|
Sumario
|
Núm anteriores
|
||||||||||||||||||||||
| Os proxectos do Fondo en 2003 |
|
||||||||||||||||||||||
| Mapa de socios do Fondo Galego | |||||||||||||||||||||||
Os proxectos do Fondo en 2003 |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| A Asemblea Xeral de socios celebrada o 10 de xullo de 2003 na sede
da FEGAMP, en Santiago de Compostela, prestou a súa aprobación á seguinte Resolución
da Convocatoria de Proxectos. Presentáronse a esta convocatoria un total de 62 proxectos co seguinte perfil xeográfico: Centroamérica (35), Sudamérica (20), África (4) e Asia (3). A proposta da Ponencia Técnica, na que participaron representantes dos concellos de Santiago e Vigo, da Deputación de Pontevedra e da Secretaría do Fondo, tivo en conta non soamente o interese das accións propostas senón igualmente as capacidades orzamentarias. A resultas da análise, baremación e debate, resólvese o financiamento dos seguintes proxectos: 1. Proxecto: Autoconstrucción de anexo de sistema de auga no sector das Palmitas e sector 4 do Municipio de Las Sabanas, Departamento de Madriz. ONG: INPRHU SOMOTO. País: Nicaragua. Presuposto: 3.109,50. Aportado pola Contraparte: 705. Solicitado ó Fondo: 2.404,50. Aportado polo Fondo: 2.404,50. Resume: Abastecer de auga no seu domicilio a 25 familias, axudando a mellorar as condicións hixiénicas, de saúde e de desprazamento, e tamén do traballo infantil e feminino. A proposta parte dos membros da comunidade que están dispostos a traballar na colocación de tuberías, cavado de zanxas... Preténdese que a Alcaldía sexa a executora directa. 2. Proxecto: Captación de auga para o Municipio de Las Sabanas. ONG: INPRHU SOMOTO. País: Nicaragua. Presuposto: 43.665. Solicitado ó Fondo: 43.665. Aportado polo Fondo: 43.665. Resume: Mellora dos sistemas de captación de auga tanto para uso doméstico como para uso agrícola, formar as persoas nun uso axeitado da auga, formar técnicos no seu manexo. A construcción de pozos familiares, sistemas de captación da auga..., corre a cargo das familias. 3. Proxecto: As mulleres deseñando o futuro. ONG: INPRHU SOMOTO. País: Nicaragua. Presuposto: 10.529,84. Aportado pola Contraparte: 4.285,84. Solicitado ó Fondo: 6.224. Aportado polo Fondo: 6.224. Resume: Pretende fortalecer a capacidade das mulleres, promocionar o aumento das rendas da muller campesiña, potenciar novos cultivos, fomentar o empoderamento das mulleres das comunidades de El Castillo e El Castillito. Quérense comercializar os productos obtidos polas mulleres e fortalecer as relacións interfamiliares. 4. Proxecto: Integración dos mozos e mozas de Zacamil 1 e San Rafael na vida laboral e productiva da zona. Municipio de Suchitoto. ONG: CRC (Comité de Reconstrucción y Desarrollo Económico y Social de Comunidades de Suchitoto, Cuscatlán). País: El Salvador. Presuposto: 18.249,27. Aportado pola Contraparte: 3.970. Solicitado ó Fondo: 14.279,27. A aportar polo Fondo: 14.279,27. Resume: Creación de talleres para formar a mozos e mozas e posibilitar máis oportunidades para entrar no mercado laboral, por conta propia ou allea. Trátase de ofrecer unha alternativa ó mundo da delincuencia que asola a esta comunidade. Talleres de xastrería e serigrafía. 5. Proxecto: Plan Maestro para a revitalización da cidade histórica de Santiago de Cuba. Contraparte: Municipalidade de Santiago de Cuba. País: Cuba. Presuposto para este exercicio: 60.035. Solicitado ó Fondo: 12.020,24. A aportar polo Fondo: 12.020,24. Cofinanciadores: Secretaría Xeral de Relacións coa UE e Cooperación Exterior da Xunta de Galicia e Concello de Santiago de Compostela. Resume: Diagnóstico urbanístico, elaboración de material gráfico, intercambio formativo e adquisición de equipos. 6. Proxecto: Formación e capacitación para o fortalecemento institucional dos gobernos locais e as súas formas asociativas. Contraparte: Fundación DEMUCA. País: Costa Rica, El Salvador, Honduras, Panamá. Presuposto para este exercicio: 147.067. Solicitado ó Fondo: 26.767. Aportado polo Fondo: 26.767. Cofinanciadores: Secretaría Xeral de Relacións coa UE e Cooperación Exterior da Xunta de Galicia. Resume: A finalidade do proxecto é a de fomentar as actividades de capacitación e sensibilización destinadas a funcionarios, líderes comunais, partidos políticos, estudiantes... para adaptar e desenvolver as capacidades necesarias para exercer un goberno democrático e unha cidadanía informada e comprometida. Búscase unha participación activa que permita establecer unha relación dinámica e estreita entre servicios públicos e cidadanía. 