O progresivo agravamento da situación en Kosovo evidencia, unha vez máis, a política de persecución e xenocidio que padece a poboación albanesa, maioritaria na rexión, por parte do goberno da República de Serbia que dende hai anos rexeita as demandas de autogoberno da minoría albanesa.
Segundo as últimas informacións, a represión e a limpeza étnica agudizáronse dende que se iniciou a acción militar da OTAN e o cálculo estimado de refuxiados cífrase en máis de 600.000 persoas. Os mortos representan varios milleiros. Desde Galicia non podemos asistir impasibles a esta escalada de violencia e por iso o FONDO GALEGO considera importante posicionarse publicamente no sentido de:
Fondo Galego. Campaña por Kosovo. Número de conta: 2091-0209-16-3040016786.
Alfredo Novoa, presidente do Fondo Galego, dirixiuse ó presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga, para efectuar un desinteresado ofrecemento para coordinar dende esta instancia o proceso loxístico de recepción e acollida dos refuxiados kosovares naqueles concellos de Galicia que así o decidan libremente.
Precisamente, dende o Fondo Galego constátase unha significativa disposición de municipios galegos para colaborar no proceso de acollida, aportando un xeneroso esforzo económico, material e humano.
A organización non gobernamental Médicos sen Fronteiras solicitou recentemente a súa integración no Consello Municipalista da Cooperación.
Numerosos concellos galegos (Outes, Oleiros, Lousame, Moaña, Ourense, A Cañiza, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son ou Nigrán) solicitaron da Secretaría de Estado para a Cooperación Internacional e para Iberoamérica a habilitación de fórmulas para dar cabida e representación na Comisión Interterritorial de Cooperación para o Desenvolvemento ó Fondo Galego, integrado na Confederación de Fondos de Cooperación e Solidariedade.
A Confederación de Fondos editou, tamén en galego, unha guía explicativa da razón de ser, naturaleza, obxectivos, áreas de traballo, etc de cada un dos Fondos que a integran: Catalá, Basco, Mallorquí, Menorquí, Valenciá e Galego. Falta por incluír o Andaluz, que se constitúe nestes días.
Todos os interesados poden solicitar algún exemplar para coñecer e saber algo máis sobre os Fondos e a cooperación.
Responsables do Fons Catalá, Fons Mallorquí, Fons Menorquí, Fons Valenciá e Fondo
Galego reuníronse en Santiago de Compostela para debatir o plan operativo da “Oficina de Seguemento de Proxectos”
que a Confederación de Fondos ten en Managua. Na reunión tamén participaron dous responsables
desprazados en Nicaragua.
Na actualidade, o Fondo Galego decidiu subvencionar proxectos en Perú (3), Guatemala (1), Nicaragua (1)
e Bolivia (1).
A oficina de Managua permite unha apreciación “in situ” do nivel e calidade da execución dos proxectos que se financian con fondos públicos e se executan a través de Organizacións non gobernamentais.
Agradecemos a todos os socios a confianza depositada e animamos a todos aqueles concellos que o están pensando para que se decidan a reforzar este instrumento mancomunado que nos permitirá realizar unha cooperación máis eficaz. Porque a cooperación cos que están fora comeza dentro.
A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
A Coruña
Mondoñedo
Allariz
A Cañiza
A Pobra do Caramiñal
O Valadouro
Montederramo
Baiona
Ares
Quiroga
O Irixo
Cangas
Arteixo
Samos
Ourense
Gondomar
Betanzos
Vilar de Santos
Moaña
Brión
Nigrán
Cabanas
Vigo
Corcubión

Culleredo
Fene
Lousame
Mugardos
Narón
Neda
Noia
Oleiros
Outes
Pontedeume
Porto do Son
Santiago
Valdoviño
Vimianzo
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
ÚLTIMA REVISIÓN: 18/4/99