Infórmate a Fondo


Volver a Fondo GalegoNúmero 13 / 11 de febreiro de 2000

Sumario


  Num anteriores
  O Fondo Galego, en Ourense    
nº 012 - 13/01/2000
nº 011 - 09/12/1999
nº 010 - 04/11/1999
nº 009 - 16/10/1999
nº 008 - 15/09/1999
nº 007 - 01/08/1999
nº 006 - 01/07/1999
nº 005 - 15/04/1999
nº 004 - 01/04/1999
nº 003 - 01/03/1999
nº 002 - 01/02/1999
nº 001 - 15/01/1999
Aprobada a convocatoria de axudas a proxectos do ano 2000
Xornadas Municipalistas de Cooperación en Pontevedra
Documental sobre o Fondo
2º Encontro de Municipalismo en Centroamérica,
México e Caribe
Novas altas


Volver ó sumario


O Fondo Galego, en Ourense

O pasado día 8 de febreiro reuniuse a Comisión Executiva do Fondo en Ourense. Na cidade das Burgas foron cordialmente recibidos polo alcalde do Concello e presidente da FEGAMP, Manuel J. Cabezas Enríquez, quen salientou o seu firme apoio a esta iniciativa. O Concello de Ourense adheriuse ó Fondo o 11 de setembro de 1998. Durante toda a xuntanza estivo presente, participando activamente no encontro, o concelleiro de Benestar Social, Francisco Muíños Seguín.

A comparecencia diante dos medios informativos resultou todo un éxito de asistencia, tal e como se recolleu ó día seguinte na prensa local. Aínda antes de concluír o día, os membros da Executiva reuníronse cos alcaldes de Toén, José Puga Suárez, de Punxín, Isaac Fernández López, e de Amoeiro, Manuel Fernández Rincón, quen se desprazaron ata o “cárcere da coroa”, edificio restaurado polo Concello, para intercambiar impresións sobre a posibilidade de adherirse proximamente ó Fondo Galego.

Unha vez máis é de salientar o enorme valor destas reunións itinerantes que permiten establecer un contacto moito máis directo cos asociados e candidatos, así como coa cidadanía en xeral, contando a tal efecto coa inestimable colaboración dos medios de comunicación.

A Comisión Executiva quer deixar constancia pública do seu agradecemento ó Concello de Ourense polas excelentes condicións de traballo creadas e a calorosa acollida que nos prestou.


Volver ó sumario


Aprobada a convocatoria de axudas a proxectos do ano 2000

Debatido o proxecto de Bases na xuntanza celebrada polo Consello Municipalista da Cooperación o 28 de xaneiro, recollidas as suxestións efectuadas e debatidas reflexivamente, a Comisión Executiva decidiu nesta xuntanza de Ourense aprobar definitivamente as Bases da convocatoria. O texto definitivo pode consultarse na web: www.iaga.com/igadi e diferentes copias foron enviadas a todas as ONGs con implantación en Galicia. Lémbrase que o prazo para a presentación de solicitudes remata o próximo 28 de abril. Segundo o cronograma aprobado, a resolución efectuarase durante o mes de xuño nunha Asemblea de socios convocada ó efecto.


Volver ó sumario


Xornadas Municipalistas de Cooperación en Pontevedra

No decurso do presente ano levaranse adiante xornadas de cooperación nas catro provincias galegas. A primeira terá lugar o próximo 23 de marzo en Pontevedra. Nas dependencias do Castelo de Soutomaior habilitarase unha convocatoria especial a representantes (responsables políticos, técnicos locais) dos sesenta e un municipios da provincia, para falar da cooperación e dar un novo impulso á política de adhesións ó Fondo Galego.

Juan Corral, membro da Comisión Executiva do Fondo e da propia Deputación Provincial, xestionará o apoio económico, humano e loxístico do ente provincial para a digna realización desta actividade. No programa, que se iniciará de mañá e rematará nun xantar de confraternidade, confirmou a súa presencia, José Ángel Cuerda, ex-alcalde de Vitoria, a cidade do Estado máis comprometida coa cooperación. O señor Cuerda é unha figura emblemática do municipalismo, un pioneiro do compromiso local coa axuda ó desenvolvemento. A súa dilatada experiencia e bo contar promete facer as delicias dos asistentes.


Volver ó sumario


Documental sobre o Fondo

A empresa “Monteuve Produccións”, de Santiago, será a encargada de realizar un documental sobre o Fondo Galego. En dúas versións, de cinco e vinte minutos, trátase de ofrecer unha visión pedagóxica e atractiva sobre as raíces da cooperación e da solidariedade e, así mesmo, de informar sobre a natureza e obxectivos do Fondo Galego. Preténdese que esta iniciativa sexa sufragada con cargo ó convenio que están a negociar o Fondo e a Dirección Xeral de Relacións Institucionais da Xunta de Galicia. Os vídeos serán un complemento ideal para exposicións e outras actividades, pero tamén un obsequio valioso que cada asociado poderá multiplicar ó seu antollo para satisfacer as necesidades e demandas (centros escolares, asociacións de veciños, etcétera) da súa propia sociedade local.


Volver ó sumario


2º Encontro de Municipalismo en Centroamérica, México e Caribe

Reunidos en Mataró, a instancias da Confederación de Fondos de Cooperación e Solidariedade, representantes municipalistas de todo o Estado e de convidados de diferentes países (El Salvador, Honduras, México, Nicaragua, Guatemala, Cuba) afondaron nas peculiaridades da cooperación municipalista en Latinoamérica. Ademais dunha ampla presentación das diferentes redes existentes, tanto de poder local como de organismos civís, estableceuse un rico debate de ideas arredor das experiencias de democracia participativa (descentralización, núcleos de intervención, presupostos e desafíos). Ademais, ofreceuse neste encontro, no que participou tamén o presidente do Parlament de Catalunya, Joan Rigol, unha visión panorámica da situación en Centroamérica despois do furacán Mitch. Pese á solidariedade, a inmensidade do desastre permanece...


Volver ó sumario


Novas altas

Os concellos de Poio, Carral, Redondela e Soutomaior, decidiron incorporarse ó Fondo Galego. Non serán os últimos...


A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
A Coruña Mondoñedo Deputación Deputación
A Pobra do Caramiñal O Valadouro Allariz A Cañiza
Ares Quiroga Montederramo A Guarda
Arteixo Samos O Carballiño Baiona
Betanzos   O Irixo Cangas
Brión   Ourense Gondomar
Cabanas   Vilar de Santos Moaña
Carral     Nigrán
Corcubión     Poio
Culleredo - - Redondela
Fene - - Soutomaior
Ferrol - - Vigo
Lousame

Mapa de socios do Fondo Galego

Mugardos
Narón
Neda
Noia
Oleiros
Outes
Pontedeume
Porto do Son
Santiago
Valdoviño
Vimianzo
Volver a Fondo Galego


Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional

ÚLTIMA REVISIÓN: 11/02/2000