|
Sumario
|
Núm anteriores
|
||||||||||||||||||||
| Principia a convocatoria de 2003 para proxectos de cooperación |
|
||||||||||||||||||||
| Mellorar os Irmanamentos | |||||||||||||||||||||
| O Fondo e a Axencia Española de Cooperación Internacional | |||||||||||||||||||||
| Novo impulso, máis socios | |||||||||||||||||||||
| A Confederación reuniuse en Eivissa (Ibiza) | |||||||||||||||||||||
| Mapa de socios do Fondo Galego | |||||||||||||||||||||
Principia a convocatoria de 2003 para proxectos de cooperación |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Practicamente en pleno, a Comisión Executiva reuniuse o
pasado día 5 de febreiro co Consello Municipalista de Cooperación para intercambiar pareceres sobre
o momento da cooperación local en Galicia, a campaña do 0,7% e as Bases da Convocatoria de Proxectos
de 2003. Nesta xuntanza participaron, ademais da Coordinadora galega de ONGDs, representantes de Inti, Intermón, InteRed, Fundai e Farmacéuticos Mundi. Na exposición introductoria se fixo fincapé no salto producido en 2002 na cooperación municipalista, non soamente a través da xestión de máis recursos, senón clarificando o nivel de compromiso dos concellos e deputacións de Galicia co Fondo. Aínda que non á velocidade desexable, medra a sensibilidade local e, en consecuencia, se perfeccionan os ámbitos de xestión e de coordinación. A pesar desa mellora, en 2003, por mor da convocatoria electoral, parece aconsellable moderar o ritmo da convocatoria de proxectos, de xeito que a resolución da mesma realizarase con posterioridade á celebración dos comicios. Por outra banda, en canto á proposta de cambios a introducir nas Bases da Convocatoria para o financiamento de proxectos 2003, a conformidade dos asistentes foi plena, elevándose agora á Comisión Executiva para a súa aprobación definitiva na xuntanza que celebrará en Santiago o próximo 6 de marzo. O prazo para a presentación de proxectos comeza ao día seguinte e pecharase o 5 de maio. A propósito da campaña do 0,7%, que o Fondo Galego apoia, se precisa a necesidade de aclarar que as partidas afectadas son os Capítulos I, II e III dos orzamentos municipais, non a súa totalidade. Por outra banda, o Fondo se brinda para colaborar coa Coordinadora no impulso de accións sociais que evidencien un maior compromiso político con este tema. Proponse a sinatura dun manifesto conxunto das principais forzas políticas. Igualmente se informa das xestións realizadas cos partidos para incluír a dimensión da cooperación nos respectivos programas municipais. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Mellorar os Irmanamentos |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Os irmanamentos constitúen un referente práctico
insoslaiable da proxección exterior dos nosos municipios cunha casuística moi ampla que nos alerta
sobre unha naturaleza complexa e rica en matices que debe ser coñecida e valorada polos responsables políticos
e o persoal técnico a fin de mellorar un funcionamento, particularmente xeneroso en eficiencia para evitar
que socialmente sexa incomprendido e denostado. Por iso mesmo, o Fondo Galego, en colaboración coa Xunta de Galicia e a FEGAMP levou a cabo unha investigación sobre este tema que agora é a plataforma de discusión e de traballo cos afectados. Nesa liña, a finais de febreiro celebraremos en Ourense e co apoio da Deputación Provincial un seminario de traballo que se propón os seguintes obxectivos: a) Adquirir uns coñecementos elementais sobre a problemática dos irmanamentos, os seus antecedentes, a súa orixe, tipoloxía e evolución. b) Analizar os protocolos de irmanamento: os seus principios inspiradores, obxectivos e actividades. c) Afondar no funcionamento dos irmanamentos en Galicia, con especial atención á participación cidadá nestas iniciativas. d) Intercambiar puntos de vista e dar conta das experiencias vividas. e) Aportar ideas e propostas de dinamización. Os seus destinatarios son responsables políticos locais e personal técnico dos concellos con irmanamentos aprobados, inactivos, en funcionamento ou en preparación. Na provincia de Ourense serían os seguintes: Xinzo de Limia, Ourense, Allariz, Beade, Celanova, O Irixo, Monterrei, Poboa de Trives, A Rúa, Verín, e a Mancomunidade O Carballiño. O Seminario se propón cunha dinámica aberta e participativa de xeito que á par dos elementos introductorios se fomente o intercambio de ideas e de experiencias atendendo ás posibilidades concretas de acadar unha mellora significativa dos irmanamentos vixentes. Está previsto que o Seminario se celebre nas catro provincias galegas. A seguir de Ourense, será o momento de Pontevedra. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
O Fondo e a Axencia Española de Cooperación Internacional |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Sabido é que o Fondo Galego participa de pleno dereito na Comisión Interterritorial de Cooperación Internacional, que coordina o Ministerio de Asuntos Exteriores a través da AECI. Temos así unha oportunidade de primeira man para seguir e avaliar as principais políticas da cooperación española. Un paso máis se deu a finais de decembro último cando se materializou un primeiro encontro de traballo para definir o marco de colaboración entre o Fondo e a AECI. O próximo 18 de febreiro, nunha xuntanza a celebrar cos responsables da área de cooperación con África, poderán perfilarse as principais actuacións a contemplar tanto na orde territorial como sectorial, de xeito que o Fondo Galego incremente substancialmente a súa participación e compromiso neste ámbito, singularizando a nosa aportación, estreitamente ligada ao feito lusófono que culturalmente nos é tan próximo. | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Novo impulso, máis socios |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Queremos dar un derradeiro impulso ao aumento da nosa base asociativa. Antes de que remate a actual lexislatura e entremos en plena voráxine electoral, dende a Comisión Executiva estimularemos un último esforzo para incrementar o número de socios. Contamos para iso cos xa existentes. | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
A Confederación reuniuse en Eivissa (Ibiza) |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Coa participación dunha representación galega (presidente e tesoureiro do Fondo, Alfredo Novoa e Xosé María Permui), a Asemblea anual da Confederación de Fondos reuniuse na illa balear de Eivissa para tratar entre outros asuntos: o balance de 2002 e o plan de traballo para 2003, a aprobación dun proxecto de incidencia na Unión Europea, a posta en marcha dunha páxina web e dun Observatorio da cooperación descentralizada, así como a evolución das relacións coa Axencia Española de Cooperación Internacional (AECI) e a posible creación de novos Fondos en Murcia, Aragón, Asturias e Castilla-La Mancha. | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Mapa de socios do Fondo Galego |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 10/02/2003
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||