Infórmate a Fondo


Volver a Fondo GalegoNúmero 51 - 22 de xuño de 2003

Sumario


  Núm anteriores
    A lexislatura da cooperación municipalista    
nº 050 - 26/05/2003
nº 049 - 12/04/2003
nº 048 - 10/03/2003
nº 047 - 10/02/2003
nº 046 - 13/01/2003
nº 045 - 16/12/2002
044 / 043 / 042 / 041
040 / 039 / 038 / 037
036 / 035 / 034 / 033
032 / 031 / 030 / 029
028 / 027 / 026 / 025
024 / 023 / 022 / 021
020 / 019 / 018 / 017
016 / 015 / 014 / 013
012 / 011 / 010 / 009
008 / 007 / 006 / 005
004 / 003 / 002 / 001
Próximas asembleas do Fondo
Contactos cos partidos políticos
Medra a colaboración coa Xunta
Actualización de cotas 2003-2007
Estratexias 2003-2007
Reconfirmar, renovar...
Mapa de socios do Fondo Galego
 

Volver ó sumario
A lexislatura da cooperación municipalista
O tempo que agora se inicia despois das eleccións municipais do 25 de maio vai ser dunha importancia vital para a consolidación do esforzo solidario dos nosos concellos e deputacións.

Co período de catro anos que agora comeza, o Fondo visualiza xa o horizonte dunha década de existencia na que a evolución presenta claras evidencias de avance e mellora pero que agardan aínda ese cambio substancial que agora pretendemos acadar.

O comezo da nova lexislatura coincide coa aprobación por unanimidade da Lei galega de cooperación internacional ao desenvolvemento, un texto que, alén do contido, indica, polo seu proceso de elaboración e de aprobación, unha sintonía política difícil de atopar noutras esferas da acción pública.

Esa unanimidade, que tamén veu sendo ata agora a tónica dominante nas adhesións ao Fondo, debemos transformala, de punto de partida en base de apoio para avanzar nun maior compromiso das entidades corporativas, locais e provinciais, coa cooperación.

Os programas electorais con que cada forza política concorreu aos comicios recollen ideas e propostas concretas nesta materia e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade debe ser quen aglutine esa variable solidaria, estimulando aquí, entre nós, unha cooperación que soamente dese xeito pode chegar a ser eficiente e eficaz.

O novo tempo que agora se inicia traerá cambios importantes, máis socios, máis membros, máis recursos, unha nova Comisión Executiva, máis participación, máis proxectos... todo iso revelará a consolidación do municipalismo solidario en Galicia. Estamos convencidos.
 
Volver ó sumario
Próximas asembleas do Fondo
A Comisión Executiva, en xuntanza celebrada o 19 de xuño en Santiago, acordou convocar a Asemblea xeral ordinaria de asociados para debater e aprobar a Convocatoria de financiamento de proxectos correspondente ao presente exercicio, o próximo día 10 de xullo ás doce da mañá, na sede da FEGAMP, en Santiago de Compostela.

Así mesmo, a Asemblea xeral de renovación de cargos se celebrará o 3 de outubro de 2003 en Santiago de Compostela, na sede da FEGAMP. Está previsto que nesta xuntanza se aprobe tamén a actualización das cotas para os próximos catro anos.

Nesta mesma xuntanza, o presidente expresou a gratitude da Comisión Executiva a Mar Bernal, concelleira de Santiago que durante os últimos catro anos participou neste organismo, e que cesou recentemente ao non candidatarse nos pasados comicios.
 
Volver ó sumario
Contactos cos partidos políticos
Nas próximas semanas, a Comisión Executiva do Fondo reunirase con representantes das principais forzas políticas con presencia no municipalismo, a fin de concretar fórmulas de colaboración activa para garantir unha rápida expansión deste compromiso conforme ás propostas enunciadas por cada grupo nos respectivos programas marco.
 
