El Salvador, agora toca a reconstrucción |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| O terremoto do 13 de xaneiro en El Salvador produciu unha destrucción
masiva, especialmente de vivendas de familias pobres, pero tamén de infraestructuras e servicios. Non é
a primeira vez que acontece. Xa antes se rexistraran desastres similares (1965 e 1986) e a ruína segue perseguindo
a moitos dos damnificados de entón. A vulnerabilidade da zona, tanto a xeofísica, a ecolóxica,
como a da situación de pobreza do 53% da poboación, son algunhas das causas estructurais que fan
que as consecuencias dunha catástrofe deste tipo sexan moito máis devastadoras nesta rexión
que noutras partes do planeta. A asistencia de emerxencia non debe convertirse nunha solución definitiva. Dende o Fondo Galego apostamos por unha acción continua de reconstrucción, de mobilización a favor das poboacións damnificadas. Numerosas entidades están comprometidas na adquisición e distribución de alimentos, roupa e medicamentos. Dende as Administracións debemos visualizar unha acción de rehabilitación de redes viarias, de subministro de auga, de infraestructuras básicas, de posta en marcha de plans de saúde e de semente de grans básicos para garantir a seguridade alimentaria. O Fondo Galego aposta por acompañar ás poboacións afectadas nos propios procesos de reconstrucción, que deben axudar ademais a transformar non soamente a realidade física, senón tamén a situación de pobreza crónica desta rexión. Os ténicos do noso e doutros Fondos xunto coa oficina de Managua están a traballar xa na identificación das necesidades máis apremiantes xunto coa sociedade civil salvadoreña. Na convocatoria de axudas deste ano atenderemos especialmente a El Salvador, pero todos aqueles Concellos e/ou Deputacións que o desexen poden canalizar, a través do Fondo, as axudas extraordinarias que estimen oportuno para reforzar a acción solidaria do municipalismo galego. Actuando de maneira coordinada a nosa acción pode ser moito máis eficaz. |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Reunión do Consello Municipalista da Cooperación |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| O día 2 de febreiro reunirase o Consello Municipalista da Cooperación co obxecto de intercambiar informacións acerca do funcionamento e expectativas do Fondo, así como para debatir a proposta de Bases de financiamento para programas de cooperación ó desenvolvemento e de solidariedade para o ano 2001 elaborada pola Comisión Executiva. Está previsto que as citadas Bases queden aprobadas o 8 de febreiro, abríndose a convocatoria anual ata o 15 de abril. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Copias de Lalia |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Enviáronse a todos os asociados copias da cinta de vídeo
“Lalia”. Dende hai algúns anos, numerosos Concellos de toda Galicia veñen apoiando diversas actuacións
de solidariedade coa causa saharauí, especialmente colaborando co programa “Vacacións en Paz”, no
que se involucran entidades e sociedade civil de ambas partes nun esforzo de aproximación cultural e humana
que consolida afectos comúns. O Fondo Galego comparte estas aspiracións de construcción dunha sociedade máis libre e máis xusta no Sáhara Occidental e por iso quer contribuír unha vez máis á divulgación deste conflicto, da súa naturaleza, realidade, presente e futuro, facendo chegar unha copia deste filme, con guión e dirección de Silvia Munt, a todos os asociados. Trátase dun medio especialmente idóneo para explicar e comprender mellor a loita do pobo saharauí, moi recomendable para centros de ensino, plataformas culturais, asociacións veciñais e outras entidades asociativas. A súa duración é de doce minutos e poden obterse maís copias solicitándoas á nosa Secretaría. |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Novas altas |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Os Concellos de Cedeira, As Pontes e Vilagarcía de Arousa sumáronse ao Fondo Galego, co que xa superamos as sesenta entidades asociadas. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Asemblea da Confederación de Fondos en Córdoba |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Por primeira vez reuníronse en Córdoba todos os Fondos do Estado. Ademais de expresar a unánime solidariedade coas víctimas do terremoto de El Salvador, valorouse a presencia de observadores municipalistas nas eleccións de Nicaragua; informouse da primeira xuntanza do Consello Interterritorial e das xestións realizadas por cada Fondo no último período. Tratouse igualmente de reforzar a efectividade da Oficina de Centroamérica e aprobáronse os balances económicos, o Orzamento e o Plan de Traballo para o 2001. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
O modelo de Fondo |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Continuando co proceso iniciado na xuntanza da Confederación celebrada en Bilbao o 18 de setembro, estase a producir unha primeira reflexión sobre o modelo de Fondo que pretendemos impulsar. Este debate é de vital importancia nun momento como o actual, dado o nivel de representación que acadaron estas estructuras. Unha vez confeccionada unha proposta de debate realizarase unha Xornada de Reflexión Interna para definir criterios e sinalar os elementos básicos que deben caracterizar un Fondo. É importante que este debate se realice con profundidade e que nel poidan participar todos aqueles que o desexen, con total e enteira liberdade, a fin de extraer unhas conclusións concretas. Os eixes principais da discusión son os seguintes: aspectos metodolóxicos, características propias, criterios de financiamento e de xestión e proposta de metodoloxía de traballo para o debate e a reflexión conxunta. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
O Fondo e a AECI |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| O Fondo Galego está a dar os primeiros pasos para establecer un Convenio de colaboración coa Axencia Española de Cooperación Internacional (AECI), como mecanismo para abordar a realización de proxectos de cooperación cun nivel de financiamento máis elevado do habitual. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Mapa de socios do Fondo Galego |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 31/01/2001
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||