|
Sumario
|
Núm anteriores
|
||||||||||||||||||||
| Primeira análise da convocatoria de proxectos de 2003 |
|
||||||||||||||||||||
| Mapa de socios do Fondo Galego | |||||||||||||||||||||
Primeira análise da convocatoria de proxectos de 2003 |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Este ano presentáronse un total de 62 proxectos, 11 máis
que o ano pasado. O perfil xeográfico dos mesmos é o seguinte: Centroamérica (35), Sudamérica
(20), África (4) e Asia (3). A preeminencia do continente americano é, pois, absoluta e contundente.
No proceso de avaliación os criterios de selección terán en conta non só o área
xeográfica ou a contía que se solicita, senón tamén o contido, necesidades que pretende
satisfacer, perdurabilidade no tempo, implicación dos beneficiarios... sen perder de vista que o esencial
da cooperación que promovemos debe contribuír á erradicación da pobreza e o fortalecemento
das institucións. Dos 22 proxectos de cooperación directa que chegaron este ano, 10 pertencen ó ámbito da formación e cultura. Trátase de iniciativas que pretenden mellorar a educación e a formación dos habitantes de diversas zonas. Outros 4 están relacionados coa sanidade e a nutrición , 4 coa cuestión de xénero, capacitación das mulleres e 4 coa construcción ou reconstrucción de infraestructuras, centros educativos e sociais, reparación de vivendas... Dos 40 proxectos restantes que solicitan subvención 27 foron presentados por ONGs con implantación en Galicia, repartidas entre as diferentes provincias do seguinte xeito: A Coruña (12), Pontevedra (11), Lugo (3), Ourense (1). Os 13 restantes repartíronse segundo o seguinte esquema: Madrid (9), Barcelona (3), Córdoba (1). Neste grupo houbo 8 pertencentes ó ámbito de formación e cultura, 16 ó da sanidade e nutrición, 12 construcción e reconstrucción, e 4 relacionados coa adquisición de materiais (equipamento). Os títulos dos proxectos presentados son: 1. Apoio para educación comunitaria a traveso de radio emisora a comunidades indíxenas de Gracias a Dios. 2 . Construcción e equipamento dunha escola primaria en Wilaya de Auserd. 3. Farmacias populares ou venda social de medicamento de calidade á poboación sen acceso de cidade Sandino. 4. Participación integral de 158 comunidades no desenvolvemento municipal. 5. Asociación cultural Almahata. 6. Formación e capacitación para o fortalecemento institucional dos gobernos locais e as súas formas asociativas. 7. Autoconstrucción de anexo de sistema de auga no sector das Palmitas. 8. Proxecto de instalación do centro de informática, cultura e educación Gran Mariscal. 9. Plan teito e fomento da xestión municipal no municipio de Las Sabanas. 10. Gando caprino. Unha esperanza de vida para as mulleres da comunidade de Oruce. 11. Apoio á muller campesiña ¡xa! Producción de patio con enfoque agroecolóxico no municipio de Las Sabanas. 12. Fortalecemento da capacidade productiva do municipio de Las Sabanas. 13. Captación de auga para o municipio de Las Sabanas. 14. Habilitación dunha rede de técnicos para atender as necesidades primarias de recuperación psicosocial no municipio de Las Sabanas. 15. Xeración dun modelo de educación alternativa para a adolescencia rural do municipio de Las Sabanas. 16. As mulleres deseñando o futuro. 17. Paul, un municipio verde cun ambiente saudable. 18. Baixo un novo teito nas vivendas do centro histórico de Santa Lucía. 19. Fortalecemento institucional e formación de capital humano para a consolidación das organizacións veciñais. 20. Contención e reinserción social de nenos e nenas a traveso de actividades recreativas en dous centros da cidade de Rosario. 21. Fomento da xestión e mellora da saúde comunitaria en 15 comunidades rurais. 22. Mellora das necesidades básicas e hixiénicosanitarias do Batey. 23. Proxecto de saúde e desenvolvemento Labañou-Vilcabamba. 24. Axuda humanitaria de emerxencia ó pobo iraquí. 