Infσrmate a Fondo


Volver a Fondo GalegoNúmero 39 - 1 de maio de 2002

Sumario


  Núm anteriores
    A Asemblea do Fondo resolveu a convocatoria de 2002 para o financiamento de programas    
nº 038 - 09/04/2002
nº 037 - 18/03/2002
nº 036 - 25/02/2002
nº 035 - 04/02/2002
nº 034 - 18/01/2002
nº 033 - 13/12/2001
032 / 031 / 030 / 029
028 / 027 / 026 / 025
024 / 023 / 022 / 021
020 / 019 / 018 / 017
016 / 015 / 014 / 013
012 / 011 / 010 / 009
008 / 007 / 006 / 005
004 / 003 / 002 / 001
Resume estatístico da Convocatoria
Mapa de socios do Fondo Galego
 
 
 
 

Volver σ sumario
A Asemblea do Fondo resolveu a convocatoria de 2002 para o financiamento de programas
A Asemblea do Fondo Galego aprobou a Resolución da Convocatoria 2002 para o financiamento de proxectos de cooperación ao desenvolvemento. Presentáronse a esta convocatoria un total de 51 proxectos co seguinte perfil xeográfico: Asia (2), África (10), Caribe (4), Centroamérica (10) e Sudamérica (25). A Comisión Executiva, a través dunha Ponencia Técnica, realizou unha primeira selección tendo en conta non soamente o interese das accións propostas senón igualmente as capacidades orzamentarias. A proposta da Ponencia foi avaliada pola Comisión Executiva do Fondo e, posteriormente, pola Asemblea xeral de asociados celebrada o 26 de abril de 2002 en Santiago de Compostela, na sede da Fegamp. A resultas do debate, aprobouse o financiamento dos seguintes proxectos:

1. Proxecto: Desenvolvemento económico e social para o aumento da producción de leite e carne na UBPC “Victoria de Girón”.

ONG: Veterinarios sen Fronteiras.
País: Cuba.
Presuposto: 276.748,61€.
Cantidade solicitada: 29.384,44€.
Cantidade aportada: 29.384,44€.
Resume: Incrementar a producción de carne e leite, mellorando o gando bacón e introducindo o bufalino, perfeccionando os sistemas de tenencia e alimentación do gando e creando novas condicións de traballo que faciliten a estabilidade e o reasentamento poboacional.

2. Proxecto: Adquisición de bicicletas para mestres populares e promotores de organización.

ONG: Bicis pola Paz.
País: El Salvador.
Presuposto: 3.621,00€.
Cantidade solicitada: 2.000,00€.
Cantidade aportada: 2.000,00€.
Resume: Adquisición de 27 bicicletas para facilitar o traslado entre as comunidades rurais e facilitar o desenvolvemento socioeducativo na rexión de San Salvador (La Libertad).

3. Proxecto: Banco de materiais para melloras nas vivendas de El Viejo.

ONG: Arquitectos sen Fronteiras.
País: Nicaragua.
Presuposto: 117.493,34€.
Cantidade solicitada: 35.979,92€.
Cantidade aportada: 35.979,92€.
Resume: Pretende mellorar as condicións de salubridade e seguridade das familias de El Viejo, propiciando a creación dun fondo rotatorio que permitirá aos habitantes mercar o material necesario a prezos baixos. A contratación de man de obra farase a través duna Escola-Taller.

4. Proxecto: Apoio ó desenvolvemento sostible das comunidades indixenas andinas de Chuma.

ONG: Intermón.
País: Bolivia.
Presuposto: 274.697,52€.
Cantidade solicitada: 30.325,00€.
Cantidade a aportar: 30.325,00€.
Resume: O proxecto pretende apoiar o desenvolvemento cooperativo agrícola de 22 comunidades, das máis pobres da zona.

5. Proxecto: Identificación e solución da situación social e legal dos nenos, nenas e adolescentes institucionalizados.

ONG: Meniños.
País: Ecuador.
Presuposto: 164.758,00€.
Cantidade solicitada: 22.850,00€.
Cantidade a aportar: 22.850,00€.
Resume: Identificar a rapaces en situación de internado ou semi-internado para facilitgar a súa integración tanto familiar como social, capacitando as institucións e creando redes de apoio.

