O Fondo Galego reunirá en Vigo aos Fondos de Cooperación |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| O próximo día 27 de xuño, coincidindo coa
celebración do noso quinto aniversario, reunirase en Galicia, na cidade olívica, a Confederación
de Fondos do Estado español, unha plataforma que agrupa a todos os Fondos municipalistas de cooperación
existentes en España: Catalán, Basco, Mallorquí, Menorquí, de Eivissa (Ibiza), Valencia,
e Andaluz. A reunión estará presidida por Joan Aguado, alcalde de Vilafranca del Penedès e
máximo representante do Fons Catalá. Os asistentes manterán unha reunión de traballo
durante toda a mañán, na que poderán participar os membros da Comisión Executiva do
Fondo Galego. Así mesmo, manterán un encontro cos medios de comunicación e co alcalde do Concello
de Vigo, Lois Pérez Castrillo. É a segunda vez que a Confederación se reúne en Galicia. Ao pouco de nacer o noso Fondo, en febreiro de 1998, reuníranse tamén en Santiago de Compostela para expresar a súa unánime satisfacción e ledicia por esa realidade emerxente que hoxe podemos certamente consolidar, cinco anos despois, cun incremento substancial das accións e do papel do municipalismo no ámbito da cooperación descentralizada. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Xunta e Fegamp respaldan activamente ao Fondo Galego |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nas últimas semanas concretáronse numerosos avances que evidencian o alto nivel de sintonía existente entre as diferentes administracións públicas para impulsar a cooperación ao desenvolvemento. En primeiro lugar, ademais do convenio de sensibilización, a Consellería de Emigración e Cooperación Exterior rubricou o Convenio para continuar co proxecto de Santiago de Cuba, para a revitalización da cidade histórica, de xeito que neste exercicio daremos un novo impulso a esta iniciativa completando o diagnóstico urbanístico, ampliando a formación de técnicos, poniendo en valor o seu patrimonio cultural e adquirindo novos soportes materiais que faciliten a realización dos traballos. Ademais, o convenio asinado pola citada Consellería coa Fegamp será xestionado polo Fondo Galego a través dun protocolo de execución que inclúe a realización de actuacións en Cabo Verde e Guatemala, así como un curso de formación de 100 horas e actividades de investigación en materia de irmanamentos, emigración e cooperación exterior. | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Iniciativa privada |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ese mesmo espíritu de colaboración seduce aos actores privados. A empresa de pinturas Meldorf vén de amosar a súa disposición a colaborar co Fondo para que no proxecto de Santiago de Cuba, moi importante pola súa envergadura e polo que supón de especialización da cooperación municipalista, se habilite un segmento de recuperación da imaxe urbana a través do pintado de doce mazáns do seu centro histórico. O Fondo Galego agradece a Meldorf a súa desinteresada colaboración neste novo impulso do intercambio entre Galicia e Cuba, entre os municipios galegos e Santiago de Cuba. | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
O Fondo Galego co PNUD |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Representantes dos Fondos e do PNUD (Programa de Nacións Unidas para o Desenvolvemento) reuníronse en Barcelona o 9 de abril para analizar as posibilidades de cooperación, habida conta que algúns dos seus proxectos se desenvolven nalgúns países onde os Fondos executan programas. O intercambio de información e a posible adhesión dos Fondos ao PDL (Programa de Desenvolvemento a nivel Local) constitúen os dous eixos principais de encontro. | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
As novas tecnoloxías do noso lado |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| En poucos meses contaremos cun Cd-Rom no que se recollerá toda a información existente na nosa páxina web, de xeito que, nun formato accesible e económico, facilmente actualizable, procuraremos a todos os interesados todos os detalles da nosa identidade, funcións e obxectivos. | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Solidariedade con Palestina |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| No anterior Infórmate a Fondo, dábamos conta da creación do Fondo de Emerxencia e da súa primeira actividade: impulsar a solidariedade con Palestina. Coa colaboración da organización galega da Marcha Mundial de Mulleres e da Fundación Araguaney, o proceso está en marcha e vén de recibir un importante respaldo cos irmanamentos de Oleiros con Ienín e de Santiago de Compostela con Belén. O pobo palestino merece e precisa a nosa solidariedade. | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Comisión Interterritorial |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| O pasado 20 de maio reuniuse en Madrid co obxecto principal de analizar o impacto ambiental en materia de cooperación, se ben non puido concluírse por defectos graves na convocatoria. Esta Comisión depende do Ministerio de Asuntos Exteriores e nela tamén participa o Fondo Galego. | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Cooperación ao desenvolvemento |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| A Consellería de Emigración e Cooperación Exterior da Xunta de Galicia vén de aprobar o Anteproxecto da Lei de Cooperación ao Desenvolvemento, fundamental para definir o contexto legal e normativo da cooperación en Galicia. Alfredo Novoa, presidente do Fondo, participou nunha primeira xuntanza de debate celebrada o pasado 13 de maio e que volverá a reunirse o próximo 24 de xuño. O pasado día 31 de maio, a Comisión Executiva, debatiu e deu o seu visto e prace ao parecer do Fondo Galego a respecto do Anteproxecto, saudando positivamente a iniciativa e propondo algúns cambios e melloras. Todos os interesados poden consultar este documento na rede ou solicitalo á Secretaría: 986 357238. | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Audiencia con Manuel Fraga |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Con motivo de cumprirse próximamente o quinto aniversario da constitución do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, o presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga, recibirá á totalidade dos integrantes da súa Comisión Executiva. | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deputación de A Coruña |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| É a terceira en entrar. Unicamente nos queda como floco pendente, Lugo, e agardamos que por pouco tempo. A asociación desta Deputación supón un novo e importantísimo respaldo ao Fondo Galego, ao que se sumarán en breve os concellos de Caldas de Reis e Lalín, na provincia de Pontevedra. | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Mapa de socios do Fondo Galego |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 02/06/2002
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||