Infórmate a Fondo


Volver a Fondo GalegoNúmero 44 - 7 de outubro de 2002

Sumario


  Núm anteriores
    A Lei de Cooperación no Parlamento    
nº 043 - 02/09/2002
nº 042 - 28/06/2002
nº 041 - 03/06/2002
nº 040 - 22/05/2002
nº 039 - 01/05/2002
nº 038 - 09/04/2002
nº 037 - 18/03/2002
036 / 035 / 034 / 033
032 / 031 / 030 / 029
028 / 027 / 026 / 025
024 / 023 / 022 / 021
020 / 019 / 018 / 017
016 / 015 / 014 / 013
012 / 011 / 010 / 009
008 / 007 / 006 / 005
004 / 003 / 002 / 001
Concello de Vigo e Fondo axustan o paso coa colaboración das ONGDs
Share-Guatemala, de visita en Galicia
Galicia non é tan solidaria
Os concellos de Ares e Valdoviño fóra do Fondo Galego de Cooperación por non pagar as cuotas
Representantes de INPRHU-Somoto se reuniron co Fondo Galego
Visita de Omar López
Arquitecto conservador da cidade histórica de Santiago de Cuba
Curso de capacitación en cooperación ao desenvolvemento
Mapa de socios do Fondo Galego

Volver ó sumario
A Lei de Cooperación no Parlamento
A Lei de Cooperación Internacional ao Desenvolvemento xa está no Parlamento. Nos próximos días, representantes do Fondo Galego se reunirán cos grupos parlamentarios para facerlles chegar o noso posicionamento, basicamente coincidente co espíritu e a letra deste texto que foi discutido con todas as partes interesadas e que pode supoñer un punto de inflexión na maneira de abordar estes temas en Galicia.
 
Volver ó sumario
Concello de Vigo e Fondo axustan o paso coa colaboración das ONGDs
Nunha xuntanza do Consello Municipal de Cooperación Internacional de Vigo, representantes das ONGDs locais, do Concello –grupo de goberno e oposición– e do propio Fondo, co vicepresidente en nome de Alfredo Novoa, se analizou a resolución da convocatoria de proxectos 2002. Como é sabido, este é o primeiro exercicio en que o Concello de Vigo, de conformidade co recollido na Declaración das Cidades, transfire ao Fondo a totalidade da partida destinada a proxectos. Por iso adquire especial relevancia establecer mecanismos de diálogo e coordinación para que este tempo de transición se resolva sen quebras e sen merma da capacidade de xestión de proxectos das ONGDs desta localidade, tan activa no movemento da cooperación en Galicia.

Entre presentación e diálogo, foise abrindo paso a idea da importancia de reforzar a cooperación aquí, entre todos os actores, para ser máis eficaces na loita contra a pobreza e o subdesenvolvemento. O Fondo ofreceu aos presentes toda a capacidade da súa Secretaría para afortalar ese proceso de cooperación, en primeiro lugar, convidando a todas as ONGDs a incorporarse ao Consello Municipal da Cooperación.
 
Volver ó sumario
Share-Guatemala, de visita en Galicia
Share é unha organización guatemalteca, sen fins de lucro, laica, que comezou a traballar en 1986 co apoio de World Share a fin de promover procesos de desenvolvemento sostible e sustentable en apoio a grupos humanos en situación de vulnerabilidade. A maiores, fomenta unha cultura de aprendizaxe e un enfoque de protección dos recursos, con programas de desenvolvemento rural (incremento de ingresos familiares, saúde e nutrición familiar, fortalecemento da organización e capacidade local), de apoio aos damnificados polo Mitch, de educación, credirural, de alfabetización e de comercio xusto.

Durante a súa estadía en Galicia, David Arrivillaga, director executivo, e Celeste Flores de Chinchilla, xerente, deron a coñecer as súas actividades, á vez que se interesaron polos proxectos, a identidade e o funcionamento do Fondo Galego.
 
Volver ó sumario
Galicia non é tan solidaria
Os concellos de Ares e Valdoviño fóra do Fondo Galego de Cooperación por non pagar as cuotas
[Para axudar á loita contra a pobreza no mundo, a cuota que cada concello debe abonar ao Fondo Galego é de 0,015 euros por habitante e ano].

