Infórmate a Fondo


Volver a Fondo GalegoNúmero 6 / 1 de xullo de 1999

Sumario


  Números anteriores
  O Concello de O Carballiño, novo socio     nº 005 - 15 abril/99
Cambios nos Concellos, cambios no Fondo Galego   nº 004 - 1 abril/99
Agradecemento para Manolo Rial   nº 003 - 1 marzo/99
A Asociación “Francisco Villamil”, no Consello Municipalista da Cooperación   nº 002 - 1 febreiro/99
Proseguen as negociacións sobre a Comisión Interterritorial   nº 001 - 15 xaneiro/99
Lei de Cooperación da Comunidade de Madrid      
Mapa de socios do Fondo Galego      

Volver ó sumario


O Concello de O Carballiño, novo socio

Nun pleno celebrado o pasado 22 de abril, por unanimidade de todos os presentes, o Concello de O Carballiño (Ourense) acordou adherirse ó Fondo Galego. Partido Socialista de Galicia-PSOE, Bloque Nacionalista Galego e Partido Popular, apoiaron sen fisuras a iniciativa pola necesidade de “impulsar políticas de solidariedade”. Dende a oposición, a Sra. Rodríguez Seijas, voceira do Grupo Popular, expresou o apoio do seu partido a esta iniciativa, enfatizando que “deste modo, non só se trata de correxir situacións de desigualdade, senón e sobre todo, de que a xente tome conciencia delas para poder combatilas definitivamente”.


Volver ó sumario


Cambios nos Concellos, cambios no Fondo Galego

Rematado o proceso electoral que renova o mandato das Corporacións Locais e Provinciais, o Fondo Galego comeza un período transitorio que por mor do verán e das vacacións pode alongarse algo máis do estrictamente necesario de coincidir noutra época do ano. De conformidade coas previsións estatutarias, no prazo máximo de catro meses deberá celebrarse unha Asemblea de asociados para proceder á elección dos novos cargos que gobernarán e representarán ó Fondo nos próximos catro anos. Sen embargo, como consecuencia dos resultados electorais, poderían mudar de inmediato os representantes de tres Concellos (Porto do Son, Moaña e A Pobra do Caramiñal). Como é sabido, a condición de socio recae na entidade e esta pode designar, a través da Presidencia, o respectivo representante.

O Fondo Galego xurdiu co patrocinio da FEGAMP e na inmensa maioría dos Concellos os acordos de adhesión foron adoptados por unanimidade. Ese consenso comprometido constitúe unha excelente garantía de futuro para evitar que os cambios nos equipos de goberno afecten a unha vontade institucional que hoxe e neste tema está por riba das diferencias partidarias. Inevitables en todo organismo vivo, os cambios contribuirán a reforzar o Fondo Galego e a incentivar as súas actividades e implantación.


Volver ó sumario


Agradecemento para Manolo Rial

Figura clave no proceso fundacional do Fondo Galego, Manolo Rial, concelleiro do grupo socialista en Nigrán (Pontevedra) cesou na Comisión Executiva, por mor da ruptura do pacto de goberno que funcionou nese Municipio dende 1995 ata marzo deste ano. Nunha carta que lle dirixiu Alfredo Novoa, presidente do Fondo, o pasado mes de abril, indicase que “por riba das vicisitudes da vida política local estará sempre esa fraternidade e camaradería que nos une e inspira os nosos actos e os daquelas persoas que, coma tí, sinten no propio o valor da solidariedade e da cooperación”.

O seu posto foi reemprazado por José Luis Jardón, quen colleu o relevo con semellante entusiasmo. Se ben a cuota mínima inicial do Concello de Nigrán ascende a 100.000 pesetas, nos primeiros días de xuño, facía entrega ó Fondo Galego dun importe total dun millón de pesetas, dez veces máis.


Volver ó sumario


A Asociación “Francisco Villamil”, no Consello Municipalista da Cooperación

A Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil” dirixiuse ó Fondo Galego para solicitar o seu ingreso no Consello Municipalista da Cooperación, organismo que pretende servir de foro de debate, reflexión e participación das ONGs que desenvolven proxectos de cooperación no ámbito local. No seu escrito, esta Asociación sinala que “o apoio ós obxectivos do Fondo Galego é unha maneira de fomentar en Galicia a sensibilidade social cara ás dificultades polas queatravesa a maioría da Humanidade na súa loita polo desenvolvemento social, económico, político e cultural”.


Volver ó sumario


Proseguen as negociacións sobre a Comisión Interterritorial

Unha representación da Confederación de Fondos foi recibida o 17 de maio no Ministerio de Asuntos Exteriores para tratar do proxecto de Real Decreto polo que se regulamenta a composición, competencias, organización e funcións da Comisión Interterritorial de Cooperación para o Desenvolvemento. Durante a entrevista entregouse un dosier que inclúe os acordos de preto de 200 Concellos que delegan a representación no Fondo da súa Comunidade. O obxectivo da Confederación é garantir a presencia dos Fondos nesa Comisión como expresión inequívoca da puxanza da cooperación descentralizada. Igualmente, na Comisión de Asuntos Exteriores do Congreso dos Deputados, parlamentarios de CIU instaron ó goberno para que a regulamentación desa Comisión garanta de modo suficiente e claro a inclusión de todos os Fondos.


Volver ó sumario


Lei de Cooperación da Comunidade de Madrid

O Boletín Oficial da Comunidade de Madrid nº 112, de 13 de maio, publica a “Ley 13/1999, de 29 de abril, de Cooperación para el Desarrollo de la Comunidad de Madrid”. Nun total de 21 artigos aborda os principios, obxectivos e prioridades da política de cooperación para o desenvolvemento; as áreas de actuación preferente; as modalidades de cooperación; a coordinación das políticas; a definición dos órganos competentes nesta materia; mecanismos de participación; ubicación da empresa, ONGs, cooperantes e voluntarios na cooperación, etc. Pola súa banda, a Direcció General de Relacions Exteriors (Generalitat de Catalunya) ten xa elaborado un Anteproxecto de “Llei de Solidaritat Interncional i de Cooperació al Desenvolupament”. Ambos os dous documentos están a disposición dos asociados na Secretaría do Fondo.


Volver ó sumario


Mapa de socios do Fondo Galego


A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
A Coruña Mondoñedo Allariz Deputación
A Pobra do Caramiñal O Valadouro Montederramo A Cañiza
Ares Quiroga O Carballiño Baiona
Arteixo Samos O Irixo Cangas
Betanzos   Ourense Gondomar
Brión   Vilar de Santos Moaña
Cabanas     Nigrán
Corcubión     Vigo
Culleredo  
Fene Mapa de concellos do Fondo Galego
Lousame
Mugardos
Narón
Neda
Noia
Oleiros
Outes
Pontedeume
Porto do Son
Santiago
Valdoviño
Vimianzo
Volver a Fondo Galego


Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional

ÚLTIMA REVISIÓN: 28/6/99