Infórmate a Fondo


Volver a Fondo GalegoNúmero 54 - 13 de outubro de 2003

Sumario


  Núm anteriores
    Nova lexislatura, nova Executiva    
nº 053 - 15/09/2003
nº 052 - 14/07/2003
nº 051 - 22/06/2003
nº 050 - 26/05/2003
nº 049 - 12/04/2003
048 / 047 / 046 / 045
044 / 043 / 042 / 041
040 / 039 / 038 / 037
036 / 035 / 034 / 033
032 / 031 / 030 / 029
028 / 027 / 026 / 025
024 / 023 / 022 / 021
020 / 019 / 018 / 017
016 / 015 / 014 / 013
012 / 011 / 010 / 009
008 / 007 / 006 / 005
004 / 003 / 002 / 001
Novas cotas mínimas obrigatorias
Mapa de socios do Fondo Galego
 
 
 
 
 
 
 
 

Volver ó sumario
Nova lexislatura, nova Executiva
Entre continuísmo e renovación, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, renovou a súa directiva, nunha Asemblea celebrada o 10 de outubro nas dependencias da FEGAMP en Santiago de Compostela. Alfredo Novoa, do Concello de Oleiros, continuará na Presidencia, mentres que Nidia Arévalo, da Deputación de Pontevedra asumirá a Vicepresidencia. Continúan Fene, Allariz e Culleredo; e entran no organismo os concellos de Arteixo, Nigrán e Lugo.

Presidente, Alfredo Novoa Gil, 1er Tenente de Alcalde de Oleiros. Vicepresidenta, Nidia María Arévalo Gómez, Deputación Provincial de Pontevedra. Tesoureiro, Xosé María Permuy Martínez, Concello de Fene. Secretaría, Xulio Ríos Paredes, IGADI. Vocal 1, Luis Antonio Patiño Pan, Concello de Arteixo. Vocal 2, Marta Iglesias Becerra, Concello de Culleredo. Vocal 3, Ramón Bouzas, Concello de Allariz. Vocal 4, Carmen Basadre Vázquez, Concello de Lugo. Vocal 5, Aurora Carbajal, Concello de Nigrán.

A Comisión executiva, elixida por unanimidade, afrontará o novo mandato ata as próximas eleccións municipais e deberá encamiñar o proceso de consolidación do Fondo, incrementando a súa capacidade financeira e asociativa pero, sobre todo, impulsando políticas activas de sensibilización da cidadanía para que se opere o imprescindible acompañamento cívico do compromiso institucional coa cooperación e a solidariedade internacional.

O Fondo Galego agrupa a máis de sesenta entidades locais e provinciais que apostan pola homoxeneización das políticas municipais de cooperación e de solidariedade. Naceu a finais de 1997 coa participación de a penas unha ducia de concellos e hoxe constitúe unha realidade plural e dinámica, plenamente asentada, que multiplica o compromiso dos concellos de Galicia coa cooperación internacional. A dirección técnica do Fondo Galego é exercida polo IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional).
 
Volver ó sumario
Novas cotas mínimas obrigatorias
A Asemblea expresou igualmente e por unanimidade a súa aprobación da proposta de modificación de cotas que entrará en vigor en 2004. O baremo de cotas mínimas que existe actualmente procede da Asemblea que celebramos en 1999, a raíz das anteriores eleccións locais. O tempo transcorrido, a entrada en vigor do euro e a necesidade de formular unha nova adaptación para a actual lexislatura que teña en conta o incremento da sensibilidade cidadá e corporativa arredor do feito solidario, e mesmo a necesidade de plasmar socialmente unha sensación de avance no noso compromiso, tal e como demandan dende as ONGDs e outros axentes, mesmo en consonancia co xiro producido na propia Administración autonómica, aconsellaban esta nova proposta de mínimos, que comprende, substancialmente, as seguintes variacións:

1. Aposta polo mantemento da parte fixa asignada a cada concello, unicamente realizando o redondeo a euros, cunha cantidade enteira e á alza. Esta parte da cota, invariable, procuraríamos que se fose achegando ao importe necesario para soster o aparato xestor do Fondo Galego e dinamizar a sensibilización, aspecto no que vimos contando, e agardamos contar, coa Xunta de Galicia.

2. Propor un incremento que afectaría á parte da cota que depende do número de habitantes de cada municipio. Esta parte da cota tendería a concretar o conxunto de achegas municipalistas a proxectos de cooperación ao desenvolvemento. Ata agora, as cotas responden á fórmula de “número habitantes por 2 pesetas”, é dicir, 0,012 euros por cada habitante. A proposta aprobada para o período 2003-2007 é pasar a 0,03 euros (5 pesetas).

