A Comisión Executiva do Fondo Galego reuniuse co presidente Fraga |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Pola súa banda, Alfredo Novoa, presidente do Fondo Galego, salientou o positivo balance destes cinco anos de traballo nos que se foron incrementando os socios e os recursos, un ascenso que evidencia unha sensibilidade cada vez maior do municipalismo galego arredor dos problemas da cooperación e do desenvolvemento cos países do Sur. Alfredo Novoa, que agradeceu o apoio do presidente da Xunta de Galicia expresado por carta ao pouco de fundarse o Fondo, quiso transmitir a Manuel Fraga, en nome de toda a Executiva e de todo o Fondo, a satisfacción polo feito e a firme vontade de perseverar nesta vía. O presidente Fraga foi convidado a presidir unha Sesión especial conmemorativa do Quinto Aniversario do Fondo Galego de Cooperación que se celebrará a finais de outubro ou primeiros de novembro. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Curso de capacitación en cooperación ao desenvolvemento |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Desenvolverase entre os días 23 de setembro e 25 de outubro en Santiago de Compostela e cos seguintes obxectivos:
Os destinatarios preferentes desta iniciativa son: funcionarios das administracións autonómica e municipal, asi como persoal de organizacións non gobernamentais. O número de prazas está limitado a 25 persoas. Chegado o caso realizaríase unha preselección de candidatos, a fin de asegurar un equilibrio na participación dos colectivos citados e primando a orde de inscrición. A matricula pecharase unha semana antes do inicio do curso, previsto inicialmente para o 23 de setembro. O programa ten unha duración de 100 horas. As sesións terán lugar de luns a venres, en horario de tarde e cunha duración de catro horas diarias. A asistencia ás clases é obrigatoria. Entregarase certificado de asistencia. Máis información na web: www.igadi.org, en info@igadi.org ou na Secretaría do Fondo: 986 357238. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Visita de INPRHU-SOMOTO |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Unha delegación do Instituto de Promoción Humana Somoto, de Nicaragua, visitará Galicia nos primeiros días de outubro para analizar co Fondo Galego as posibilidades de iniciar unha cooperación froitífera na implementación de estratexias de reducción da pobreza neste país. INPRHU-SOMOTO é o coordinador para Mesoamérica e o Caribe de MAELA, Movemento Agroecolóxico de América Latina (http://www.maela-net.org/). | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Proxectos en execución en Cabo Verde |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| O Fondo Galego e a Cámara Municipal de San Vicente asinaron
recentemente os protocolos de financiamento de dous proxectos para realizar conexións domiciliarias á
rede de saneamento e de auga en Monte Sossego-Alto Bomba e Bela Vista-Pedreira, que beneficiarán a unhas
duascentas familias e permitirán “combater as doenças diarreicas e contagiosas que afectam principalmente
as camadas sociais mais desfavorecidas e, de uma forma geral, contribuir para a a melhoria das condições
de vida das populações”. O importe total de ambos proxectos ascende a 9 millóns de escudos caboverdianos, preto de 82.000 euros, que serán financiados polo propio Fondo e a Consellería de Emigración e Cooperación Exterior. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Irmanamentos |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Os irmanamentos constitúen hoxe un referente práctico
insoslaiable da proxección exterior dos nosos municipios que adoece, en primeiro lugar, dun censo e rexistro
público dos acordos asinados, dunha avaliación mínima da súa evolución, virtudes
e carencias, e dunha concordancia mínima co acompañamento dos intereses exteriores de Galicia, de
xeito que a través dos irmanamentos, Galicia poida proxectar a súa relación cos emigrantes
nun ámbito tan próximo aos cidadáns como é o local e igualmente poida configurarse
progresivamente un foro institucional bilateral que poida actuar como lobby en cuestións de interese mutuo. Cómpre unha aproximación avaliadora da actividade desenvolvida polos concellos de Galicia en materia de irmanamentos, con indicación do número de institucións implicadas, partenaires e ámbitos xeográficos afectados, contidos principais e evolución, e así mesmo a súa relación cos mundos da cooperación ó desenvolvemento e a presencia ou non de emigración galega nos municipios irmanados. Por último, efectuar un contraste entre a proxección obtida e os principais ámbitos de interese da acción exterior de Galicia. Ese estudio está en marcha co apoio do Fondo, da FEGAMP e da Xunta de Galicia, e executado polo IGADI. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Sesión especial conmemorativa, comprometidos coa cooperación |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Unha vez que o presidente da Xunta de Galicia confirmou a súa disponibilidade para participar nesta Sesión, están en marcha os seus preparativos. Os obxectivos elementais desta iniciativa son os seguintes:
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Mapa de socios do Fondo Galego |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 02/09/2002
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||