7. Proxecto: Proxecto de actuación integral en Porto Rincao. Contraparte: Cámara Municipal de Santa Catarina, Organización de Mulleres de Cabo Verde, Associaçao Rincao em Desenvolvemento, Escola e jardim infantil de Porto Rincao, Associaçao Mutualidade de Poupança e Crédito de Rincao. País: Cabo Verde. Presuposto: 150.253,02. Solicitado ó Fondo: 30.253,02. A aportar polo Fondo: 30.253,02. Cofinanciadores: Axencia Española de Cooperación Internacional e Secretaría Xeral de Relacións coa UE e Cooperación Exterior da Xunta de Galicia. Resume: Construcción e equipamento de centro comunitario, arranxo de rúas e outras actuacións no ámbito da educación cívica. Observación: A súa realización dependerá da concreción dos compromisos económicos solicitados á AECI e á Secretaría Xeral de Relacións coa UE e Cooperación Exterior da Xunta de Galicia. 8. Proxecto: Formación e capacitación para o fortalecemento institucional dos gobernos locais nas Mercociudades. Contraparte: Mercociudades, Intendencia Municipal de Montevideo. País: Arxentina, Brasil, Paraguai, Uruguai, Chile e Bolivia. Presuposto: 80.000. Solicitado ó Fondo: 0 (apoio loxístico). A aportadar polo Fondo: 0 (apoio loxístico). Cofinanciadores: Secretaría Xeral de Relacións coa UE e Cooperación Exterior da Xunta de Galicia. Resume: Accións de intercambio, capacitación e cooperación entre cidades en rede; desenvolvemento de estratexias de intervención concretas na busca da complementariedade productiva. Cláusula: O financiamento deste proxecto materializarase en función da concreción das achegas dos cofinanciadores previstos. 9. Proxecto: Fomento da xestión e mellora da saúde comunitaria en 15 comunidades rurais. ONG: Manos Unidas. País: Nicaragua. Presuposto: 368.689,95. Aportación ONG: 72.132,38. Aportación contraparte: 189.635,91. Solicitado ó Fondo: 18.555,64. A aportar polo Fondo: 18.555,64. Resume: Trata de contribuír ó desenvolvemento das capacidades da poboación para diminuír á vulnerabilidade xerada pola pobreza estructural. Consiste en dotar ós beneficiarios da formación e recursos para desenvolver a agricultura e a sanidade, primordialmente, coa conseguinte mellora e aumento de esperanza de vida. 10. Proxecto: Saúde e desenvolvemento Labañou-Vilcabamba. ONG: Asociación Labañou Solidaria. País: Perú. Presuposto: 18.960. Aportación ONG: 6.000. Solicitado ó Fondo: 6.000. A aportar polo Fondo: 6.000. Resume: Contribuír á mellora do nivel de saúde e de calidade de vida da poboación de Vilcabamba. Este obxectivo conseguirase abarcando diversos ámbitos: agricultura, comunicacións, educación, saneamento... 11. Proxecto: Construcción dunha unidade clínico-docente. Contraparte: SEMG-Solidaria. País: Nicaragua. Presuposto: 360.607,26. Aportado pola Contraparte: 24.000. Solicitado ó Fondo: 60.000. A aportar polo Fondo: 30.000 (o Concello de Allariz aportará 6.000). Resume: O obxectivo fundamental do proxecto é introducirse no ámbito sanitario asistencial da poboación de Cidade Sandino aportando recursos técnicos e humanos nun ámbito especialmente castigado polo paro e a pobreza. Prevé a construcción dun centro de saúde. Cláusula: O financiamento deste proxecto materializarase en función da concreción das achegas dos cofinanciadores previstos. 12. Proxecto: Desenvolvemento económico e social para o aumento da producción de leite e carne na UBPC Victoria de Girón, 2ª fase. Contraparte: Veterinarios sen Fronteiras. País: Cuba. Presuposto: 211.629,87. Aportado pola Contraparte: 30.140. Solicitado ó Fondo: 28.465,36. A aportar polo Fondo: 28.465,36. Resume: Mellorar as condicións socioeconómicas da Unidade Básica de Producción Cooperativa (UBPC) Victoria Girón, aumentando a producción de leite, carne e outros producto mediante o apoio ó proceso de reestructuración e consolidación económica da mesma, mellorando a base forraxeira, o manexo do rabaño... 13. Proxecto: Apoio productivo á muller rural e ó desenvolvemento local no distrito de Junín. ONG: Asociación Entrepobos. País: Perú. Presuposto: 102.209,02. Aportado pola Contraparte: 17.100. Solicitado ó Fondo: 24.071,74. A aportar polo Fondo: 24.071,74. Cofinanciadores: Xunta de Galicia. Resume: Mellorar a situación económica da poboación campesiña do distrito a través do apoio á producción agropecuaria, o impulso e fortalecemento da organización das mulleres e a xestión comunitaria, no marco da coordinación e da participación das institucións públicas contribuíndo á definición de estratexias de desenvolvemento distrital. 14. Proxecto: Promoción da saúde do pobo saharauí. ONG: FUDEN. País: R.A. Saharaui Democrática. Presuposto: 60.224,25. Aportado pola ONG: 4.056,84. Aportado pola Contraparte: 10.852,28. Solicitado ó Fondo: 7.234,16. A aportar polo Fondo: 7.234,16. Resume: Mellora das condicións de vida dos refuxiados de Tindouff a través da achega de material sanitario destinado a corrixir as deficiencias que en materia de saúde ten esta poboación onde as principais causas de mortalidade son as anemias e as sepsis. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Mapa de socios do Fondo Galego |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 12/07/2003
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||