|
Sumario
|
Núm anteriores
|
|||||||||||||||
| A cooperación con Santiago de Cuba inicia unha nova etapa do Fondo Galego |
|
|||||||||||||||
| Galicia coa poboación do Sáhara | ||||||||||||||||
| Lecturas para o Verán | ||||||||||||||||
| Mapa de socios do Fondo Galego | ||||||||||||||||
A cooperación con Santiago de Cuba inicia unha nova etapa do Fondo Galego |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| O pasado 26 de xullo asinouse no Salón Verde do Pazo de
Raxoi un Convenio de cooperación entre o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e a municipalidade
de Santiago de Cuba. Alfredo Novoa e Luís Enrique Ibáñez Arranz asinaron en presencia do alcalde
de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, cidade irmanada coa súa homónima de Cuba, nun acto
ao que tamén asistiu o cónsul xeral da República de Cuba en Galicia, Humberto Fernández
Reinoso, e outras personalidades. O obxecto deste Convenio é a realización dun Plan Maestro para a revitalización da cidade histórica de Santiago de Cuba. O importe total desta actuación ascende a 58.400.000 de pesetas (350.991,06 euros), a executar en catro exercicios, ata o 2004. O importe da actuación do exercicio 2001 ascende a 10.000.000 pta. No financiamento da operación participan os Concellos galegos, a través do Fondo, e a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de relacións coa Unión Europea e Acción exterior. A execución correrá por conta da “Oficina de Planeamento”, autores do Plan Especial de protección e rehabilitación da cidade histórica de Santiago de Compostela. O proxecto, pola súa envergadura económica e a naturaleza das actuacións previstas, inaugura unha nova etapa na andaina do Fondo Galego, preocupado por fomentar un modelo de cooperación atento ao desenvolvemento de políticas de democratización e de benestar con atención específica para aqueles ámbitos de actuación nos que o municipalismo acredita unha certa experiencia. Falemos de participación cidadá ou de mellora da calidade de vida (rede de saneamento, electrificación, e outros servicios), os Concellos galegos poden aportar unha solidariedade xenuina, singular, que ningún outro actor da cooperación está en condicións de desenvolver. |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Galicia coa poboación do Sáhara |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Chega o verán e numerosos Concellos, moitos deles integrados
no Fondo, colaboran coa Asociación de Solidariedade coa Causa Saharauí, xestionando a acollida de
nenos e nenas dos campamentos. Este ano repetirase a experiencia e, estamos convencidos, con idéntico ou
superior éxito aos anteriores. Actividades doutro signo pero con idéntico denominador común están xa programadas para os vindeiros meses. Os días 28, 29 e 30 de setembro reunirase na Toscana (Italia) a Conferencia Europea de Cidades Irmanadas e/ou Solidarias co Pobo Saharuí. O seu obxectivo é ofrecer un lugar de encontro a todas as entidades locais solidarias co pobo saharauí para confrontar e reforzar as súas experiencias, aumentar a rede de solidariedade aos municipios que aínda non están irmanados, afondar nas temáticas comúns, e, sobre todo, exercer unha presión coordinada sobre os gobernos europeos a fin de que se realice o pleno exercicio do dereito á autodeterminación do Pobo Saharauí e que se salvagarde a paz na rexión do Magreb. Igualmente, en Sevilla, os días 23, 24 e 25 de novembro está prevista a celebración da 27ª Conferencia Europea de coordinación do apoio ao pobo saharaui. ¿Os seus obxectivos? Expresar o apoio de todos os Comités de Solidariedade á xusta causa do Pobo Saharauí e á Fronte Polisario, de forma organizada e permanente; concretar un Plan de Actuación para o ano 2002 que impulse as iniciativas orientadas a respectar os lexítimos dereitos do Pobo Saharauí nos diferentes ámbitos: político, económico, social e de cooperación; impulsar accións de mobilización social e da opinión pública a nivel internacional; esixir á ONU e á UE que fagan valer os acordos contidos no Plan de Paz, presionando ao Goberno de Marrocos para evitar o retorno ás hostilidades. Máis información sobre estas iniciativas na Secretaría do Fondo Galego: 986 35 72 38. |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lecturas para o Verán |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| • “La
cooperación al desarrollo en un mundo en cambio”,
Manuel Gómez Galán e José Antonio Sanahuja (coordinadores), CIDEAL, Madrid, 2001. Páxinas,
375. Os profundos e acelerados cambios que actualmente se están producindo na sociedade internacional dan lugar, entre outras consecuencias, a unha revisión dos fundamentos, obxectivos e instrumentos da cooperación ao desenvolvemento que debe cumprir a súa función nun escenario diferente ao de décadas anteriores. O nacemento e progresiva configuración dunha sociedade de ámbito mundial con novas características e contradiccións e, á par, con urxentes necesidades ás que se debe dar resposta, implica un necesario reprantexamento de certos aspectos da cooperación ao desenvolvemento que, dende diferentes perspectivas converxentes, son tratados neste libro. • “Otra perspectiva de la Cooperación al desarrollo del estado español”, Luis Nieto Pereira (coordinador), Paz con Dignidad, Madrid, 2000. Páxinas, 132. Do postfacio de José Ramón González Parada: “A axuda ao desenvolvemento é como unha cebola, construída en capas, e cando a abrimos fainos chorar. O núcleo duro se concentra nas capas máis duras do xeopolítico, da política económica global, e nese nivel interior a evolución da axuda ao desenvolvemento debe interpretarse á lus (ou escuridade) dos cambios na xeopolítica do mundo e no avance da globalización do mercado. As capas externas da cebola –a súa parte máis visible– o forman os problemas técnicos e sociais, a ideoloxía –como resumen e imaxe externa– o envoltorio da propaganda”. |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Mapa de socios do Fondo Galego |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 31/07/2001
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||