6. Proxecto: Accesibilidade a auga potable para os habitantes da zona noroeste do distrito de Turkana.

ONG: Fundación Pro-Mundo.
País: Quénia.
Presuposto: 25.736,16€.
Cantidade solicitada: 23.162,55€.
Cantidade a aportar: 23.162,55€.
Resume: Construcción de tres encoros para a recollida de auga nos acuíferos naturais das montañas, facilitando a mellora da saúde e da hixiene, así como a optimización dos recursos gandeiros e o inicio de proxectos agrícolas.

7. Proxecto: Asistencia médica e cirúrxica gratuíta.

ONG: Solidariedade Galega.
País: Perú.
Presuposto: 38.128,21€.
Cantidade solicitada: 6.010,12€.
Cantidade a aportar: 6.010,12€.
Resume: Asistencia pediátrica, oftalmolóxica, ciruxía xeral e docencia do persoal autóctono, con desprazamento de material e de recursos humanos desde Galicia.

8. Proxecto: Construcción de alcantarillado sanitario na aldea de San Juan de Dios.

Contraparte: Incide.
País: Guatemala.
Presuposto: 82.373,21€.
Cantidade solicitada: 82.373,21€.
Cantidade a aportar: 20.593,30€.
Cofinanciadores: Consellería de Emigración e Cooperación Exterior da Xunta de Galicia.
Resume: Restricción de pozos cegos e canalización de augas residuais.
Cláusula: O financiamento deste proxecto materializarase en función da concreción das achegas dos cofinanciadores previstos.

9. Proxecto: Construcción de infraestructuras comunitarias básicas en Bela Vista-Pedreira.

Contraparte: Camara Municipal de Sao Vicente.
País: Cabo Verde.
Presuposto: 40.909,09€.
Cantidade solicitada: 40.909,09€.
Cantidade a aportar: 10.227,27€.
Cofinanciadores: Consellería de Emigración e Cooperación Exterior da Xunta de Galicia.
Resume: Realización de conexións domiciliarias á rede pública de auga e de saneamento.
Cláusula: O financiamento deste proxecto materializarase en función da concreción das achegas dos cofinanciadores previstos.

10. Proxecto: Construcción de infraestructuras comunitarias básicas en Monte Sossego-Alto Bomba.

Contraparte: Camara Municipal de Sao Vicente.
País: Cabo Verde.
Presuposto: 40.909,09€.
Cantidade solicitada: 40.909,09€.
Cantidade a aportar: 10.227,27€.
Cofinanciadores: Consellería de Emigración e Cooperación Exterior da Xunta de Galicia.
Resume: Realización de conexións domiciliarias á rede pública de auga e de saneamento.
Cláusula: O financiamento deste proxecto materializarase en función da concreción das achegas dos cofinanciadores previstos.

11. Proxecto: Plan Maestro para a revitalización da cidade histórica de Santiago de Cuba.

Contraparte: Municipalidade de Santiago de Cuba.
País: Cuba.
Presuposto para este exercicio: 81.050,00€.
Cantidade solicitada: 12.020,24€.
Cantidade a aportar: 12.020,24€.
Cofinanciadores: Consellería de Emigración e Cooperación Exterior da Xunta de Galicia e Concello de Santiago de Compostela.
Resume: Diagnóstico urbanístico, elaboración de material gráfico, intercambio formativo e adquisición de equipos.
Cláusula: O financiamento deste proxecto materializarase en función da concreción das achegas dos cofinanciadores previstos.

12. Proxecto: Mellora das condicións de seguridade dos pescadores artesanais.

Contraparte: Instituto Nacional de Desenvolvemento das Pescas e Cámara Municipal de Sao Vicente.
País: Cabo Verde.
Presuposto: 74.999,92€.
Aportación local: 3.077,15€.
Cantidade solicitada: 71.922,77€.
Cantidade a aportar: 17.980,69€.
Cofinanciadores: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia.
Resume: Construcción dun abrigo e dun pozo, instalación de reflectores de radar e outros mecanismos de seguridade.
Cláusula: O financiamento deste proxecto materializarase en función da concreción das achegas dos cofinanciadores previstos.

