Na Asemblea celebrada pola Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) o pasado 14 de decembro en Santiago de Compostela, por aclamación, os asistentes deron a súa conformidade a unha proposta de resolución que foi lida pola Mesa. Nela, entre outras consideracións, saudabase a creación do Fondo Galego, celebrabase o crecente esforzo solidario impulsado por concellos e deputacións, revalidouse o compromiso de reforzamento desta iniciativa para despregar políticas eficaces de cooperación e solidariedade, e animouse a todas as corporacións locais de Galicia, locais e provinciais, a manifestarse a prol da adhesión e integración no Fondo.
Certo é que dende os seus comezos a FEGAMP prestou un valiosísimo apoio ós promotores desta idea. Sen ese respaldo, a realidade e o futuro do Fondo Galego sería, con seguridade, moito máis incerta. Anxo Quintana, en representación da FEGAMP, abriu vías de diálogo, especialmente receptivas que culminaron coa asinatura dun acordo de colaboración o 26 de febreiro de 1998. Daquela, Julio Álvarez, o presidente saínte, contextualizou ese apoio nunha recomendación explícita ós concellos e deputacións de Galicia para que se integrasen no Fondo.
Foron pasos importantes que permitiron aproveitar as sinerxias e facilitar ese salto cualitativo que buscamos para as dinámicas de cooperación municipalista en Galicia. Pero o pronunciamento asambleario do 14 de decembro representa, sen dúbida, un paso adiante de primeira magnitude para lexitimar o Fondo Galego como instrumento privilexiado para desenvolver este importantísimo capítulo da acción pública local. Unha lexitimación que debe completarse cunha xestión tan lúcida como atrevida e rigurosa das entidades asociadas, un empeño que, a bo seguro, ninguén descuidará.
Dende a Comisión Executiva do Fondo Galego agradécese moi especialmente a confianza depositada e fanse votos para o seu reforzamento na práctica do día a día.
Na xuntanza celebrada o día 11 de xaneiro en Santiago de Compostela, a Comisión Executiva do Fondo Galego deu o seu visto e prace ás bases da convocatoria de axudas o financiamento de programas de cooperación ó desenvolvemento e de solidariedade para o ano 2000. O texto vai ser remitido agora ás organizacións non gobernamentais presentes no Consello Municipalista da Cooperación e á Coordenadora de ONGDs para o seu exame, estudio e aportacións.
Igualmente está previsto que o día 28 de xaneiro se celebre unha reunión para intercambiar impresións que serán trasladadas á Comisión Executiva. Unha vez aprobadas definitivamente, as bases serán publicadas e difundidas. O prazo para a presentación de proxectos rematará, segundo está previsto, o 28 de abril.
Co lema “Cooperación, solidariedade, palabras con fondo”, o Fondo Galego desenvolverá ó longo de todo ano unha serie de actividades de sensibilización que inclúen:
Xornadas provincias cos concellos; multiplicación dos contactos con responsables políticos e técnicos; reunións coas mancomunidades de municipios; edición dun dossier informativo, dun tríptico e dun vídeo; creación dun Canal Solidario en Internet; realización dun programa radiofónico sobre solidariedade para ser emitido nas emisoras locais de toda Galicia; constitución de mesas redondas e outros actos con participación de representantes das ONGs, do Fondo, e de escritores locais en todos os municipios asociados... Unha campaña que pretende dar a coñecer o Fondo e estreitar os lazos entre as súas actividades e a sociedade que as fai posible.
Nunha xuntanza celebrada o pasado 20 de decembro sentáronse as bases para avanzar na definición das diferentes fórmulas de colaboración entre o Fondo Galego e a coordenadora de ONGDs de Galicia. O seu representante, Emilio Martínez, amosou a súa confianza no futuro do Fondo Galego e explicitou o desexo de cooperación mutua, de vertebrar unha alianza común para reforzar as dinámicas de solidariedade dende os municipios asociados.
Os próximos días 2 e 3 de febreiro celebrarase en Mataró un encontro sobre municipalismo e solidariedade, organizado pola Confederación de Fondos do Estado Español.
O Fondo Galego estará presente nesta xuntanza, que contará coa participación de representantes procedentes de México, Guatemala, Nicaragua, El Salvador, Cuba, e Honduras.
Os temas principais deste encontro serán: presentación das redes municipalistas existentes en cada un destes países; afondar nas reflexións sobre a cooperación municipalista, a participación cidadá e a democracia participativa; e, igualmente, achegarse a unha visión panorámica, e dende dentro, da realidade actual centroamericana.
A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
A Coruña
Mondoñedo
Deputación
Deputación
A Pobra do Caramiñal
O Valadouro
Allariz
A Cañiza
Ares
Quiroga
Montederramo
A Guarda
Arteixo
Samos
O Carballiño
Baiona
Betanzos
O Irixo
Cangas
Brión
Ourense
Gondomar
Cabanas
Vilar de Santos
Moaña
Corcubión
Nigrán
Culleredo
-
-
Poio
Fene
-
-
Vigo
Ferrol

Lousame
Mugardos
Narón
Neda
Noia
Oleiros
Outes
Pontedeume
Porto do Son
Santiago
Valdoviño
Vimianzo
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
ÚLTIMA REVISIÓN: 14/01/2000