Infórmate a Fondo


Volver a Fondo GalegoNúmero 55 - 11 de novembro de 2003

Sumario


  Núm anteriores
    “Non nos quedaremos atrás”    
nº 054 - 13/10/2003
nº 053 - 15/09/2003
nº 052 - 14/07/2003
nº 051 - 22/06/2003
nº 050 - 26/05/2003
nº 049 - 12/04/2003
048 / 047 / 046 / 045
044 / 043 / 042 / 041
040 / 039 / 038 / 037
036 / 035 / 034 / 033
032 / 031 / 030 / 029
028 / 027 / 026 / 025
024 / 023 / 022 / 021
020 / 019 / 018 / 017
016 / 015 / 014 / 013
012 / 011 / 010 / 009
008 / 007 / 006 / 005
004 / 003 / 002 / 001
Un Plan para acadar obxectivos e mudar situacións
Encontro con Xesús Palmou
Mapa de socios do Fondo Galego
 
 
 
 
 
 
 

Volver ó sumario
“Non nos quedaremos atrás”
Ese foi o espírito determinante da primeira xuntanza que celebrou a Comisión Executiva do Fondo Galego despois da Asemblea do 10 de outubro e que renovou a súa composición para afrontar os próximos catro anos. En suma, tomando nota dos novos tempos que animan a cooperación ó desenvolvemento en Galicia, cunha Lei aprobada por unanimidade que establece un marco de traballo antes inexistente e un empeño político máis entusiasta nesta orde, como se puido constatar en diferentes reunións mantidas coas direccións do Partido Popular, do Partido Socialista e do Bloque Nacionalista Galego, o Fondo Galego confía en estar á altura e poder seguir o ritmo e mesmo situarse á fronte dese esforzo crecente da sociedade galega por implicarse nas políticas solidarias.

Actualmente, en moitas entidades locais e provinciais, cos procesos abertos para a confección dos orzamentos de 2004, existe un animado debate para incrementar as partidas de cooperación. Na Administración autonómica contémplase un incremento do 8 por cento que debe servir de referente para que os gobernos locais asuman un compromiso similar. A reflexión é oportuna. A decisión, necesaria.
 
Volver ó sumario
Un Plan para acadar obxectivos e mudar situacións
Os grandes obxectivos que a Comisión Executiva do Fondo Galego define para esta etapa son os seguintes:

Incremento substancial da base asociativa. Debemos garantir que todos os concellos de tamaño medio de Galicia estean no Fondo, de xeito que máis das tres cuartas partes da poboación galega participe a través das institucións municipais na xestión de programas e proxectos de cooperación ao desenvolvemento.

Incremento significativo da capacidade económica. Debemos actuar en dous sentidos. En primeiro lugar, procurando o incremento de aportacións mínimas dos socios. En segundo lugar, conveniando a transferencia da totalidade das partidas de cooperación das cidades e deputacións e de todos aqueles socios que o desexen reforzando a cooperación entre nós mesmos. Así mesmo, debemos perseverar na liña de cooperación coa Xunta de Galicia e coa AECI, pero asegurando sempre unha adecuada progresión no incremento da aportación dos recursos propiamente locais.

Mellora da visibilidade e a sensibilización. O labor de sensibilización despregado nos últimos anos foi escaso, por mor da priorización do financiamento de proxectos con vistas a demostrar, pedagoxicamente e con resultados concretos, como con poucos recursos se podían facer grandes actuacións en determinados países. Despois de máis de cinco anos e cunha bagaxe de proxectos executados destacable, é importante que todo ese esforzo reverta en cada un dos asociados en forma de sensibilización, para que poidan transmitir á cidadanía propia o efecto destas políticas. A sensibilización debe ser nos próximos catro anos un capítulo significativo do actuar do Fondo, contribuíndo á mellora da visibilidade do seu traballo e procurando homologar as actuacións desenvolvidas a este nivel e a escala de toda Galicia.

Institucionalización do Fondo Galego. Como corresponde a unha entidade plenamente asentada, con relacións fluídas a todos os niveis, consolidando as relacións coa Xunta de Galicia e da AECI, non descoidaremos a necesidade de abordar dende a propia estructura da FEGAMP un novo enfoque da problemática da proxección exterior, facendo ver a importancia de abrir unha ruta local do internacional que abranga todos os aspectos relacionados coa acción exterior municipal (irmanamentos, Portugal, Europa) e a cooperación ao desenvolvemento.

Dez son as principais liñas de traballo que dende o Fondo Galego nos propoñemos impulsar nos próximos catro anos:

1. A creación e formación dunha rede municipal estable de persoal municipal implicado na cooperación ao desenvolvemento. Trátase dun aspecto substancial para que funcionen os vínculos entre os asociados e o Fondo, de xeito que as súas actividades e o conxunto da súa planificación poidan ter un efecto plausible en cada localidade. Contar en cada concello cun traballador público que colabore co Fondo permitirá multiplicar os efectos do seu actuar. O Fondo deberá corresponder a ese esforzo municipal complementado a formación ao nivel adecuado e promovendo iniciativas de sensibilización permanentes e continuadas.

2. Abordar un programa de sensibilización continuo e atractivo. Nos últimos anos, as actividades impulsadas neste ámbito tiveron carácter puntual e disperso. É o momento de superar esa eiva, ben con medios propios, ben concertando con terceiros, de xeito que poidamos contar a curto prazo cunha oferta que aproxime o Fondo aos socios e cunha relación enriquecida que vaia máis alá dunha mera transferencia de recursos.

