Infórmate a Fondo


Volver a Fondo GalegoNúmero 33 - 13 de decembro de 2001

Sumario


  Núm anteriores
    Primeiros resultados da Declaración das Cidades    
nº 032 - 14/11/2001
nº 031 - 05/10/2001
nº 030 - 01/08/2001
nº 029 - 04/07/2001
nº 028 - 24/05/2001
nº 027 - 19/04/2001
nº 026 - 26/03/2001
nº 025 - 13/03/2001
024 / 023 / 022 / 021
020 / 019 / 018 / 017
016 / 015 / 014 / 013
012 / 011 / 010 / 009
008 / 007 / 006 / 005
004 / 003 / 002 / 001
Sensibilizar: ¡a máis!
Reunión de técnicos en Barcelona
Estudi de la Cooperació Local de Catalunya amb els països del Sud
Xornadas de Voluntariado en Oleiros
Asemblea de Socios
Reunión do CMC
Boas festas e Mellor 2002
Mapa de socios do Fondo Galego
           

Volver ó sumario
Primeiros resultados da Declaración das Cidades
Preocupado pola necesidade de obter o máximo rendemento dos recursos que destina á cooperación ó desenvolvemento, o Concello de Vigo está comprometido co propósito de impulsar aquelas prácticas que posibiliten unha maior coordinación das políticas municipalistas desenvolvidas en Galicia neste eido, compartindo coas ONGs e o conxunto da sociedade viguesa esa aspiración común á mellora da cualidade da cooperación. Nesa perspectiva, o pasado 29 de novembro asinouse na cidade olívica un Convenio de colaboración entre o Fondo e o Concello que permitirá a aplicación dos recursos económicos aportados por esta entidade a proxectos de cooperación ó desenvolvemento en países do Sur, xestionados a través da participación do Concello na convocatoria pública de axudas a proxectos e programas de cooperación que realiza o Fondo Galego. O Concello de Vigo designará a un funcionario para integrarse na Ponencia Técnica do Fondo. O importe do Convenio ascende a 12 millóns de pesetas.

A sinatura deste convenio supón un novo comezo para a cooperación municipalista pois vai permitir estreitar a cooperación aquí, entre nós mesmos, para gañar en rendabilidade e eficacia nos países de destino da axuda. Santiago Domínguez, concelleiro do área no goberno municipal vigués, foi un dos principais valedores e impulsores da Declaración das Cidades asinada no pasado 5 de marzo de 2001.
 
Volver ó sumario
Sensibilizar: ¡a máis!
Esta foi a principal conclusión da xuntanza que a Comisión Executiva do Fondo Galego celebrou en Cangas do Morrazo o pasado día 10 de decembro. O salto propiciado coa creación do Fondo debe alargarse ata implicar ao conxunto das cidadanías das entidades asociadas, alentando mecanismos e actividades de participación que garantan un progresivo incremento da conciencia social arredor da transcendencia destes compromisos.

Arredor da exposición “¿Solidariedade? ¡A Fondo!” queremos organizar a presentación e distribución do vídeo, os libros, dos trípticos, das pegatinas, dos cadernos, mesmo dos programas de radio que están a emitirse na rede de emisoras municipais galegas para conseguir unha maior difusión da cooperación en Galicia. A revista-memoria do Fondo que da conta das principais actividades, proxectos e dinámicas auspiciadas nos primeiros catro anos de existencia, será unha excelente carta de presentación para esta campaña que contou para a súa elaboración co apoio da Dirección Xeral de Relacións Parlamentarias da Xunta de Galicia.

En presencia do alcalde, José Enrique Sotelo Villar, o presidente do Fondo, Alfredo Novoa Gil, e demáis membros da Comisión Executiva, ofreceuse unha conferencia de prensa na que os medios de comunicación da comarca foron informados das actividades e proxectos do Fondo. Nun encontro posterior co alcalde de Bueu, Tomás Barreiro, e a súa concelleira de Servicios Sociais, logrouse o compromiso dunha próxima integración deste Concello no Fondo Galego.
 
