Un Seminario para analizar a práctica municipalista da cooperación e a solidariedade |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| O obxectivo central deste encontro que celebraremos en Santiago
de Compostela, na sede da FEGAMP, o próximo 23 de novembro, consiste en analizar o tipo de problemas aos
que se enfronta a realidade da cooperación municipalista en Galicia, detectalos e individualizalos un a
un, establecer un intercambio de ideas arredor dos mesmos e propiciar unha serie de medidas que nos permitan mellorar
a realidade actual e homologar certas prácticas administrativas e políticas, de xeito que a cooperación
internacional ao desenvolvemento poida experimentar un novo impulso. Constatamos felizmente que un maior número de Concellos e Deputacións de Galicia asómase ó mundo da cooperación. A propia realidade do Fondo Galego e a súa evolución nos anos de funcionamento indica ben ás claras que existe unha sensibilidade en positivo que cómpre afortalar. Coidamos nese sentido que impulsar a cooperación en Galicia e no municipalismo é inseparable da idea de afortalar o Fondo Galego como instrumento coordinador e homologador. Á hora de abordar os aspectos prácticos, coidamos de interese establecer dous campos ben diferenciados. En primeiro lugar, o ámbito da xestión, política e económica. Formulamos as seguintes recomendacións: • Incluír unha denominación: cooperación (sensibilización, cooperación). É importante que a cooperación se visualice socialmente no organigrama e no nomenclator municipal. A entidade do esforzo económico e das actividades programadas neste campo poida que non xustitifique a priori a existencia dun departamento específico, pero si a constatación desa referencia sensibilizadora. En cada caso, debe avaliarse a conveniencia de incluír neste apartado a xestión dos irmanamentos, todos ou parte deles, pois en moitos a cooperación pode ser o contido predominante. • De non existir un departamento propio, xurde naturalmente a cuestión da ubicación. O máis tradicional é que os asuntos da cooperación se aborden dende a área de Benestar social, como unha prolongación internacional da acción social local. Noutros casos, é no ámbito da Alcaldía donde se ubica. En non poucos, acontece tamén que a fragmentación acada niveis moito máis amplos (educación, xuventude, muller, etc), de xeito que numerosos departamentos xestionan illadamente uns dos outros, programas de consecuencias exteriores. Cómpre neste sentido, salientar o seguinte: 1. A cooperación internacional é unha materia política de primeira orde e afecta ao ámbito da acción exterior dos Concellos e Deputacións de Galicia. Por iso, consideramos que esa debe ser a identidade prevalecente e vertebradora de actuacións dispersas, dende irmanamentos ata programas sociais, educativos e culturais que porverificarse no exterior deben conectarse entre si. 2. Nesa perspectiva, a cooperación ao desenvolvemento debe insertarse prioritariamente a un mesmo nivel que as relacións con Portugal (Eixo Atlántico) ou a participación en programas comunitarios. 3. Por iso, cómpre identificar un departamento especifico que asuma no organigrama municipal esta responsabilidade, concretada ademais nunha identificación persoal efectiva que garanta a plena operatividade de todos os vinculos internos e externos (incentivar o uso de medios electrónicos). • Igualmente no ámbito funcionarial, cómpre establecer un responsable administrativo e determinar un espacio fisico que permita a acumulación de documentación e a súa ordenación, a dinamización de actividades, a coordinación con outras entidades, etc. Nesa perspectiva, importa atender ás políticas de formación, á dotación de bibliotecas da cooperación, etc. Non se trata de que sexa esta a única actividade a realizar pero tampouco que a súa marxinalidade sexa de tal calibre que non resulte de valor ningún. • No financeiro, é fundamental asegurar unha práctica progresivamente homologable. Compartimos a preocupación por garantir tanto a transparencia como un adecuado uso de fondos públicos, por iso cómpre uniformar un sistema que asumindo esa prioridade posibilite unha acción cooperativa eficaz. De entrada, as cantidades a aportar ao Fondo (mínimas ou superiores) deben contar cun epígrafe específico no presuposto, ao igual que as destinadas a programas de sensibilización local ou a proxectos financiados con carácter exclusivo e sen intermediación do Fondo e nas Bases de execución do presuposto debe contemplarse un mecanismo concreto de xestión. • No ámbito das actividades, cómpre fomentar unha maior participación social nas actividades de cooperación. Tan importante é a recaudación e xestión de recursos como a explicitación da comprensión social do que se está a facer. É a garantía de manter un avance prolongado. Esa sensibilización pode ser indiscriminada ou selectiva, propiciando a formación dun tecido asociativo local ou afortalando o existente. • Nesa perspectiva, resulta especialmente importante prestar atención á comunidade educativa, habilitando fórmulas de aproximación do profesorado e do alumnado a través das súas propias estructuras (delegados, consello escolar, claustros, etc) e alentando actividades de fácil divulgación e aplicación nese ámbito, utilizando a capacidade de resonancia de xornadas como o Día Internacional para a erradicación da pobreza ou similares. • En cada caso debe valorarse a formacion de consellos municipais de cooperación. • No que atinxe ás convocatorias de axudas, cómpre camiñar cara a convocatoria única, xestionada dende o Fondo, e, no seu defecto, asegurar na medida do posible, a homologación das Bases. |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Reunión coa Axencia Española de Cooperación Internacional |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| A AECI amosa a súa disposición para colaborar co Fondo Galego. Nunha xuntanza celebrada en Madrid o pasado 31 de outubro, o seu secretario xeral, Rafael Rodríguez, confirmou o interese desta axencia gobernamental en asinar un convenio co Fondo Galego para o financiamento de proxectos municipalistas en Cabo Verde. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
A Confederación de Fondos en Lleida |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| No marco da Feira “Municipalia” reuniuse en Lleida a Confederación de Fondos constatando o forte impulso e crecemento da cooperación descentralizada. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Mapa de socios do Fondo Galego |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 14/11/2001
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||