3. Máis implicación dos socios no Fondo. Nese mesmo proceso, cómpre buscar as fórmulas máis idóneas para garantir unha maior participación dos asociados en todas as actividades do Fondo. Importa nese sentido, multiplicar as reunións itinerantes que permiten un contacto coas respectivas corporacións; e abrir un novo capitulo, as misións municipalistas, que faciliten o contacto directo coas colectividades protagonistas da cooperación cos países do Sur.

4. Mellorar as publicacións. Ademais do habitual “Infórmate a Fondo”, ata o momento soamente publicamos unha Memoria do Fondo xunto con outras publicacións meramente informativas. Debemos promover máis iniciativas nesta materia, actualizando os recursos existentes e estimulando a súa periodicidade, en especial da Memoria que debería ter carácter, como mínimo, bianual.

5. Afortalar a cooperación coas cidades grandes e medias e as deputacións provinciais. A nivel municipalista, son estes actores decisivos dos que depende que o Fondo se converta nun referente cualitativo. Importa por iso reforzar o diálogo cos seus responsables a fin de implementar adecuadamente a Declaración das Cidades e ampliar o seu contido ás deputacións. Deste xeito, ademais de incrementar a nosa capacidade económica, sobre todo, melloraremos a nosa efectividade e a calidade da cooperación feita desde Galicia.

6. Acentuar a cooperación con actores básicos. Tanto ONGDs como partidos políticos deben ser os referentes desta liña de traballo, indo máis alá do estrictamente burocrático para instituír xornadas de encontro nas que periodicamente poidamos intercambiar de maneira distendida puntos de vista e formular iniciativas conxuntas que poidan contribuír á configuración dunha cooperación internacional ao desenvolvemento que responda ás necesidades dos beneficiarios e aos intereses de Galicia, integrando e homologando as súas diferentes expresións, dende os irmanamentos coas municipalidades do Sur ata os programas de sensibilización ou as iniciativas lexislativas.

7. Afortalar a capacidade económica do Fondo Galego. O sistema de cotas mínimas foi actualizado. Por outra banda, aínda que moito se avanzou nese sentido, interesa perfeccionar o sistema de recollida das aportacións dos asociados para dispoñer coa maior prontitude dos recursos e poder financiar así os proxectos aprobados. Nesa perspectiva, é fundamental capitalizar o Fondo, de xeito que para abordar a maior complexidade das nosas actuacións contemos cun remanente mínimo e suficiente para atender as funcións de secretaría e dirección técnica.

8. Rigor na xestión. Ademais da normalización de todos os aspectos relacionados co natural respecto da legalidade vixente na materia e recentemente modificada (lei de Asociacións), debemos prestar atención á análise independente da contabilidade do Fondo (auditorías) que deben abrirnos o camiño para solicitar de inmediato a declaración de utilidade pública da entidade.

9. Pobreza e acción exterior de Galicia. No marco xeral da loita contra a pobreza, auténtica razón de ser das políticas de cooperación ao desenvolvemento, impulsaremos aqueles marcos xeográficos de maior interese estratéxico de Galicia, excluíndo nesa valoración aspectos de naturaleza comercial instrumental.

10. Perfeccionar o traballo da Comisión Executiva. Se trata de conseguir unha maior implicación de todos os seus integrantes e acadar un reparto efectivo de funcións e de responsabilidades.

Áreas de responsabilidade na Comisión Executiva:
Sensibilización e Formación, Aurora Carbajal; Relación con ONGDs e actores, Carmen Basadre; Convocatorias e Proxectos, Marta Iglesias; Socios, Luís A. Patiño; Comunicación, Ramón Bouzas.
 
Volver ó sumario
Encontro con Xesús Palmou
Nun encontro mantido co secretario xeral do Partido Popular, este expresou o seu apoio ao proxecto do Fondo Galego, explicitando a idea de que a cooperación é cousa de todos e non patrimonio de ninguén. O Partido Popular contempla a cooperación como un espacio de encontro e de diálogo que pode dar excelentes réditos á sociedade galega para afianzar unha cultura política de compromiso cos máis desfavorecidos. Xesús Palmou revalidou así o compromiso da familia popular coas dinámicas e obxectivos do Fondo Galego.
 
Volver ó sumario
Mapa de socios do Fondo Galego
A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
Deputación Lugo Deputación Deputación
A Coruña Mondoñedo Allariz A Cañiza
A Pobra do Caramiñal Samos Ferrol A Estrada
As Pontes Sarria O Barco A Guarda
Arteixo   O Irixo Baiona
Bergondo   Ourense Bueu
Betanzos   Vilar de Santos Cangas
Boiro     Cuntis
Brión     Gondomar
Cabanas     Moaña
Carral     Nigrán
Cedeira     O Porriño
Cerceda     O Rosal
Culleredo     Poio
Fene     Pontecesures
Ferrol - - Pontevedra
Lousame - - Redondela
Mugardos     Rodeiro
Narón - - Soutomaior
Neda - - Vigo
Noia - - Vilagarcía de Arousa
Oleiros

Mapa de Socios do Fondo Galego-

Outes
Pontedeume
Porto do Son
Rianxo
Santiago
Vimianzo
 
 
 
Volver a Fondo Galego

Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 13/11/2003
Fernando Pol