Infórmate a Fondo


Volver a Fondo GalegoNúmero 8 / 15 de setembro de 1999

Sumario


  Números anteriores
  15 de outubro, Asemblea Xeral     nº 007 - 1 agosto/99
Proposta de novas cuotas   nº 006 - 1 xullo/99
VII Encontro pola Cooperación e a Solidariedade con La Habana   nº 005 - 15 abril/99
Culminar as novas designacións   nº 004 - 1 abril/99
Informe sobre os proxectos financiados polo Fondo   nº 003 - 1 marzo/99
Mapa de socios do Fondo Galego   nº 002 - 1 febreiro/99
    nº 001 - 15 xaneiro/99

Volver ó sumario


15 de outubro, Asemblea Xeral

Tal como xa foi anunciado, a Asemblea Xeral de socios do Fondo Galego reunirase o próximo día 15 de outubro na sede da FEGAMP, en Santiago de Compostela. A razón fundamental desta convocatoria extraordinaria estriba na necesidade de configurar unha nova Comisión Executiva que prolongará o seu mandato durante os próximos catro anos. Esa nova dirección do Fondo Galego debe dar resposta ademais a esa maior pluralidade, territorial e política, xurdida como consecuencia da expansión do Fondo que en ano e medio multiplicou por catro a súa base asociativa.

Reunida o 14 de setembro, a Comisión Executiva en funcións realizou un chamamento á participación nesta Asemblea de todas as entidades locais asociadas para asegurar o maior respaldo posible para esa nova dirección que deberá afrontar o reto da consolidación do Fondo nos próximos anos e asegurar unha maior transcendencia social das súas actividades.

Volver ó sumario


Proposta de novas cuotas

Igualmente, a Asemblea do 15 de outubro deberá decidir sobre a proposta de establecemento de novas cuotas mínimas. Dende o momento fundacional esas cuotas mínimas establecéronse a razón de cantidades fixas en función dun baremo por número de habitantes. Con independencia das contías concretas, o resultado era bastante inxusto pois beneficiaba ós concellos grandes e medianos, prexudicando ós máis pequenos. Concellos de entre 1.000 e 5.000 habitantes abonan hoxe unha cuota de 50.000 pta que en moitas ocasións chega a superar o 0,7%, do que están moi alonxados algunhas entidades locais de maior capacidade económica.

A nova proposta de cuotas mínimas pretende establecer un sistema máis progresivo, equitativo e xusto mediante a diferenciación de dúas compoñentes: unha fixa e outra variable. A fixa concretaríase en diferentes seccións seguindo o anterior mecanismo de franxas de número de habitantes. A variable, equipararía a todos os asociados sobre a base dunha aportación de dúas pesetas por habitante empadroado. O Padrón de referencia sería sempre o vixente no ano de liquidación.

O efecto inmediato deste sistema sería a reducción das cuotas mínimas dos concellos máis pequenos que están a soportar un esforzo considerable. En parello, manteria no esencial a aportación do grupo de concellos medianos, con lixeiras variacións á alza, e incrementaría as aportacións dos grandes concellos, hoxe realmente moi baixa en atención á súa capacidade e compromiso. Fora deste esquema quedarían as deputacións, de xeito que a considerable diferencia de habitantes entre Lugo e Ourense e Pontevedra e a A Coruña reflexaríase tamén nunha diferente cuota cunha diferencia de cincocentas mil pesetas.

O novo sistema de cuotas mínimas adáptase en mellor medida ás características da vida local galega e aporta, sen dúbida, novos argumentos para facilitar a comprensión da nosa cidadanía sobre a necesidade de implicarse en accións de cooperación ó desenvolvemento e a insignificancia da transcendencia económica dese compromiso (¡¡2 pta por habitante/ano!!).


Volver ó sumario


VII Encontro pola Cooperación e a Solidariedade con La Habana

O próximo día 16 de novembro a cidade de La Habana celebrará o 480 aniversario da súa fundación. Os días 15 e 16 de novembro realizarase na capital cubana a IX Cimeira Iberoamericana de Xefes de Estado e de Gobernos, que constituirá un paso máis no fortalecemento da amizade e a cooperación entre os nosos pobos. Neste contexto, a Asemblea Provincial do Poder Popular convoca ó VII Encontro pola Cooperación e a Solidariedade dos Concellos Iberoamericanos coa cidade de La Habana, do 18 ó 20 de novembro de 1999.

Son moitos os concellos de Galicia que manteñen relacións de cooperación e intercambio coa illa caribeña. Pode ser esta unha excelente oportunidade para afondar no intercambio de experiencias entre as autoridades locais dunha e doutra banda do océano e reflexionar sobre o novo rol do municipalismo nos tempos da globalización.

O comité organizador dá a benvida a todos os asistentes e asegura a todos a tradicional hospitalidade do pobo cubano. Os interesados en asistir ou recabar máis información poden contactar con Francisco Israel García Pérez no Centro Municipal de Formación “Isaac Díaz Pardo”, en Oleiros, teléfono: 981 631706.


Volver ó sumario


Culminar as novas designacións

Os Estatutos do Fondo Galego prevén con claridade que o Concello pode designar en calquer momento o seu representante, pero resulta en todo caso obrigado despois da celebración de novos comicios municipais. Numerosos asociados xa o fixeron, pero aínda quedan algúns rezagados. É especialmente importante que o proceso de novas designacións culmine antes da Asemblea do 15 de outubro para pechar esta breve transición inaugurada coas eleccións locais celebradas o 13 de xuño.


Volver ó sumario


Informe sobre os proxectos financiados polo Fondo

Na Asemblea do día 15 de outubro darase conta tamén do nivel de realización dos proxectos financiados polo Fondo Galego e relativos ó exercicio de 1998. O informe pretende recabar información de primeira man das organizacións non gobernamentais adxudicatarias, que será complementada coas achegas que se nos poidan enviar dende a Oficina de Seguemento de Managua (Nicaragua). O seu persoal ten previsto visitar as zonas de traballo para comprobar in situ a marcha dos proxectos.


Volver ó sumario


Mapa de socios do Fondo Galego


A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
A Coruña Mondoñedo Allariz Deputación
A Pobra do Caramiñal O Valadouro Montederramo A Cañiza
Ares Quiroga O Carballiño Baiona
Arteixo Samos O Irixo Cangas
Betanzos   Ourense Gondomar
Brión   Vilar de Santos Moaña
Cabanas     Nigrán
Corcubión     Vigo
Culleredo  
Fene Mapa de concellos do Fondo Galego
Lousame
Mugardos
Narón
Neda
Noia
Oleiros
Outes
Pontedeume
Porto do Son
Santiago
Valdoviño
Vimianzo
Volver a Fondo Galego


Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional

ÚLTIMA REVISIÓN: 17/9/99