|
Sumario
|
Núm anteriores
|
|||||||||||||||||
| Máis de corenta proxectos se presentaron na convocatoria de 2002 |
|
|||||||||||||||||
| Convenio coa Consellería de Emigración e Cooperación Exterior | ||||||||||||||||||
| Centroamérica Posible | ||||||||||||||||||
| Alta de Sarria | ||||||||||||||||||
| Plan Maestro de Revitalización da Cidade Histórica de Santiago de Cuba | ||||||||||||||||||
| Mapa de socios do Fondo Galego | ||||||||||||||||||
Máis de corenta proxectos se presentaron na convocatoria de 2002 |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Reuniuse a Ponencia Técnica do Fondo para analizar os proxectos
presentados na convocatoria de 2002. En Baiona, na sede da nosa Secretaría, Inma (Santiago), María
Xosé (Vigo), Marieta (Deputación de Pontevedra), Lourdes (Culleredo), e Marta e Xulio Ríos
(do Igadi-Secretaría) avaliaron o conxunto dos proxectos que presentaban o seguinte perfil xeográfico:
Asia (2), África (3), Caribe (4), Centroamérica (9), Sudamérica (18) e Arxentina (7). En total,
43 proxectos. Os criterios barallados pola Ponencia á hora da selección teñen en conta non
soamente a área xeográfica ou a contía solicitada, aspectos inevitables, senón sobre
todo o contido, as necesidades que se pretende afrontar, a súa correspondencia coa actuación propiamente
municipalista e a súa proxección futura, é dicir, a posibidade de sostemento do proxecto unha
vez executado, procurando fuxir do mero asistencialismo. Da análise da Ponencia Técnica deuse traslado á Comisión Executiva, que se reunirá o próximo día 12 de abril na sede da FEGAMP en Santiago de Compostela e a quen lle corresponde formular unha Proposta de financiamento concreto que deberá ser discutida e aprobada polo conxunto de socios do Fondo Galego reunidos en Asemblea xeral convocada ao efecto. A previsión é que esta xuntanza que poña fin ao proceso da convocatoria a ONGs se leve a cabo no curso da primeira quincena do próximo mes de maio. A maiores, no presente exercicio, o Fondo Galego dará un forte impulso aos proxectos de cooperación directa con financiamento parcial da AECI (Cabo Verde) e da Xunta de Galicia. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convenio coa Consellería de Emigración e Cooperación Exterior |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Aurelio Miras e Alfredo Novoa asinaron o pasado 2 de abril no Pazo de Raxoi un Convenio de colaboración para o desenvolvemento de accións de sensibilización que inclúen a formación dunha rede de funcionarios municipais comprometidos coas actividades de cooperación ao desenvolvemento e a organización dun curso orientado aos mesmos para ampliar a súa preparación neste campo. Así mesmo, noutro plano, o Convenio contempla a elaboración dun Cd-Rom divulgativo do Fondo galego e o cofinanciamento dunha Misión municipalista que podería levarse a cabo no presente exercicio a fin de visitar algúns dos proxectos financiados polo Fondo nos últimos anos. | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Centroamérica Posible |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| O Fondo Galego colabora coa campaña de sensibilización
sobre o combate á vulnerabilidade en Centroamérica que dinamiza Solidariedade Internacional, co patrocinio
da AECI. Trátase de afondar nas causas sociais tralos desastres naturais, con especial énfase na
destrucción dos ecosistemas, no papel do Estado, na variante de xénero, etc, todas as aristas que
concretan o perfil dunha catástrofe calquera pero que produze efectos totalmente desiguais segundo o país
ou sectores sobre os que recaia. Igualmente a campaña pretende afondar nas limitacións da axuda de
emerxencia, na necesidade de levar a cabo un permanente traballo de prevención e de restauración
continuada. A campaña inclúe unha exposición e diverso material gráfico elaborado coa
aportación tamén do Fondo Galego. O noso compromiso coa rexión centroamericana mantívose ao longo dos últimos anos e dende o mesmo nacemento do Fondo. En 1998, un 59,56% do orzamento se destinou a esta zona; en 1999, o 33,82%; en 2000, o 55,72%; en 2001, o 49,27%, cantidades todas ben reveladoras da sensibilidade existente entre os municipios galegos na loita contra a erradicación da pobreza e os efectos dos desastres naturais na área centroamericana. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Alta de Sarria |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| A Corporación Municipal do Concello de Sarria, provincia de Lugo, aprobou en sesión plenaria a súa incorporación ao Fondo Galego. Esa vontade fora explicitada pola concelleira de cultura e servicios sociais, María Elena Corujo, na xuntanza celebrada recentemente na capital lucense. Dámoslle a benvida a Sarria e reiteramos o noso convite aos concellos desta provincia para integrarse no Fondo e non quedar á marxe dese medre significativo do compromiso solidario de Galicia enteira. | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Plan Maestro de Revitalización da Cidade Histórica de Santiago de Cuba |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| No marco deste proxecto que cofinancia a Xunta de Galicia, o Concello
de Santiago de Compostela e o Fondo Galego, culminaron a súa estadía de formación e intercambio
entre nós, Ivette María Borjas Martí e Odalís Gloria Quintana Catón, arquitectas
de Santiago de Cuba que ademais de intercambiar puntos de vista sobre a proximidade (e a distancia) existente entre
a planificación urbanística en Galicia e en Cuba, sentaron as bases para desenvolver un traballo
conxunto máis operativo e de excelente calidade cos técnicos galegos (da Oficina de Planeamento)
que están a reforzar ese proceso de elaboración do Plan que promove a Oficina do Conservador da cidade
de Santiago de Cuba. Este proxecto, que axiña chegará ao seu primeiro ano de execución, prosegue a un ritmo óptimo e todas as entidades co-financiadoras reafirmaron o seu compromiso de culminalo nos prazos previstos –tres anos–. Para o Fondo Galego, se trata dunha experiencia pioneira que se identifica plenamente co espiritu da cooperación municipalista na medida en que poucos servicios coma o urbanístico forman parte tan indisoluble da identidade municipal e son xeradores de benestar e desenvolvemento. Para o 2002 inclúense varias actuacións importantes que inclúen a culminación do Diagnóstico urbanístico, a realización de boa parte da documentación previa, a preparación dunha exposición sobre o patrimonio histórico e cultural de Santiago de Cuba e algunhas actuacións materiais de naturaleza máis impactante para as que se están a buscar patrocinadores privados do sector. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Mapa de socios do Fondo Galego |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 08/04/2002
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||