O pasado 28 de abril rematou o prazo para a presentación de proxectos á convocatoria do actual exercicio. Cada vez son máis as organizacións non gobernamentais que concorren, pero, ademáis, como novidade, nesta ocasión tamén remitiron os seus proxectos organizacións de carácter municipalista ou mixto (municipalidades ou ongs) dos países beneficiarios, en concreto de México, Guatemala e Nicaragua.
A Comisión Executiva, na xuntanza celebrada o pasado día 9 de maio en Santiago de Compostela, tomou boa nota da notable repercusión da convocatoria deste ano. Asi mesmo valorou como “natural” o feito de que a maior parte dos proxectos refíranse á rexión centroamericana e moi centrados na reconstrucción das zonas danadas polo furacán Mitch.
Agora, unha Ponencia Técnica avaliará toda a documentación presentada á lus das Bases da Convocatoria, e elaborará un informe-dictame que será estudiado e debatido pola Comisión Executiva. A Asemblea de asociados para resolver a convocatoria 2000 fixase para o mércores 14 de xuño na sede da FEGAMP, en Santiago de Compostela. Xunto coa convocatoria, a todos os asociados enviarase un resume informativo sobre a identidade e características de cada un dos proxectos presentados, a fin de coñecer con algo máis tempo o seu perfil e idoneidade. Deste xeito, antes de finais de xuño, formularase a comunicación dos proxectos financiados e os diferentes actores poderán iniciar a xestión sen demorala ó outono.
Garantir a transferencia das cuotas por parte daqueles Concellos que aínda non o fixeron é complemento indispensable da axilidade e requisito imperioso para resolver con fundamento a convocatoria 2000. Son aínda numerosas as entidades que levan con lentitude o abono das cuotas; algunhas mesmo arrastran débedas pendentes de exercicios anteriores.
Dende a Comisión Executiva expresase certa comprensión a respecto dalgúns problemas económicos que sabemos existen nalgunhas entidades, pero tamén se realiza un chamamento a todos e a todas para asumir con maior rigor o compromiso coa cooperación.
Sen fondos, o Fondo non é nada. O incesante proceso de adhesións, o incremento das cuotas adicionais, a disposición de convocatorias municipais propias para ser xestionadas polo Fondo, etc, indican que o proxecto consolidase paso a paso.
O Fondo Galego é dos máis novos de todos os Fondos, Galicia ocupa unha posición claudicante aínda no esforzo cooperativo, e precisase dar a volta a esta situación. As cuotas mínimas, tal como se recolle nos nosos estatutos e tal e como se decidiu unanimemente nas diferentes Asembleas que celebramos, son obrigatorias.
¿Facilidades? Todas, pero o compromiso non pode ser testimonial, simbólico, debe chegar ata o Fondo.
Celebraranse en Alcorcón os días 15 e 16 de xuño, convocadas pola Confederación de Fondos, o Concello de Alcorcón e a Coordinadora de ONGDs de España. Coa colaboración da Axencia Española de Cooperación Internacional (AECI), o encontro centrarase fundamentalmente no debate arredor da homoxeneización de criterios na cooperación descentralizada, de xeito, que, sobre todo en dinámicas de presentación e xestión de proxectospoida establecerse un mínimo acordo común que facilite o entendemento de todos os actores que participan no mundo da cooperación, calibrando as diferentes sensibilidades, intereses e posibilidades, de forma tal que desa pluralidade poida xurdir unha cooperación máis eficaz e de maior cualidade.
As Xornadas desenvolveranse en forma de varias mesas redondas, con participación de representantes da FEMP, da Confederación, da AECI, das ONGs, do mundo universitario e das administracións autonómicas. Así mesmo, organizaranse diferentes Talleres temáticos sobre cooperación ó desenvolvemento, educación ó desenvolvemento, acción humanitaria, consellos de cooperación e mecanismos de coordinación municipal.
Para obter máis información, contactar directamente coa nosa Secretaría: 986 357238.
Na reunión que representantes dos equipos técnicos de cada un dos Fondos celebraron en abril na cidade condal, comprobouse a importancia da existencia dunha Oficina de seguemento de proxectos que avalíe a execución das actuacións financiadas, dictamine sobre o seu rigor e permita a cada un dos Fondos seguir máis de preto o destino dos seus recursos. Como sempre, a preocupación primeira e fundamental de todos é garantir que os destinatarios sintanse partícipes e beneficiarios activos de cada programa.
Ven isto a conto porque na xuntanza de Barcelona participaron os técnicos que residen en Managua habitualmente e informaron do estado de execución dalgúns proxectos financiados polo Fondo Galego. Hoxe contamos con información contrastada, con probas fotográficas e videográficas, con testimonios das comunidades locais, que disipan dúbidas e desconfianzas que doutro xeito resultarían máis difíciles de mitigar. Por iso, a función da Oficina de Managua é particularmente salientable e o esforzo das persoas que ali desenvolven o seu labor, en nome de todos nós, merece o recoñecemento máis unánime.
A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
A Coruña
Mondoñedo
Deputación
Deputación
A Pobra do Caramiñal
O Valadouro
Allariz
A Cañiza
Ares
Quiroga
Montederramo
A Guarda
Arteixo
Samos
O Carballiño
Baiona
Betanzos
O Irixo
Cangas
Brión
Ourense
Gondomar
Cabanas
Vilar de Santos
Moaña
Carral
Nigrán
Cerceda
O Rosal
Corcubión
Poio
Culleredo
-
-
Redondela
Fene
-
-
Soutomaior
Ferrol
-
-
Vigo
Lousame
Mugardos
Narón
Neda
Noia
Oleiros
Outes
Pontedeume
Porto do Son
Santiago
Valdoviño
Vimianzo
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
ÚLTIMA REVISIÓN: 14/05/2000