O Consello Municipalista da Cooperación concorda co proxecto de Bases para o 2001 |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Representantes de ONGs e do Fondo Galego reuníronse en Santiago
de Compostela, na sede da FEGAMP, o pasado día 2 de febreiro, para analizar e intercambiar impresións
sobre o proxecto de Bases da convocatoria de financiamento de proxectos para o presente exercicio. Houbo tamén
tempo e ocasión para trasladar a todos os asistentes o “momento” que vive o Fondo, claramente optimista
en relación ao seu número de asociados, visiblemente incrementado nos últimos meses, e enormemente
esperanzador a respecto do progresivo aumento do volume de recursos que as Corporacións locais e provinciais
de Galicia poidan destinar á cooperación ó desenvolvemento. Se ata agora o esforzo principal
do Fondo centrouse na consecución de máis socios, a partir deste ano, a preocupación central
será a de obter máis recursos, ben a través de fontes propias ou externas, sinalou Xulio Ríos,
secretario do Fondo Galego. Lourdes Suárez realizou unha introducción xenérica ao proxecto de Bases da convocatoria para o 2001, destacando a importancia de incorporar á documentación presentada unha descripción exhaustiva pero concreta dos beneficiarios, das contrapartes, e das repercusións que un determinado proxecto pode ter nunha área específica. Segundo a responsable de proxectos do Fondo é importante que se contemplen mecanismos de cooperación entre as ONGs actuantes nunha zona para reforzar o impacto plural que poida producirse a partir dunha previsión inicialmente non mancomunada. Por parte de Xosé María Permui, tesoureiro do Fondo, deuse conta tamén das previsións económicas para o presente ano, tanto no que atinxe ao orzamento global como ao xeito de liquidación das axudas e outras cuestións. Efectuadas algunhas aclaracións, expresouse a conformidade coas Bases propostas, coa petición de incluír algunha referencia a Asia no artigo 1º.I.a), por parte de InteRed. Así as cousas, a Comisión Executiva aprobará, previsiblemente, as Bases da Convocatoria do 2001 na xuntanza que ten previsto celebrar o próximo día 8 de febreiro, abríndose, a partir do día seguinte e ata o 15 de abril o prazo para a presentación das solicitudes. As Bases aprobadas definitivamente remitiranse a todas as ONGs e poderán ser consultadas na páxina web: http://www.igadi.org. Asistentes por parte do Fondo Galego: Lourdes Suárez, Xosé María Permui, Mar Bernal, Salomé Alvarez e Xulio Ríos. Por parte das ONGs: Carmen Castilla, InteRed Galicia; Adela González Pérez, Fundai; Celso Carballo Leiro, Natura Hispánica; José Luis Quintela Julián, Intermón-Oxfam; e Xoán Rafael Vilas, Entrepobos. A presencia de Alberto Enríquez, de FUNDE (El Salvador) Ao remate da xuntanza do Consello Municipalista, interviu Alberto Enríquez Villacorta, director de Desenvolvemento Rexional Local de FUNDE (Fundación Nacional para o Desenvolvemento) de El Salvador. Presentado por Xoán Rafael Vilas, de Entrepobos, ONG que o está a acompañar na súa misión informativa en Galicia, Alberto Enríquez describiu os grandes e dramáticos rasgos da situación do seu país como consecuencia do terremoto: máis dun millón de afectados, a sexta parte da poboación; un total de 118 dos 262 municipios; un nivel de destrucción moi importante non soamente de vivendas ou terras de cultivo, senón tamén de infraestructuras e centros de traballo. Segundo o representante de FUNDE, o principal problema agora é que as redes productivas quedaron desfeitas. Na opinión de Alberto Enríquez, a situación en El Salvador reclama a vertebración dun pacto amplio a nivel interno que implique ás autoridades de diferentes niveis sen esquecer nin ignorar deliberadamente ao conxunto da sociedade civil e das organizacións locais. O terremoto, afirmou, é unha oportunidade para establecer as bases dun desenvolvemento global e sustentable que parta do local. Así mesmo, alertou sobre a inevitabilidade de contemplar unha dimensión centroamericana na prevención de catástrofes. “É indispensable unha dimensión rexional neste ámbito”, asegurou. Despois de agradecer a axuda de emerxencia, Alberto Enríquez convidou aos presentes a reflexionar sobre a importancia de implicarse de maneira sostida no proceso de reconstrucción. As prioridades están claras: vivenda e centros de traballo. Ambos os dous son elementos indispensables para acadar unha mínima normalización nos próximos meses. Nas actuacións, mesmo as inicialmente precarias, debe contemplarse o seu reforzamento posterior, fuxindo desa provisionalidade que se acaba cronificando de xeito negativo, reproducindo os niveis de deterioro e pobreza anterior. Celso Carballo, representante de Natura Hispánica, presente na xuntanza, destacou a importancia de contar cos factores ambientais á hora de programar os futuros asentamentos. Por parte do Fondo agradeceuse a presencia de Alberto Enríquez e expresouse a coincidencia básica na necesidade de ir máis alá da axuda de emerxencia, establecendo un compromiso de cooperación que procure un desenvolvemento e unhas condicións de vida dignas. |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Arteixo solidario |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| No marco das actividades realizadas no “Arteixo Solidario”, festa cidadá e participativa orientada ao fomento de actitudes de compromiso e sensibilidade co mundo en vías de desenvolvemento, recaudáronse 200.000 pesetas que serán destinadas ao financiamento da construcción de vivendas e cociñas en Nicaragua, proxecto xestionado co concurso da Fundación Augusto César Sandino. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Reunión de técnicos en Barcelona |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| O próximo día 13 de febreiro reuniranse en Barcelona os Técnicos dos diferentes Fondos do Estado para avanzar na definición do perfil do modelo de Fondo e na relación de cada un dos Fondos e a Confederación coa AECI (Axencia Española de Cooperación Internacional). | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Mapa de socios do Fondo Galego |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 06/02/2001
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||