25. Autoconstrucción de 8 vivendas rurais para familias campesiñas no municipio de Totogalpa. 26. Proxecto de construcción e equipamento de cociña no centro de promoción xuvenil e desenvolvemento rural Faustino Villanueva. 27. Apoio e fortalecemento de organizacións de traballadores fronte ó proceso de negociacións comerciais: Campaña TLC-EEUU-CA. 28. Seguimento á reactivación productiva en 7 comunidades campesiñas do municipio de Cotzal. 29. Construcción dunha unidade clínico-docente. 30. Construcción dun local para o programa educativo meniños e meniñas, mozos e mozas traballadores/as. 31. Centro de formación para o traballo para mozos e mozas en situación de exclusión social en Pisco. 32. Construcción dun aula en Taco Pozo. 33. Centro de desenvolvemento infantil da comunidade Cuesta de la Virgen. 34. Desenvolvemento económico e social para o aumento da producción de leite e carne na UBPC de Girón, 2ª fase. 35. Apoio productivo á muller rural e ó desenvolvemento local no distrito de Junín. 36. Proxecto de construcción de dúas colonias de vivendas nas áreas de Bramhasamudrán e Kundurpi. 37. Promoción da saúde do pobo saharauí. 38. Teatro no barrio. 39. Apoio á autoconstrucción en terras recuperadas pola comunidade indíxena e campesiña Victorias 3. 40. Invernadoiro con sistema de rego. 41. Perú 2003. 42. Módulos educativos e servicios hixiénicos para educación inicial en Santiago. 43. Centro de interpretación histórico natural de San Juan del Norte. 44. Instalación dunha granxa para o Colexio Técnico en Agroindustria de San Luis Robles. 45. Educación e xeración de ingresos para 2.840 mozos e mozas de Ecuador. 46. Construcción de 25 vivendas de baixo custo para as familias víctimas das inundacións en Karuigachi. 47. Promoción de hortas familiares coma apoio á nutrición e á economía familiar no barrio Los Lotes. 48. Inserción sociolaboral de mozos e mozas no municipio de El Paraíso. 49. Identificación e transformación das características pedagóxicas das EFAS. 50. Seguridade alimentaria e desenvolvemento económico e local en 11 comunidades da Subcuenca do Río Jícaro. 51. Equipamento de talleres de capacitación en Angola. 52. Creación dun centro de computación para a formación de mozos e mozas da rexión norte de San Salvador e La Libertad. 53. Instalación dun sistema solar para quentar auga para o fogar de anciáns 28 de Enero. 54. Equipamento da casa comunal e de acollida no barrio marxinal de San Alejandro. 55. As hortas caseiras coma desenvolvemento e conservación de recursos enerxéticos na reserva da biosfera. 56. Programa odontolóxico en 24 comunidades da microcuenca de En Cutervo. 57. Mellora das condicións hixiénicosanitarias e sociocomunitarias da aldea de Tuiscap. 58. Equipamento de talleres e capacitación laboral en máquina plana, producción industrial, modistería, estética e cosmetoloxía, dirixido a 220 mulleres en situación ou risco de prostitución na cidade de Pereira. 59. Integración dos mozos e mozas de Zacamil 1 e San Rafael na vida laboral e productiva da zona. 60. Proxecto de seguridade no abastecemento de auga potable en comunidades rurais de La Libertad Sur. 61. Fortalecemento do Banco de Experiencias Comunitarias de Ecoclubes. 62. Programa de acollida e atención de nenos e nenas da rúa. Todos estes proxectos serán obxecto de avaliación pola Ponencia Técnica do Fondo na que participan, ademais de representantes da Secretaría, dos Concellos de Santiago e Vigo e da Deputación de Pontevedra. As súas conclusión serán obxecto de análise na Comisión Executiva do Fondo, cunha proposta final que deberá debater unha Asemblea de socios para a súa resolución definitiva. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Mapa de socios do Fondo Galego |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 27/05/2003 |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||