A Pobra do Caramiñal, comprometida coa plena integración do Barbanza no Fondo Galego |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Na xuntanza que a Comisión Executiva celebrou o pasado día
nove en A Pobra do Caramiñal pasouse revista ao nivel de execución dos proxectos de sensibilización
do Fondo Galego. Tanto o libro “Palabras con Fondo” coma o vídeo “No Fondo funciona a solidariedade” están
a ultimarse e en breve poderán estar a disposición de todos. Ambos instrumentos deben servir para
acadar unha maior presencia do Fondo na sociedade galega e unha explicitación máis acaída
da súa naturaleza e obxectivos. En A Pobra, o seu alcalde, Isaac Ventura Maceiras Rivas, deixou patente o seu respaldo a esta iniciativa, estimulando o compromiso de toda a comarca co Fondo Galego. Contando xa cos Concellos de Noia, Lousame, e Porto do Son, no decurso da xornada mantivose un intercambio de impresións con represantes dos Concellos de Rianxo e Boiro que proximamente, confiamos, incorporaranse tamén ao Fondo Galego. |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
O Fondo Galego, na Comisión Interterritorial |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| O Consello Interterritorial constituíuse en Madrid o pasado
día 6 de novembro. Trátase dun organismo moi importante, previsto na Lei de Cooperación Internacional
para o Desenvolvemento e que debe abrir espacios para a expresión dos diferentes puntos de vista existentes
no mundo da cooperación. O Fondo Galego participa neste órgano, dependente institucionalmente do
Ministerio de Asuntos Exteriores. Nesta primeira xuntanza debatiuse a proposta de “Plan Director da Cooperación Española 2000-2004” que presenta algunhas lagoas importantes como a escasa ambición orzamentaria e incluso un desenvolvemento máis amplo do papel que realiza a cooperación descentralizada das Comunidades Autónomas e os entes locais dentro do marco xeral da cooperación. Igualmente, dende os Fondos, considerase que o Plan Director debería axustarse máis estrictamente a un marco estratéxico de loita contra a pobreza, a través de recursos públicos. |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Próxima xuntanza cos sindicatos máis representativos da función pública local |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| O Fondo Galego non é un proxecto das corporacións locais ou dos partidos políticos con presencia no municipalismo. É un proxecto social que debe impregnar todo o peculiar microcosmos do ámbito local. Os funcionarios e demais traballadores das administracións públicas locais constitúen un referente e un soporte importante desta estratexia. Non se pode facer cooperación desde os Concellos sen contar coa participación e o compromiso dos traballadores. Por iso, o Fondo Galego vai convocar aos sindicatos do sector a unha xuntanza na que se lles presentará esta iniciativa co propósito de contemplar vías de colaboración futura que revirtan nun reforzamento mancomunado das políticas de cooperación. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Por un país máis solidario |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Con motivo de cumprirse por estas datas o 30 aniversario da resolución
2.626 na que a XXV Asemblea Xeral das Nacións Unidas confirmaba o obxectivo de transferirlles o 1% do PNB
dos países industriais aos países en vías de desenvolvemento e marcaba o 0,7% do PNB como
a porcentaxe de axuda a transferir pola vía da asistencia oficial, a Coordenadora de Organizacións
non gobernamentais de Galicia emitiu unha reflexión na que salienta que, a pesar do avanzado, os pasos dados
son aínda moi cativos. No mundo só catro países acadaron a meta do 0,7: Dinamarca, Noruega,
Holanda e Suecia. A media dos países que conforman a Unión Europea situábase en 1999 no 0,31
por cento e España, logo duns máximos do 0,28 por cento en 1992 e 1993, estancouse arredor do 0,24%.
En Galicia, a Administración autónoma, afirma Emilio Martínez, presidente desta Coordinadora,
adicou en 1999 a esta finalidade apenas o 0,03 por cento dos orzamentos, uns 300 millóns de pesetas. E no
ámbito local, a pesar do avance que supón o Fondo Galego, “unha cousa é asociarse e outra
contribuír financeiramente”. Galicia ocupa todos os anos todos os últimos postos. A coordenadora galega de Ongs para o desenvolvemento agrupa na actualidade a case 30 organizacións de traballo contrastado a prol das xentes do Sur e, preocupada por levar adiante unha cooperación de calidade, está a formular unha proposta a tres anos para incrementar os fondos orzamentarios que Galicia destina para a cooperación. É importante tamén que os Concellos galegos e, en primeiro lugar, os asociados ao Fondo, tomen conciencia da necesidade de superar o estancamento do noso compromiso na loita contra a pobreza. |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Editoriais e autores apostan pola claúsula solidaria voluntaria |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| A proposta do Fondo Galego, as editoriais acordaron asumir a iniciativa de lle propor aos autores durante o 2001 a sinatura dunha cláusula solidaria en virtude da cal cederían parte dos seus dereitos de autor a proxectos de cooperación e solidariedade xestionados polo Fondo Galego e a Asociación Galega de Editores. Fabiola Sotelo, presidenta deste colectivo, asumiu como propia esta iniciativa que trasladou con entusiasmo a todas as empresas do sector. Algúns autores xa veñen cedendo estas aportacións ao Fondo. Se ben non se trata de grandes cantidades, si revelan ese grado de conciencia e sensibilidade dos nosos escritores. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Mapa de socios do Fondo Galego |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 19/11/2000
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||