Son as primeiras baixas en cinco anos despois dun proceso ascendente que permitiu a progresiva incorporación de máis de sesenta entidades locais e provinciais que representan a preto do 60 por cento da poboación de Galicia. Nunha nota difundida polo Fondo Galego, se considera esta situación como “lamentable e decepcionante”, habida conta do baixo perfil do compromiso solidario de Galicia en relación a outras comunidades autónomas e do carácter practicamente simbólico das cuotas fixadas, moi moderadas precisamente a fin de facilitar que o diñeiro non sexa un obstáculo para iniciar un compromiso estable que poida ir a máis no futuro. Que esta circunstancia se produza cando no Parlamento tivo entrada o proxecto de lei de Cooperación Internacional ao Desenvolvemento, non deixa de ser paradoxal.
 
Volver ó sumario
Representantes de INPRHU-Somoto se reuniron co Fondo Galego
Gladys Cáceres, directora do Instituto de Promoción Humana de Somoto (Nicaragua), presentou en Ferrol e Santiago as liñas básicas de actuación do seu Centro, procurando a complicidade do Fondo no financiamento de proxectos para a erradicación da pobreza no seu país. Este Instituto é a ONG máis antigua de Nicaragua, fundada en 1964. Segundo Gladis, Nicaragua figura entre os países máis pobres do mundo e altamente endebedado. Existe unha estratexia reforzada de crecemento económico e reducción da pobreza baseada en catro pilares: a) crecemento económico de base ampla e reforma estructural; b) investimento no capital humano dos pobres; c) mellor protección dos grupos vulnerables; d) gobernabilidade e desenvolvemento institucional.

Ademáis de reunirse co alcalde de Ferrol e pronunciar unha conferencia na cidade departamental, en Santiago, se reuniu coa Comisión Executiva do Fondo con quen departiu con amplitude sobre estes temas, procurando implementar liñas de colaboración que permitan o desenvolvemento de proxectos de interese mutuo, especialmente no municipio de Las Sabanas.
 
Volver ó sumario
Visita de Omar López
Arquitecto conservador da cidade histórica de Santiago de Cuba

Unha vez que o presidente da Xunta de Galicia confirmou a súa disponibilidade para participar nesta Sesión, están en marcha os seus preparativos. Os obxectivos elementais desta iniciativa son os seguintes:

  • Mobilizar aos nosos asociados e demáis entidades locais e provinciais arredor desta circunstancia de xeito que se facilite unha maior aproximación e identificación co proxecto.

  • Chamar a atención de todos ás portas da elaboración dos derradeiros Orzamentos desta lexislatura para que se contemple unha partida especifica de cooperación, se aumenten as aportacións e se designe persoal específico para asumir estas tareas. Serían os tres compromisos mínimos.

  • Sensibilizar a todos respecto da importancia deste tema de cara a telo en conta nos programas das próximas eleccións municipais.
 
Volver ó sumario
Curso de capacitación en cooperación ao desenvolvemento
O Curso foi inaugurado o pasado día 23 de setembro coa presencia de representantes da Xunta de Galicia, da FEGAMP e do Fondo Galego. Na súa alocución, Domingo Bello, director da Escola Galega de Administración Pública, desexou o éxito desta iniciativa, garantido polo corpo de ponentes e o interese dos inscritos. O curso é de 100 horas lectivas e rematará o 25 de outubro.
 
Volver ó sumario
Mapa de socios do Fondo Galego
A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
Deputación Lugo Deputación Deputación
A Coruña Mondoñedo Allariz A Cañiza
A Pobra do Caramiñal O Valadouro Ferrol A Estrada
As Pontes Quiroga Montederramo A Guarda
Arteixo Samos O Barco Baiona
Bergondo Sarria O Carballiño Bueu
Betanzos   O Irixo Cangas
Boiro   Ourense Cuntis
Brión   Vilar de Santos Gondomar
Cabanas     Moaña
Carral     Nigrán
Cedeira     O Porriño
Cerceda     O Rosal
Corcubión     Poio
Culleredo     Pontecesures
Fene - - Pontevedra
Ferrol - - Redondela
Lousame     Rodeiro
Mugardos - - Soutomaior
Narón - - Vigo
Neda - - Vilagarcía de Arousa
Noia

Mapa de Socios do Fondo Galego-

Oleiros
Outes
Pontedeume
Porto do Son
Rianxo
Santiago
Vimianzo
 
 
Volver a Fondo Galego

Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 06/10/2002