Volver ó sumario
Reunión de técnicos en Barcelona
Tamén o día dez reuníronse en Barcelona representantes técnicos dos diferentes Fondos existentes en España a fin de intercambiar impresións sobre o funcionamento e definir unha posta en común sobre os proxectos compartidos. Ao Fondo Galego, como a outros Fondos, interésalle especialmente o fortalecemento dos mecanismos cooperativos para gañar en proxección e experiencia. Así mesmo, concede especial importancia á actuación coordinada en relación á Axencia Española de Cooperación Internacional con quen existe a intención de asinar un convenio de colaboración para impulsar proxectos en Cabo Verde.
 
Volver ó sumario
Estudi de la Cooperació Local de Catalunya amb els països del Sud
“A cooperación co Sur é un acto de xustiza que afecta a todas as sociedades do Norte e que debe ser impulsada dende todos os ámbitos da nosa sociedade, para avanzar cara unha nova orde internacional máis xusta”, afírmase na Presentación deste estudio, editado polo Fons Catalá e no que inclúe unha excelente radiografía sobre a situación da cooperación en Catalunya, con amplas informacións sobre a análise dos datos económicos, os irmanamentos, a acción institucional, os proxectos, etc. Son 400 páxinas que derruban un mito: o da insolidariedade dos cidadáns de Catalunya.
 
Volver ó sumario
Xornadas de Voluntariado en Oleiros
No marco das xornadas sobre “Os novos retos da acción voluntaria e da participación cidadá”, celebradas en Oleiros os días 23 e 24 de novembro, Alfredo Novoa, presidente do Fondo, impartiu unha conferencia sobre “Cooperación internacional” seguida da presentación do vídeo: “No Fondo funciona a solidariedade”. Esta iniciativa sensibilizadora recolleu numerosos parabéns dos asistentes pola súa claridade e calidade técnica e discursiva.
 
Volver ó sumario
Asemblea de Socios
A Asemblea ordinaria de socios do Fondo Galego celebrarase o próximo 29 de xaneiro de 2002 nas dependencias da FEGAMP, en Santiago de Compostela, a partir das doce da mañán. Nesta xuntanza efectuaremos un balance do ano que está a rematar, definindo os principais obxectivos e estratexias para o vindeiro exercicio.
 
Volver ó sumario
Reunión do CMC
Co obxecto de iniciar os preparativos da Convocatoria de axudas do ano 2002, reunirase o Consello Municipalista da Cooperación o próximo 29 de xaneiro ás dez da mañán, nas dependencias da FEGAMP en Santiago de Compostela.
 
Volver ó sumario
Boas festas e Mellor 2002

Boas festas e Mellor 2002

 
Volver ó sumario
Mapa de socios do Fondo Galego
A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
A Coruña Lugo Deputación Deputación
A Pobra do Caramiñal Mondoñedo Allariz A Cañiza
As Pontes O Valadouro Ferrol A Estrada
Ares Quiroga Montederramo A Guarda
Arteixo Samos O Barco Baiona
Betanzos   O Carballiño Cangas
Boiro   O Irixo Gondomar
Brión   Ourense Moaña
Cabanas   Vilar de Santos Nigrán
Carral     O Porriño
Cedeira     O Rosal
Cerceda     Poio
Corcubión     Pontecesures
Culleredo - - Pontevedra
Fene - - Redondela
Ferrol - - Soutomaior
Lousame - - Vigo
Mugardos - - Vilagarcía de Arousa
Narón

Mapa de Socios do Fondo Galego-

Neda
Noia
Oleiros
Outes
Pontedeume
Porto do Son
Rianxo
Santiago
Valdoviño
Vimianzo
Volver a Fondo Galego

Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 13/12/2001