Cómpre sinalar que se trata das cotas mínimas obrigatorias e que cada entidade asociada debe reflectilas no correspondente Orzamento. Agora que se están elaborando, é o momento de lembrarse.

Ao longo dos últimos anos, son moitas as entidades asociadas que transferiron ao Fondo moito máis do mínimo. Poderase seguir facendo e mesmo arbitrar fórmulas conveniais como as establecidas con concellos ou con deputacións, a fin de incrementar o esforzo orzamentario e o compromiso da Galicia municipal coa cooperación.

Incluído o compromiso solidario nos programas de todas as formacións políticas que concorreron ás recentes eleccións locais e aprobada por unanimidade a Lei de cooperación galega, debemos evitar que esa interiorización progresiva do discurso cooperativo se quede unicamente en palabras, promovendo xestos concretos que evidencian o realismo e consecuencia da nosa iniciativa.

Alfredo Novoa: “O gran eixe da política que debemos impulsar dende o Fondo nos próximos anos é a sensibilización”.

Se ata agora viñemos poñendo o acento na consolidación e saneamento interno, dixo na súa intervención inaugural da Asemblea, despois dunha etapa de crecemento importante, outorgando unha privilexiada atención á pedagoxía da cooperación, destinando a práctica totalidade dos recursos ao financiamento duns proxectos que debían demostrar a todos que a cooperación é e non é –exclusivamente– unha cuestión de recursos económicos, e que ata os concellos con pequenos orzamentos poden participar das políticas públicas de cooperación cos países do Sur se eran quen de cooperar aquí entre si, iso obrigounos a desatender algunhas variables importantes que, na nova etapa, non poderemos ignorar.

O diálogo con outras administracións, tanto autonómica como central, fluído en ambas direccións; ao igual que cos partidos políticos e outros actores da cooperación, debe incrementarse nos próximos meses para asegurar que a aprobación da Lei galega de cooperación non caia en saco roto. O novo marco legal debe ser desenvolvido atendendo a prioridades consensuadas entre os actores, propiciando o asentamento dun marco galego da cooperación ó desenvolvemento que teña en conta as nosas especificidades e os nosos intereses estratéxicos no exterior. Todos somos conscientes da febleza de que partimos, e debemos aplicar, entre todos, políticas e recursos para propiciar saltos cualitativos nesa situación.
A febleza non debe levarnos a buscar fóra senón a mellorar o que temos dentro.

As actuacións desenvolvidas en materia de sensibilización foron claramente insuficientes. Estamos a construír esa rede cooperativa da función pública local en mans de quen poremos recursos e iniciativas, formación e programación, para abordar unha maior implicación cidadá nestes ámbitos do actuar público.

Á par deses dous elementos centrais, o incremento da base asociativa, da capacidade económica e técnica deben ser preocupacións irrenunciables na nova etapa. Igualmente, en consonancia coa crecente significación da acción exterior local, apoiaremos toda iniciativa que abra novos espacios no seo da FEGAMP para auspiciar un novo enfoque da proxección exterior, facendo ver a importancia desa ruta local do internacional na que a cooperación é unha dimensión de gran calado.

Por último, Alfredo Novoa, expresou o público recoñecemento a todos os que, especialmente dende a Comisión Executiva, aportaron, nos últimos anos, a súa dedicación e o seu tempo, para asentar esta iniciativa, nacida con moita ilusión e con poucos medios, pero que á volta do tempo transcorrido se confirma como unha realidade viva e esperanzadora.
 
Volver ó sumario
Mapa de socios do Fondo Galego
A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
Deputación Lugo Deputación Deputación
A Coruña Mondoñedo Allariz A Cañiza
A Pobra do Caramiñal Samos Ferrol A Estrada
As Pontes Sarria O Barco A Guarda
Arteixo   O Irixo Baiona
Bergondo   Ourense Bueu
Betanzos   Vilar de Santos Cangas
Boiro     Cuntis
Brión     Gondomar
Cabanas     Moaña
Carral     Nigrán
Cedeira     O Porriño
Cerceda     O Rosal
Culleredo     Poio
Fene     Pontecesures
Ferrol - - Pontevedra
Lousame - - Redondela
Mugardos     Rodeiro
Narón - - Soutomaior
Neda - - Vigo
Noia - - Vilagarcía de Arousa
Oleiros

Mapa de Socios do Fondo Galego-

Outes
Pontedeume
Porto do Son
Rianxo
Santiago
Vimianzo
 
 
 
Volver a Fondo Galego

Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 11/10/2003
Fernando Pol