Ferrol podería seguir os pasos de Vigo |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Na xuntanza que a Comisión Executiva celebrou en Ferrol o 19 de febreiro, tanto Belén Gómez, concelleira representante da cidade departamental no Fondo coma o propio alcalde, Xaime Bello, expresaron o seu interese en afortalar a cooperación co Fondo Galego, entrando a valorar a inclusión nun convenio bilateral da posibilidade de xestionar os proxectos que este Concello realiza en Masaya (Nicaragua) ao abeiro dun acordo de irmanamento. O Fondo galego, que conta cunha oficina de seguimento de proxectos en Nicaragua, brindaría todo o seu apoio loxístico para asegurar a maior calidade e rigor destas iniciativas. | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Un Fondo para Emerxencias |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Na xuntanza celebrada en Ferrol tamén se concretaron os pormenores do Fondo para Emerxencias que nace coas seguintes características: está dotado inicialmente co 10% das cuotas aportadas anualmente; contará cunha conta especial, diferenciada da ordinaria do Fondo; estará aberto a todo tipo de donacións, públicas e privadas; ao remate do ano, de non ser utilizado, o remanente quedará no propio Fondo de emerxencia; os proxectos de reconstrucción financiados con cargo a este Fondo xestionaranse cunha convocatoria extraordinaria. Finalmente, a aportación do Fondo librarase co 10% das cuotas do exercicio anterior efectivamente percibidas. | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Funcionarios de Enlace |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Urxe que cada entidade asociada comunique á Secretaría (986 357 238) a identidade do funcionario responsable das tareas relacionadas co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
A OAS da Universidade de A Coruña |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Visitou a Secretaría do Fondo Galego, Enrique Peña, director da oficina de Acción Solidaria da Universidade de A Coruña a fin de intercambiar impresións sobre diversos aspectos relacionados co fomento da cooperación en Galicia, sumando sinerxias e multiplicando a eficacia e a eficiencia dos limitados recursos con que contamos. A resultas deste encontro quedaron abertas vías de traballo en diferentes ámbitos: dende a sensibilización ata o financiamento, xestión e seguimento de proxectos. A Oficina de Acción Solidaria da Universidade de A Coruña é a encargada de xestionar, coordinar e potenciar os ámbitos do voluntariado social e a cooperación ó desenvolvemento na devandita Universidade. Conta con dúas delegacións: en Ferrol e A Coruña e desenvolve numerosas actividades e programas. Dende a Secretaría do Fondo transmitiuselle o interese en artellar fórmulas estables e concretas de colaboración. | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Reunión da Confederación de Fondos |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| O pasado día 8 de febreiro reuniuse en Alicante a Confederación de Fondos. Na xuntanza constatouse a importante evolución dos Fondos. No 2001, entre os oito Fondos que compoñen a Confederación aglutináronse 565 corporacións locais que xestionaron máis de 1.620 millóns de pesetas. Todo un salto enorme que non acaba aí: o interese medra de Asturias a Canarias, pasando por Murcia ou Badaxoz. O espectacular crecemento demanda en parello un esforzo de clarificación arredor da identidade e naturaleza dos Fondos, unha tarefa que se vai abordar nunha xuntanza extraordinaria a celebrar en Barcelona o próximo 5 de abril. Nela abordarase unha definición precisa dese tronco común que asenta o modelo de Fondo como unha opción plural, que responde ás características propias de cada Comunidade converxente nun esforzo solidario común. | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Aprobado o plan de traballo para 2002 |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| O plan de traballo aprobado en Alacant chama a atención sobre o desenvolvemento do marco autonómico legal en materia de cooperación. Recentemente publicouse a lei catalana de cooperación ó desenvolvemento e o novo conselleiro de Emigración e Cooperación Exterior xa anunciou ante o Parlamento o seu compromiso nese sentido. Hai procesos en marcha tamén noutras Comunidades, Andalucía, Illas Baleares, etc. Un dos compromisos esenciais deste ano é o referido á representación conxunta e seguimento da Cooperación no Estado, a través da presencia no Consello Interterritorial, a intensificación das relacións coa AECI, a propia Comisión Parlamentaria de Cooperación e outros ámbitos estatais e europeos. A tal efecto, editouse en francés a Memoria do último ano, unha iniciativa que facilitará a presentación dos Fondos ante os organismos internacionais. Finalmente, considérase de extrema importancia o reforzamento da capacidade de xestión dos Fondos, como mínimo, en tres liñas: rigor técnico, transparencia na xestión e incremento da participación. | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Sensibilización |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| O Fondo Galego colabora con numerosas actividades de formación e sensibilización realizadas por Galicia adiante, dende o Arteixo Solidario (“Imos dar a lata”), animado por Lourdes Suárez, ata a Xornadas sobre financiamento de proxectos de desenvolvemento e axuda humanitaria, da Cruz Vermella Española. | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Autoridades Locais en Porto Alegre |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| No Foro Social Mundial de Porto Alegre reuniuse o II Foro de Autoridades Locais, quen emitiron unha Declaración na que anuncian a creación dunha rede de cidades pola Inclusión Social, unha acción que relacionan coa constitución dunha nova organización mundial de cidades, froito do proceso de fusión da Federación Mundial de Cidades Unidas e a Unión Internacional de Autoridades Locais. Os obxectivos da nova rede situanse en moitos planos e dominios, dende a intervención no escenario internacional por outra globalización que supere o actual dominio financeiro, acepte as instancias democráticas internacionais e asegure o desenvolvemento sostible, ata impulsar a extensióin de políticas específicas de solidariedade nas cidades que aínda non a practican e reforzalas donde xa existan. Neste sentido, aprobouse unha iniciativa solidaria coas cidades arxentinas, co obxectivo de contribuír con apoio material ao sistema da saúde local. | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Alta de Bueu |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| O Concello pontevedrés de Bueu é a última adhesión ao Fondo Galego. O seu alcalde, Tomás Barreiro, quen participara nunha das xuntanzas itinerantes da Comisión Executiva celebrada en Cangas do Morrazo, amosou ao Fondo Galego a súa ledicia por contribuír ao reforzamento da cooperación municipalista, animando a outras entidades a sumarse a este proxecto. | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Mapa de socios do Fondo Galego |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 25/02/2002
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||