Volver ó sumario
Medra a colaboración coa Xunta
As dúas administracións están a ampliar e perfeccionar a cooperación bilateral. Ademais do convenio de sensibilización, que este ano ascende a un importe total de 12.000 euros, a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior, que dirixe Jesús Gamallo, cofinanciará co Fondo Galego diferentes actuacións: con Fundemuca, en Centroamérica, por valor de 120.300 euros; con Santiago de Cuba, por valor de 36.000 euros. Igualmente, está en estudio a posibilidade de impulsar unha actuación coa rede de Mercociudades, onde aportaría 80.000 euros.

Por último, en colaboración coa Axencia Española de Cooperación Internacional, a Xunta de Galicia aportará 40.000 euros para diferentes actuacións en Cabo Verde.

O elevado nivel de sintonía existente entre o Fondo e esta Secretaría explicita tamén un reto para os concellos e deputacións de Galicia, na medida en que esixe de todos nós un maior esforzo económico para acompañar adecuadamente as accións de estímulo que se están a concretar. Nesa liña, o papel das grandes cidades e das deputacións é crucial. Pero a excepción do Concello de Vigo e da Deputación de Pontevedra, o esforzo segue a ser moi modesto e cómpre reflexionar sobre iso.
 
Volver ó sumario
Actualización de cotas 2003-2007
O tesoureiro e a Secretaría do Fondo están a estudiar diferentes propostas de actualización das cotas do Fondo. As actuais foron aprobadas no ano 1999, antes da entrada en vigor do euro e reclaman certos axustes que serán sometidos á consideración de todos os socios na próxima Asemblea de renovación de cargos a celebrar nos primeiros días do mes de outubro.
 
Volver ó sumario
Estratexias 2003-2007
A Comisión Executiva avanzou na enunciación das grandes liñas estratéxicas para o período que se aveciña contemplando 4 grandes obxectivos (máis base asociativa, máis capacidade económica, máis sensibilización e visibilidade, máis institucionalización) e 10 variables de traballo, que afectan a aspectos esenciais da dinámica de funcionamento do Fondo e da cooperación en Galicia.

Unha vez aprobado será remitido a todos os asociados para aprobalo na Asemblea de outubro.
 
Volver ó sumario
Reconfirmar, renovar...
De conformidade cos nosos Estatutos, unha vez celebradas as eleccións locais e constituídas as novas Corporacións, se abre o proceso de renovación de cargos que debe culminar nesa Asemblea xeral de socios a celebrar o 3 de outubro. Con anterioridade, todas as entidades asociadas deben proceder, mediante Decreto, a designar o seu representante no Fondo Galego. Ese nomeamento debe ser remitido á maior brevidade posible á Secretaría do Fondo, en Baiona, Avenida de Joselín, 7 P3-4ºB. O decreto de nomeamento debe facerse aínda cando non se rexistraran cambios substanciais nos equipos de goberno e mesmo cando sexa simplemente para confirmar ao anterior representante.

Mentres tanto, todos estamos “en funcións”. O prazo legal máximo de que se dispón para efectuar as substitucións é de catro meses, a contar dende a constitución das corporacións, é dicir, catorce de outubro para os concellos.
 
Volver ó sumario
Mapa de socios do Fondo Galego
A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
Deputación Lugo Deputación Deputación
A Coruña Mondoñedo Allariz A Cañiza
A Pobra do Caramiñal Samos Ferrol A Estrada
As Pontes Sarria O Barco A Guarda
Arteixo   O Irixo Baiona
Bergondo   Ourense Bueu
Betanzos   Vilar de Santos Cangas
Boiro     Cuntis
Brión     Gondomar
Cabanas     Moaña
Carral     Nigrán
Cedeira     O Porriño
Cerceda     O Rosal
Culleredo     Poio
Fene     Pontecesures
Ferrol - - Pontevedra
Lousame - - Redondela
Mugardos     Rodeiro
Narón - - Soutomaior
Neda - - Vigo
Noia - - Vilagarcía de Arousa
Oleiros

Mapa de Socios do Fondo Galego-

Outes
Pontedeume
Porto do Son
Rianxo
Santiago
Vimianzo
 
 
 
Volver a Fondo Galego

Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 22/06/2003