4. Vertebrada e orientada no esencial a cooperación exterior de Galicia, é o momento de propiciar un novo impulso da cooperación ó desenvolvemento no ámbito local, favorecendo un maior compromiso cuantitativo e cualitativo das nosas entidades, de xeito que, reforzando o Fondo como instrumento cooperativo, poidamos ser máis eficaces coa nosa axuda e desenvolver unha cooperación de calidade e que respecte o protagonismo esencial dos beneficiarios. 5. En paralelo, a cooperación municipalista se compromete a impulsar políticas activas de sensibilización que evidencien ante a cidadanía os positivos efectos destas iniciativas e permitan un acompañamento clarificador da evolución do compromiso solidario a nivel da nosa Comunidade e de cada institución local. 6. Apostamos igualmente pola consolidación dun marco galego da cooperación que afiance os procesos de capacitación e especialización dos nosos técnicos e cooperantes, que afiance a totalidade do proceso que se inicia coa identificación dos proxectos ata a súa execución e avaliación, e que oriente a nosa cooperación tendo en conta a definición dos intereses esenciais da nosa acción exterior. 7. Os Concellos e Deputacións de Galicia, reunidos nesta Asemblea, proclamamos e revalidamos a nosa firme vontade de perseverar e estender o noso compromiso solidario coas sociedades máis desfavorecidas, privilexiando o fortalecemento daquel espacio de cooperación, o Fondo Galego, que nos permite impulsar un desenvolvemento participativo e eficaz. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Mapa de socios do Fondo Galego |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 08/12/2003 |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||