Infórmate a Fondo


Volver a Fondo GalegoNúmero 18 - 17 de xuño de 2000

Sumario


  Núm anteriores
    A Asemblea do Fondo Galego resolveu a convocatoria de proxectos do ano 2000    
nº 017 - 15/05/2000
nº 016 - 11/04/2000
nº 015 - 27/03/2000
nº 014 - 15/03/2000
nº 013 - 11/02/2000
nº 012 - 13/01/2000
nº 011 - 09/12/1999
nº 010 - 04/11/1999
nº 009 - 16/10/1999
nº 008 - 15/09/1999
nº 007 - 01/08/1999
nº 006 - 01/07/1999
nº 005 - 15/04/1999
nº 004 - 01/04/1999
nº 003 - 01/03/1999
nº 002 - 01/02/1999
nº 001 - 15/01/1999
  Outros acordos da Asemblea
  Mapa de socios do Fondo Galego
   
   
   
     
   


Volver ó sumario


A Asemblea do Fondo Galego resolveu a convocatoria de proxectos do ano 2000

Reunidos na sede da FEGAMP os diversos representantes das entidades asociadas, entre os que cómpre citar como asistentes, por vez primeira, ós concellos de Pontevedra e Cerceda, Anxos Riveiro e Gerardo Barreiro, respectivamente, deuse o visto e prace á proposta formulada pola Ponencia Técnica e asumida pola Comisión Executiva do Fondo na súa xuntanza do pasado día 2 de xuño.


¿Que aspectos compre salientar?

En primeiro lugar, o respecto do compromiso formulado hai xa máis dun ano de atender con prioridade os proxectos a desenvolver en Centroamérica, con especial atención para a reconstrucción da “zona Mitch”.

En segundo lugar, a incorporación da cooperación directa como ámbito específico de actuación do propio Fondo, que actuará na dinamización deses proxectos sen intermediación. As axudas xestionadas a través desta fórmula representan unha terceira parte do total, pero podería reforzarse coas novas altas de concellos.

En terceiro lugar, a posibilidade de co-financiamento, é dicir, a sinalización de proxectos que o Fondo dota inicialmente pero coa intención de achegar recursos extraordinarios –mediante derramas– que permitirán a algunhas entidades optar polo financiamento de proxectos concretos e non simplemente por unha transferencia económica que vai ter un destino, a priori, indeterminado.

En cuarto lugar, traballar co horizonte de alentar un compromiso dos empregados públicos locais, de xeito que os milleiros de traballadores da función pública local poidan, a vontade, colaborar no financiamento dalgún proxecto concreto que o Fondo proporá ás organizacións sindicais representativas do sector.


Os proxectos que a Asemblea Xeral de asociados decidiu financiar son os seguintes:

1.- Construcción dunha ponte en Guatemala. É un dos proxectos de cooperación directa. O seu orzamento é de 5.000.000 de pesetas. O Fondo aportará o 50 por cento e a cantidade restante será aportada por un Concello (Oleiros) a través dunha aportación extraordinaria. A contraparte é a organización municipalista INCIDE.

2. Reconstrucción de vivendas e cociñas no departamento de Esteli (Nicaragua). Tamén de cooperación directa. A aportación inicial do Fondo ascende a 1.749.156 pesetas, se ben asumese este proxecto como a referencia máis importante deste exercicio para lograr un maior compromiso e complicidade tanto de empregados públicos locais como aportacións extraordinarias de concellos e deputacións. A contraparte é a Fundación municipalista “Augusto César Sandino”.

3. Do total de quince proxectos presentados polas ONGs, acordouse o financiamento dos seguintes:

3.1. Tratamento sostible do bosque a través de medidas de protección do medio ambiente tendentes a afortalar a economía da poboación, e en especial, das mulleres. Desenvolvese en Ecuador coa colaboración de Entrepobos. O importe da axuda ascende a 2.100.000 pesetas.

3.2. Apoio á producción económica dos productores de fabas nas mesetas de Mirebalais e Cayes, mellorando a calidade de vida dos agricultores. Desenvolvese en Haití coa colaboración de Intermón. O importe da axuda ascende a 1.500.000 pesetas.

3.3. Instalación dun módulo de ovinos –raza corriedale–, na zona de Cutervo, garantindo un ordenamento integral que combina a mellora da producción e dos pastos coa capacitación da poboación. Desenvolvese en Perú coa colaboración de Amigos Escaes. O importe da axuda ascende a 1.769.955 pesetas.

3.4. Construcción dunha rede de auga potable nun municipio de perto de 500 habitantes. Desenvolvese en El Salvador coa colaboración de Cosal. O importe da axuda é de 3.139.207 pesetas.


A suma total das axudas comprometidas ascende a máis de 12 millóns que supoñen dobrar os recursos do ano pasado.

Mesmo pode dicirse que neste exercicio existen posibilidades reais de multiplicar por tres aquela cantidade (6.754.876 pesetas, exactamente) a través de derramas extraordinarias e outras achegas. Cómpre lembrar que o salto que se produciu en 1999 en relación a 1998 foi do 72,2 por cento.

Quere isto dicir que, efectivamente, tal como indica o ritmo das altas no Fondo Galego, medra a conciencia e o compromiso municipalista coa cooperación, pero sen quedarse en palabras, senón apostando por realidades palpables que deben retornar a nós para dar novos impulsos á sensibilización da nosa cidadanía.


Volver ó sumario


Outros acordos da Asemblea

A Asemblea xeral ratificou as altas dos concellos de A Guarda, Cerceda, O Rosal, Ferrol, Poio, Carral, Redondela, Soutomaior e Pontevedra.

Na súa alocución, Alfredo Novoa, presidente do Fondo Galego, destacou a importancia de manter o actual ritmo de actividade que nos permite falar xa desta entidade como referente de primeira magnitude en Galicia para abordar as políticas de cooperación e solidariedade. O noso norte continúa a ser o “Plano Estratéxico para o período 1999-2003” que a Comisión Executiva aprobou na súa xuntanza do 3/11/1999 e que trata de implementarse cada día, por agora, con un resultado que nos corrobora na súa corrección e utilidade.


Volver ó sumario


Mapa de socios do Fondo Galego


A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
A Coruña Mondoñedo Deputación Deputación
A Pobra do Caramiñal O Valadouro Allariz A Cañiza
Ares Quiroga Ferrol A Guarda
Arteixo Samos Montederramo Baiona
Betanzos   O Carballiño Cangas
Brión   O Irixo Gondomar
Cabanas   Ourense Moaña
Carral   Vilar de Santos Nigrán
Cerceda     O Rosal
Corcubión     Poio
Culleredo - - Pontevedra
Fene - - Redondela
Ferrol - - Soutomaior
Lousame - - Vigo
Mugardos

Mapa de Socios do Fondo Galego

Narón
Neda
Noia
Oleiros
Outes
Pontedeume
Porto do Son
Santiago
Valdoviño
Vimianzo
Volver a Fondo Galego


Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional

ÚLTIMA REVISIÓN: 17/06/2000