Nunha mensaxe dirixida ó secretario xeral das Nacións Unidas, Kofi Annan, o presidente do Fondo Galego, Alfredo Novoa, solicita da ONU a adopción dunha nova estratexia de cooperación para a implementación dos compromisos establecidos no Cumio para o Desenvolvemento Social, aberta ás aportacións de todos os suxeitos, que se traduza en programas orientados ó desenvolvemento local e integrado, baseados no enfoque propio da cooperación descentralizada. Unha petición similar foi cursada polos demais presidentes dos Fondos de Cooperación existentes no conxunto do Estado.
O pasado 28 de xuño culminou en Xenebra a Sesión Especial da Asemblea Xeral das Nacións Unidas sobre Desenvolvemento Social (coñecida por “Copenhague + 5”) que se centrou no debate sobre “A cooperación descentralizada ao desenvolvemento humano”. Que Nacións Unidas se interese por esta forma de cooperación e mesmo a faga propia para promover a súa expansión constitúe un feito moi positivo que debe gozar de amplo respaldo das autonomías territoriais e do conxunto da sociedade civil.
Reproducimos a continuación algúns extractos da Carta Aberta ao Secretario Xeral das Nacións Unidas, subscrita polos participantes na reunión de Xenebra, entre os que se atopaba unha representación da Confederación de Fondos que agrupa a todos os Fondos existentes no Estado. Con posterioridade, outras adhesións remitironse á sede de Nacións Unidas en New York.
“As comunidades locais constitúen a sede natural donde os compromisos de Copenhague poden levarse á práctica. Representan o nivel no que as administracións están máis preto da poboación, donde poden funcionar métodos de traballo para facilitar a participación dos diferentes actores sociais en todas as etapas dos procesos de desenvolvemento que lles afectan, donde todos poden responsabilizarse da promoción dun desenvolvemento sostible, donde mellor se pode loitar contra a pobreza, o desemprego e a exclusión social, donde pode promoverse unha cultura da convivencia civil, pacífica e democrática.”
“... Ata agora... a maneira na que están concibidas as iniciativas de cooperacvión non permitiron a expresión das súas grandes potencialidades. Predominan... as actuacións verticais, centralizadoras, sectoriais e asistenciais, que se traducen en accións fragmentadas e incapaces de ter un impacto sobre os problemas estructurais da sociedade, como a pobreza, o desemprego, a exclusión social e a violencia.”
“... Desexamos ser partners políticos dos Gobernos e das Organizacións Internacionais dende as etapas de definición das estratexias de intervención, de identificación e formulación das iniciativas de cooperación...”
“Trátase de abrir espacios políticos e institucionais para realizar grandes iniciativas (programas-cadro) para a actuación da Carta de Copenhague, baseadas sobre dúas directrices fundamentais:
“Entendemos que a prioridade do desenvolvemento local integrado permite á cooperación favorecer unha gran rede internacional de experiencias de desenvolvemento participativo e democrático, dando a posibilidade de extender amplamente as oportunidades de intercambios económicos, comerciais, científicos, tecnolóxicos, culturais e solidarios... Poderase tamén loitar contra os riscos do actual proceso de globalización, orientándono, pola contra, cara un desenvolvemento sostible, baseado nas especificidades locais”.
“A cooperación descentralizada debe estar acompañada e apoiada por redes internacionais de estructuras, servicios, experiencias e profesionais que operan nos diferentes campos do desenvolvemento humano. Invitamos, polo tanto, a Nacións Unidas a promover e apoiar estas iniciativas.”
No pasado mes rexistráronse as adhesións dos concellos pontevedreses de A Estrada e Pontecesures. Recuperado o pulso despois da paréntese vacacional, é propósito da Comisión Executiva proseguir coas reunións itinerantes, esta vez procurando achegarse a comarcas e mancomunidades, para asegurar o maior número de integracións posible antes do remate do presente ano. Deste xeito, a participación no Fondo pode preverse adecuadamente na preparación dos Orzamentos do 2001.
Numerosos autores confirmaron a súa participación no proxecto de elaboración dun libro que levará por título “Palabras con Fondo”, expresión do compromiso do mundo das letras coa idea dunha sociedade universal globalizada pola cooperación, o desenvolvemento e a eliminación da pobreza e as desigualdades. Cada relato ou aportación literaria de cada autor comezará por unha letra ata completar o abecedario galego. A Obra Social de Caixagalicia patrocina esta iniciativa que expresa tamén esa vocación do Fondo de implicar a todos os axentes sociais na loita por unha sociedade máis xusta e solidaria.
A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
A Coruña
Mondoñedo
Deputación
Deputación
A Pobra do Caramiñal
O Valadouro
Allariz
A Cañiza
Ares
Quiroga
Ferrol
A Estrada
Arteixo
Samos
Montederramo
A Guarda
Betanzos
O Carballiño
Baiona
Brión
O Irixo
Cangas
Cabanas
Ourense
Gondomar
Carral
Vilar de Santos
Moaña
Cerceda
Nigrán
Corcubión
O Rosal
Culleredo
-
-
Poio
Fene
-
-
Pontecesures
Ferrol
-
-
Pontevedra
Lousame
-
-
Redondela
Mugardos
-
-
Soutomaior
Narón
-
-
Vigo
Neda
Noia
Oleiros
Outes
Pontedeume
Porto do Son
Santiago
Valdoviño
Vimianzo
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
ÚLTIMA REVISIÓN: 28/08/2000