|
Sumario
|
Núm anteriores
|
|||||||||||||||||||
| Na recta final do mandato |
|
|||||||||||||||||||
| Convocatoria do Consello Municipalista da Cooperación | ||||||||||||||||||||
| AECI e Fondo Galego aproximan posicións para cooperar | ||||||||||||||||||||
| Mapa de socios do Fondo Galego | ||||||||||||||||||||
Na recta final do mandato |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Tendo en conta que no mes de maio se celebrarán eleccións
municipais, que abren a expectativa dun horizonte de cambio no mundo local que afectará á renovación
dos órganos rectores do propio Fondo Galego, unha renovación que deberá producirse no prazo
máximo de catro meses a partir da constitución das novas Corporacións, a Comisión Executiva
do Fondo Galego, reunida en Santiago, na FEGAMP, o pasado día 9 de xaneiro, estimou que o primeiro semestre
de 2003 deberiamos centrar os nosos esforzos no desenvolvemento das seguintes actuacións e liñas
de traballo: Incrementar a base asociativa. Debemos priorizar esta actuación para culminar a nosa xestión co maior nivel posible de adheridos, superando a adversidade das baixas e dando a entender que non é un problema do municipalismo galego senón duns municipios concretos de Galicia. Nesa liña, se aposta pola recuperación das reunións itinerantes, para estreitar o contacto cos socios e facilitar a súa presentación a outros. Recaudar as cuotas de 2003, de xeito que poidamos presentar unha economía debidamente saneada e non demorar os compromisos financeiros que hai comprometidos. O esforzo realizado ao longo de 2002, cun diálogo intenso con todos os asociados, tanto no nivel técnico como político, permitiu a habilitación de camiños de entendemento máis fluídos. O tema comeza a ser familiar para moitos. A formación da rede de funcionarios debe permitirnos axilizar tamén a resolución deste aspecto, esencial para que a finalidade do Fondo non soamente se cumpra senón que se cumpra a tempo. Acomodar o estado contable do Fondo, conforme á normativa recentemente aprobada (Lei 49/2002, de 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenazgo, publicada no Boletín Oficial do Estado do pasado día 24 de decembro. Así mesmo, efectuar unha auditoría independente e completa das nosas contas. En sensibilización, culminar a creación da rede de funcionarios e implicalos, na medida do posible, na dinamización dos irmanamentos de contidos relacionados coa cooperación ao desenvolvemento. Nesa liña, a todos lle faremos chegar un pack informativo que debe ser a base desa relación que desexamos intensa non soamente coas corporacións senón tamén coas sociedades locais. Noutro aspecto, promoveremos a realización de reunións provinciais, co concurso das deputacións, para transformar a realidade dos irmanamentos en Galicia. Proseguir na aproximación á Axencia Española de Cooperación Internacional, de xeito que no período 2003-2007 poidamos desenvolver proxectos en réxime de cofinanciamento. Polo que atingue aos proxectos en curso, controlar o proceso de execución, asegurando na medida do posible o financiamento completo e a súa realización integral, liquidando os saldos pendentes cos respectivos cofinanciadores e recabando todos os informes contradictorios relativos á súa debida implementación. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocatoria do Consello Municipalista da Cooperación |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Reunirase o próximo día cinco de febreiro para analizar as Bases da convocatoria de proxectos para o 2003. Na xuntanza tamén se estudiarán as converxencias posibles coa campaña “0,7%, Máis e Mellor. Transparencia e calidade na Cooperación Descentralizada”, auspiciada pola Coordinadora de ONGDs e que urxe unha reflexión dos partidos e agrupacións políticas arredor dos compromisos municipais coa cooperación ao desenvolvemento e a solidariedade internacional. | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
AECI e Fondo Galego aproximan posicións para cooperar |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nunha xuntanza celebrada en Madrid o pasado 17 de decembro de 2002,
na que participaron Juan López-Dóriga Pérez, director xeral de Cooperación con Iberoamérica;
Alberto Virella Gomes, subdirector xeral de Cooperación cos países de América do Sur; F. Javier
Jiménez de Gregorio, subdirector xeral de Cooperación con África subsahariana e Asia; e Ricardo
Martínez Vázquez, subdirector xeral de Cooperación con países do Mediterráneo
e de Europa oriental, se aproximaron posicións para viabilizar sen estridencias a realización de
proxectos entre a AECI, entidade dependente do Ministerio de Asuntos Exteriores, e os Fondos. Nesta xuntanza, por parte da AECI e dos Fondos se fixo unha presentación das actividades e liñas de traballo de cada quen, a fin de poder apreciar conxuntamente os puntos de encontro sobre os que se podía traballar no futuro. A AECI fixo fincapé na importancia de criterios como: a concentración xeográfica, o apoio ao ámbito social (educación e saúde), ao fortalecimento institucional (municipalismo), cultura, medioambiente, desenvolvemento económico e formación. A modalidade principal de actuación da AECI se relaciona actualmente cos chamados programas rexionais e as liñas de actuación preferente. O programa Azahar (para o Mediterráneo) e o de Africa subsahariana (centrado en saúde, desenvolvemento rural, pesca) se concertan con diferentes actores, entre eles as comunidades autónomas e están abertos á participación dos Fondos. As fórmulas posibles de colaboración se instrumentarían tanto a nivel de cofinanciamento de accións como de accións horizontais, expresando grande interese en materia de fortalecemento institucional, especialmente en África, ámbito sensible para o Fondo Galego que pula pola incentivación dos vínculos coa área lusófona. O Fondo Galego xa remitiu á AECI un listado dos proxectos que estamos financiando na África subsahariana. Respecto a América Latina, unha das prioridades, a AECI conta cunha estratexia rexional centrada en Centroamérica, converxente tamén cos proxectos a impulsar pola Xunta de Galicia e o Fondo Galego. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Mapa de socios do Fondo Galego |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 11/01/2003
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||