13. Proxecto: Programa de actuación integral en Porto Rincao.

Contraparte: Cámara Municipal de Santa Catarina, Organización de Mulleres de Cabo Verde, Associaçao Rincao em desenvolvemento, Escola e jardim infantil de Porto Rincao, Associaçao Mutualidade de Poupança e Crédito de Rincao.
País: Cabo Verde.
Presuposto: 250.000,00€.
Cantidade solicitada: 50.000,00€.
Cantidade a aportar: 50.000,00€.
Cofinanciadores: Axencia Española de Cooperación Internacional.
Resume: Construcción e equipamentos de centro comunitario, arranxo de rúas, redes de auga potable, microcréditos, fábrica de xeo e outras actuacións no ámbito da educación cívica.
Cláusula: O financiamento deste proxecto materializarase en función da concreción das achegas dos cofinanciadores previstos.

Nesta convocatoria destinarase ao financiamento de proxectos un total de 261.760,80 euros.
 
Volver σ sumario
Resume estatístico da Convocatoria
Número de proxectos presentados: 46 (100%).

Proxectos de ONGs: 35 (76’08%), inscritas en Galicia: 29, resto España: 4; proxectos cooperación directa: 11 (23’92%).

Medio correo: 39 (84’78%); medio Internet: 7 (15’22%).

En prazo: 44 (95’65%); fóra de prazo: 2 (4’35%).

Total continentes: 3 (100%). América: 40 (86’95%-100%), Caribe: 4 (8’70%-10’00%), Centro América: 11 (23’91%-27’50%), Sud-América: 25 (54’34%-62’50%). África: 4 (8’70%). Asia: 2 (4’35%).

Formación e cultura: 15; sanidade e nutrición: 6; estudios e investigacións: 4; agro e gandería: 5; servicios municipais: 2; capacitación de mulleres: 3; construcción e reconstrucción: 8; adquisición de materiais: 3.

Escala importe solicitado (en euros): 0 a 6.000, 8 (17’40%); 6.001 a 18.000, 10 (21’75%); 18.001 a 30.000, 11 (23’91%); 30.001 a 42.000, 7 (15’21%); 42.001 a 54.000, 1 (2’17%); 54.001 a 66.000, 5 (10’87%); 66.001 a 78.000, 1 (2’17%); 78.001 a 90.000, 2 (4’35%); 90.001 a 120.000, 1 (2’17%); >120.001, 0 (0’00%).

Escala montante total (en euros): 0 a 6.000, 4 (8’70%); 6.001 a 18.000, 3 (6’52%); 18.001 a 30.000, 7 (15’21%); 30.001 a 42.000, 8 (17’40%); 42.001 a 54.000, 2 (4’35%); 54.001 a 66.000, 2 (4’35%); 66.001 a 78.000, 2 (4’35%); 78.001 a 90.000, 1 (2’17%); 90.001 a 120.000, 5 (10’87%); >120.001, 12 (26’08%).

Solicitan total proxecto: 13 (28’26%); solicitan % proxecto: 33 (71’74%).
 
Volver σ sumario
Mapa de socios do Fondo Galego
A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
A Coruña Lugo Deputación Deputación
A Pobra do Caramiñal Mondoñedo Allariz A Cañiza
As Pontes O Valadouro Ferrol A Estrada
Arteixo Quiroga Montederramo A Guarda
Bergondo Samos O Barco Baiona
Betanzos Sarria O Carballiño Bueu
Boiro   O Irixo Cangas
Brión   Ourense Cuntis
Cabanas   Vilar de Santos Gondomar
Carral     Moaña
Cedeira     Nigrán
Cerceda     O Porriño
Corcubión     O Rosal
Culleredo     Poio
Fene     Pontecesures
Ferrol - - Pontevedra
Lousame - - Redondela
Mugardos     Rodeiro
Narón - - Soutomaior
Neda - - Vigo
Noia - - Vilagarcía de Arousa
Oleiros

Mapa de Socios do Fondo Galego-

Outes
Pontedeume
Porto do Son
Rianxo
Santiago
Vimianzo
 
 
 
Volver a Fondo Galego

Volver σ principio


Ir α pαxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 09/05/2002