Para a xestión da Cooperación ó Desenvolvemento Convenio da Deputación de Pontevedra co Fondo Galego |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Seguindo co exemplo de Vigo, Manuel Abeledo, presidente da Deputación de Pontevedra, anunciou a súa intención de subscribir de inmediato un Convenio co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade a fin de que poida xestionar o total da axuda que esta entidade compromete en proxectos. Esta Deputación é unha das nosas primeiras asociadas, forma parte da Comisión Executiva e mantén de vello un alto nivel de colaboración. | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Novos socios |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| No interese por ampliar o número de socios seguimos a manter conversas con dez concellos interesados nas actividades levadas a cabo polo Fondo e por formar parte da nosa base asociativa. Pero o interese por novas adquisicións non merma o coidado polos que xa están dentro. Neste sentido estase a negociar un acordo coa Xunta de Galicia para fortalecer e mellorar as relacións entre o Fondo Galego e os concellos socios, a través dunha rede de funcionarios que mellore considerablemente a comunicación entre todos. | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Mellorar os irmanamentos |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Despois do interese suscitado polo tema nos diferentes concellos
que acudiron aos seminarios celebrados en Ourense e Pontevedra seguimos a traballar na cuestión. Neste momento
estamos a elaborar un manual con preguntas e respostas para dar saída ás cuestións básicas
que o tema poida plantexar. Así mesmo estamos a manter contactos con diferentes autoridades relacionadas coa materia; unha plasmación práctica desas conversas é a entrevista prevista co director xeral da Administración Local neste mes. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Aberto o prazo para a presentación de proxectos |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ata o 5 de maio seguirá aberto o prazo para presentar os proxectos que o Fondo Galego evaluará e financiará este ano. As bases da presente convocatoria foron discutidas na xuntanza do Consello Municipalista da Cooperación e aprobadas pola Comisión Executiva. Poden ser consultadas na páxina web do IGADI: http://www.igadi.org. | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Proxectos |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| A piques de iniciar un novo exercicio no que a proxectos se refire xa están chegando á nosa Secretaría os Informes finais dalgúns dos proxectos financiados o ano pasado, aspecto que facilita a nosa pretensión por estar ao día no seguimento, execución e liquidación dos proxectos que financiamos. Paralelamente estanse a rexistrar as entradas de novos proxectos que pretenden ser financiados polo Fondo. Ata o momento levamos recibido 18 proxectos de cooperación directa. | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Centro Norte-Sur, “os retos de Europa no novo século” |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| O Centro Europeo para a Interdependencia Mundial e a Solidariedade,
tamén coñecido coma o Centro Norte-Sur, é unha axencia autónoma que ten un acordo firmado
co Consello de Europa. Este centro enviounos recentemente o programa no que se recollen os “Retos de Europa para
o século XXI”: • Cultura da paz, • Cohesión social e • Desenvolvemento sostible. As ambiciosas actividades levadas a cabo por esta entidade abranguen diferentes ámbitos: • Enfoque inter-rexional cara ó desenvolvemento social, • Encontros sobre o diálogo norte sur no tocante os Dereitos Humanos, • Traballo sobre pautas de construcción e desenvolvemento da participación na democracia, • Contactos con Oriente Medio, • Relacións Europa-África. • Traballos sobre sistemas de protección dos Dereitos Humanos e a promoción dos mesmos no Mediterráneo, • Diálogo intercultural con forte relación entre países do norte e países do sur da ribeira mediterránea, • Actividades relacionadas cos Dereitos Humanos e a cohesión social no Mediterráneo, • Actividades relacionadas coa migración no Mediterráneo, • Educación Mundial, • Educación para o desenvolvemento, • Dereitos Humanos, • Sostenibilidade, • Paz e prevención de conflictos. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Último percorrido da exposición ¿Solidariedade? A Fondo |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
A exposión ¿Solidariedade? A Fondo do Fondo Galego fará este ano o seu último percorrido polos concellos galegos. Trátase dunha composición de dez paneis cos que o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade trataba na súa orixe de presentarse ante os cidadáns. Hoxe, tras anos de andaina e experiencia, é momento de renovación; a antiga exposición será sustituída por outra na que se reflicta de modo gráfico a labor feita polo Fondo. O esquema dos paneis segue unha estructura na que se combinan a cita, as fotografías e o texto explicativo. Os títulos son:
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Os poderes rexionais locais e a Cooperación ó Desenvolvemento |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Co título “Cooperación para o desenvolvemento: o papel dos poderes rexionais locais” celebráronse en Ourense unhas xornadas os días 3 e 4 de abril, co apoio da EGAP, a Fundación Galicia-Europa e o Centro Europeo das Rexións do Instituto Europeo de Administración Pública. Na mesa que puso fin aos dous días, participaron os responsables de cooperación das Administracións vasca e catalana. Por parte de Galicia, o ponente foi Xulio Ríos, director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, IGADI. | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Mapa de socios do Fondo Galego |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 11/04/2003 |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||